Historias


                                                relato      ROSA


Abril era unha vella viúva que vivía grazas aos pequenos beneficios que lle daba a súa modesta granxa.
cando o seu marido morrera, vine anos atrás, aínda non tiveran ningún fillo, e a pobre Abril quedou soa e triste na súa granxa.
            
           
Coidaba con esmero dos seus cabalos, das súas vacas e as súas galiñas, e cando unha mañá de outono, mentres caían as pimeiras follas caducas, e a herba deixara de estar tenra, naceu unha porquiña, ocorréuselle unha estrambótica idea.

Abril colleu á porquiña e levouna á súa casa. Alí envolveuna nunha mantiña e meteuna na súa cama.
Ao día seguinte fíxolle un sersei e mercoulle un pequeno berce. Tamén lle puxo un nome: Rosa.

Pasaron os anos, e acabouna mandando á escola, onde Rosa xogaba coas nenas como unha máis, e tamén aprendeu a falar, a coser, a escribir e, aínda que lle custaba máis, a sumar e restar.

Aínda que Rosa era case como unha humana, Abril non lle permitía achegarse ao cortello de onde saíra, pois temía que relacionarse de novo con ese medio provocase a saída do seu instinto animal.
 
•
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Así que Rosa creceu lonxe de calqueira dos da súa especie, e convencida de ser unha humana, sen decatarse sequera de que era completamente distinta da xente que coñecía, sen saber que Abril non era realmente a súa nai, e allea a todo canto estivese relacionado co mundo animal, o cal era complicado, pois Abril necesitaba facer moitos esforzos para mantela alonxada dos seus semellantes, tendo en conta que vivía nunha granxa.

E así transcorreu a súa infancia, ignorando de onde viña ou quen era, ata o mesmo día da súa voda.

Cando Rosa tiña vinte anos, quixéronna casar, como debían facer todas as rapazas da súa idade.
O pretendente era un home moito maior ca ela, duns trinta anos, que xa estivera casado dunha vez.

O día da voda foi de gran espectación, pois, aínda que todos os aldeáns coñecían a Rosa e sabían que era case como unha muller, aínda había quen albergaba as súas dúbidas respecto ao casamento, e respirábase un aire de incomprensión de nerviosismo.

Unha vez se celebrou a cerimonia, fíxose un gran banquete, ao que foron convidados todos os habitantes da aldea e tamén dalgunhas outras darredor.
Servíronse tenreiros, polos, sopas, caldos... ata que un neno dixo:
-E cando se sirve o churrasco?
Todos calaron nese intre. As gaitas foron silenciadas, e o son de cubertos e louzas cesou.
Todos miraban espectantes á noiva, e esta preguntou:
-Por que non traen churrasco? Os meus convidados teñen fame!
E fíxose como a noiva dixo. Ao parecer ela non sabía con exactitude a carne que incluía o churrasco, e posto que ollos que non ven, corazón que non sinte, serviuse sen que ningún comensal estivese disposto a dicir nada ao respecto.
 
Outra vez o neno dixo:
-E que hai do porco ao forno?
E desta vez, Rosa preguntou:
-Que é iso? Nunca escoitei falar dese prato.
 
E de novo produciuse un terrible silencio na sala.
Desta vez, unha vella espetoulle:
-Ti es unha porca! Es un animal! Non deberías estar aquí, e menos presenciar como comemos a un dos teus mentres vives feliz na túa ignorancia. Cando pensas dicirllo, Abril?
 
Entón desatouse un terrible barullo na sala. A xente discutía, a vella berraba, os rapaces comían, Rosa choraba.
Os nenos mirábanna. Algúns rían e outros conpadecíanna. Algúns limitábanse a aproveitar o desconcerto xeral e comer demais. Collían a carne coas mans e roíanna, como porcos, mentres a graxa lles esvaraba polas súas mans. Rosa contemplaba o espectáculo e miraba as súas pezuñas, e logo miraba as mans do seu marido. Miraba o seu nariz, e logo miraba o do seu marido. Miraba as súas orellas, e logo miraba as do seu marido.
Levantouse da mesa, e marchou daquel lugar correndo.
E seguiu correndo máis alá, ata que chegou á súa casa.


Entón dirixiuse á parte da granxa na que nunca lle estivera permitido entrar.
Forzou a porta, e alí encontrou a uns animais que facían sons cos fociños e se remexían entre o lodo e os seus propios excrementos.
Rosa primeiro sentiu repugnancia e noxo cara eses bechos feos e sucios, sen embargo despois sentiu un impulso que a convidaba a achegarse a eles, a miralos de perto e a rodar polo chan ensuciándose no lodo.
 E iso fixo.
 
Cando Abril chegou, acompañada do marido da súa filla, encontráronna no chan, rodeada dos demais porcos, uincando coma unha porca, manchada coma unha porca, e cheirando coma unha porca. Non sabía falar xa, nen os recoñecía, nen tampouco ao vestido branco que deixara a un lado feito farrapos.
E cando Abril se achegou a ela para facela entrar en razón, ela só uincaba, porque Rosa fora, era sería sempre unha porca.

 

                                     2013






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...