“A Beshadu , só por ser ela , tal e como é .
E ás estrelas , por iluminar a noite” .
Un galo cantou na granxa . Era un novo día . Beshadu ergueuse máis cedo que outras veces , pois tiña que dár de comer ás galiñas no corral ; o sol foi saíndo pouco a pouco , despreguizándose e sacando as súas enormes ás . Un raio entrou pola xanela e tocou suavemente a Beshadu , dándolle calor . Abriu as contras e descubriu un ceo despexado, sen unha soa nube , e cun sol intensamente radiante ó fondo . Os paxaros cantaban ó gardado das polas das árbores case sen follas e a calor espandíase por todo o campeiro e a horta .
Beshadu puxo o seu vestido preferido , un de trapo branco con liñas marróns e volantes de cor rosa claro . Tiña as mangas curtas e era moi finiño , fixérallo a súa avoa Kfuda . Puxo os seus zocos de madeira branca e unha cesta de palla .Votou nela millo picado e foi onda as galiñas .
-Vinde, que Beshadu ten millo para todas ! -exclamou -vamos , vinde -e descubriu , ó mirar cara a galiña á que chamaba Liiú que esta deixara un ovo -Vaia , noraboa , hoxe cearemos ovo cocido , seguro ...
-Ai , que famo teño , mamá levantaríase xa para facer a Kitcha Fit Fit ... -nisto esvarou cunhas plumas que había no chan e , de súpeto , caeu -Yatalamada!!!-dixo con preocupación -seguro que me manquei...
No hay comentarios:
Publicar un comentario