sábado, 4 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol

Volvín á cama , e notei uns pés fríos que tocaron ós meus, e a voz dixo :
—Ania, son eu, Georchuzs !!! —e contoume— Escoitei a conversa de papá e mamá...
—E eu tamén —corteino eu coa voz respingona —.Mañá pola mañá iremos ó teu cuarto finxindo ir xogar...
—Pero... non estabas castigada ?
—Si, pero os teus pais levantaranme o castigo se ti lle lo pides , eles che fan sempre moito caso.
—De acordo, así o faremos!— Quedaramos en finxir ir xogar ó cuarto de Georchuzs; pero, en realidad, iamos ler máis o libro.Seguramente, aquela posta do sol, iriamos ás agachadas á biblioteca co complot participante de Xiana, Gregorio, Georchuzs, e eu.


Cuadro de texto: Srta. Ania , b aquí  A está O a roupa que a súa tía Hannohn quería que E puxese M para
hoxe .






   A criada : XIANA .
 







Un código segredo!!! As letras espalladas polo texto eran as iniciais das  n         palabras seguintes:

B —biblioteca .
A —ás .
O—oito .
E—e .
M—media .
Exacto! ás oito e media da noite iría á biblioteca.         
—Georchuzs, hai que ir mañá ás oito e media á biblioteca!— Murmurei co  ton da verdadeira importancia que iso tiña, é dicir, moita— Pero... como sabe o do libro e o da biblioteca?— preguntei impaciente cun sorriso irónico— explícame iso ...—a cara de Georchuzs colorouse coma a dun dos tomates  máis vermellos de todo o mundo .— Ó mellor non gardas tan ben os segredos da túa familia... ó mellor non és tan bo como pensan os teus pais ...
—De acordo, rectifícoo, fun eu, díxeno eu... si... ups... – aínda se puxo máis morado— Ó mellor aínda así llo dixo todo a mamá... Ó mellor é unha trampa o da nota que che deixou...

—Non o creo... a túa nai non lle mandaría escribir así o enigma! —aclarei eu o tema, sentíndome coma unha presidenta do mundo enteiro, a máis intelixente do   planeta  terra. O peito de Georchuzs encheuse igual cá cola dun pavo real e o morado do seu face volveu á súa verdadeira cor pálida— Paréceme que xa vai sendo a hora de que marches ó teu cuarto... se non queres que os teus pais te rifen por vires ó meu cuarto... E lembra todo o de mañá! De acordo?
—Si, si; ata mañá, que descanses!— E xusto uns minutos despois de que se perdese na escuridade, quedei profundamente durmida.
Soñei coa posta do sol, coas criaturas máxicas e comigo e o primo Georchuzs salvándoos dos Orcos heroicamente .
—CRAC!!!— escoitouse un ruído na casa proveniente da cociña. Levanteime dun salto e, posteriormente, puxen as chinelas e a bata e corrín ver o que acontecía. Á cociñeira caéralle un bote de cristal con noz e  cacahuete doces. Díxenlle:
—Parécelle ben se quero axudala a limpalo?— Amablemente, collín un trapo que había  nunha esquina e púxenme a limpar. A cociñeira comezou a cantar unha canción que parecía antiga:
—De vérese, señor, auainacomoi... De vérese, señor, auainacamoi... Un mundo máxico, señor, auainacamoi...  O Mundo Máxico, ooooo... O Mundo Máxico, ooooo... Os ooo Orcos, atacarán, ooooo... Os ooo Orcos atacarán, ooooo...De vérese, señor, auainacamoi... —A súa voz  tatexou e o seu rostro palideceu—E...e...e... i...isto...a canción é TODA —pronunciou esaxeradamente alto esa palabra— inventada... —vinme obrigada a dicirlle que xa sabía toda aquela historia para calmala, e íallo contar, pero o meu odioso tío Alexis chegou e dixo:
—Que foi ese balbordo, cociñeira?—lanzoume unha fría mirada fugazmente e, dirixíndose a min, comentou— Ania... querería que che quedase ben claro que este non será o teu castigo... Terás que axudar ao noso mordomo, Gregorio, a limpar as escaleiras.— tiña ganas de (ademais de tirarlle o trapo á cara) que inmediatamente, Georchuzs se levantase da cama e lles dixese ós meus tíos que iamos xogar ó seu cuarto e que me levantasen o castigo (para que non me castigasen logo, iría durmir ó seu cuarto e iriamos á biblioteca).
Eran as nove en punto, a hora fixa de levantarse; eu xa levaba levantada tres horas e media. A tía Hannohn levantouse, e o mesmo fixo Georchuzs, quince minutos despois.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...