domingo, 18 de enero de 2015

Os mellores do 2014

Cada comezo de ano, a prestixiosa páxina de literatura galega Fervenzas Literarias elabora un listado das mellores novelas da nosa literatura como resultado dunha enquisa na que os propios lectores valoran as obras publicadas o pasado ano.
É difícil escoller as mellores entre tantas, pero nun laboroso proceso de escolma das dez obras mellor valoradas, Fervenzas Literarias publica a seguinte lista:

  • Encabezando a lista atópase A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz
 a-viaxe-do-gagarin

  • En segundo lugar, de Xabier López López, Olympia Ring, 1934
olympia-ring-1934

  • En terceiro lugar atópase Salseiros, de Suso Lista
salseiros

  • O cuarto posto é de Santiago Lopo, por A diagonal dos tolos
adiagonal-dos-tolos

  • Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto no quinto posto
contos-do-mar-de-irlanda


  • O sexto é Somnámbulos, do autor Suso de Toro
somnambulos

  • Dende o conflito, de María Reimóndez no séptimo posto
dende-o-conflito

  • Oitavo posto de Xabier Quiroga por Zapatillas rotas
zapatillas-totas

  • Máscaras rotas de Sebastián Nell no noveno lugar 
mascaras-rotas-para-sebasti

  • O décimo posto é para Entrada ao xardín do saber, de Henrique Dacosta 
entrada-ao-xardin-do-saber

Se algo cabe destacar é a presenza de obras de editoriais minoritarias, algo meritorio tendo en conta que editoriais como Xerais ou Galaxia adoitan liderar con creces estas listas. 
Teñamos en conta Salseiros, de Suso Lista, da ferrolá edicións Embora  e Entrada ao xardín do saber, de Henrique Dacosta, da editorial viguesa Redelibros.



jueves, 21 de agosto de 2014

What a Wonderful World (Que mundo tan marabilloso)

Para que ninguén esqueza a beleza do mundo, un clásico de Louis Armstrong: What a Wonderful World.


sábado, 17 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas

"A beleza feriume para sempre"

Feliz Día das Letras Galegas, Libromaníacos.
Este ano adicámolo ao poeta guitiricense Xosé Mª Díaz Castro, cumpríndose ó tempo un século do seu nacemento.
Comeza a  súa faceta como poeta con apenas dezaséis anos, cando colabora cun escrito para a revista catalana Lluvia de rosas.
.
Unha vez ingresa no Seminario de Mondoñedo é cando recoñece a súa verdadeira vocación de escritor. Alí é onde se dedica a estudar filoloxías e latín, e grazas a todos os anos aló transcorridos domina arredor de doce idiomas diferentes.

A súa obra, Nimbos, caracterizada pola súa perfección, é unha declaración da súa preocupación polo país galego. Nela reflexiona sobre o destino. A súa obra está ligada a elementos relixiosos e á forza da natureza.


“Si é que o poema é só un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou amadas nas teebras”.


Xosé María Díaz Castro.
"Coma brasas", Nimbos.
 

martes, 7 de enero de 2014

Bo día e bo ano e bos libros

Moi bos días, Libromaníacos.
Aproveito tamén para desexarvos de todo corazón un feliz ano a todos, e sobre todo a esperanza de que sexa un ano moito mellor que o anterior 2013, que creo que pasará a considerarse un dos peores anos en canto a feitos históricos na nosa historia. E se non o vedes así, pensádeo ao facer conmigo este pequeno repaso... Está o terríbel accidente de tren en Angrois, a indecente liberación de presos (incluíndo a terroristas e violadores) pola doutrina Parot, o derrubamento dunha fábrica téxtil en Bangladesh, cuxos centos de traballadores sobreexplotados faleceron ao ser sepultados polo edificio. Pensabamos que este suceso concienciaría a moitos e permitiría mellorar a precaria situación na que se encontra tantísima man de obra de países subdesarrollados, pero ao parecer aquilo que non nos afecta de forma directa non acabamos de crer que nos concerna. De modo que continuaremos vendo nas portadas dos xornais altercados entre congresistas ou espionaxe por parte dos EEUU mentres que as miles de mortes que se dan cada día en Siria pola revolta contra o dominio de Bashar Asad seguirán ocupando lugares nas páxinas secundarias.
E por que falar tanto do estranxeiro se no noso propio país estamos presenciando como pouco a pouco imos retrocedendo. Os nosos dereitos van minguando ea distancia entre clases vaise facendo máis e máis grande, convirtindo á clase media en dúas palabras sen un sentido verdadeiro, unha especie de foxo que separa a unha nova clase alta e unha nova clase baixa que case podemos chamar nobreza e proletariado.
Recordo cando me dicían que acabase o meu prato porque os nenos de África non podían levarse nada á boca mentres eu me permitía estragar a comida. Agora os nenos da miña propia cidade van á escola sen almorzar, e moitos quizais tampouco ceasen nada o día anterior. Están esvaecidos, presentes en corpo pero non en mente, e agardan con impaciencia o que posiblemente sexa o único momento do día no que poden encher o bandullo, no comedor escolar.

E en fin, entre todos estes sucesos caóticos estou eu ensinándovos as miñas novas adquisicións plo día de Reis.


-El curioso incidente del perro a medianoche - Mark Haddon.

-Ámote, Leo A. - Rosa Aneiros.

O segundo é, ademais, un libro dedicado expresamente, e cunha dedicatoria moi especial e motivadora...
Dito todo isto, só me queda comezalos, e por suposto, darvos a miña opinión.

Feliz ano, e repito, esperemos que mellor.


Libromaníaca.




 

domingo, 22 de diciembre de 2013

Un Nadal marabilloso

Quentin blake

Bos días, Libromaníacos.
Quérovos desexar a todos un Nadal moi feliz ao lado dos vosos e moita sorte para o vindeiro ano 2014.
Pídovos desculpas pola esaxeradamente longa ausencia e, por último, o meu desexo de poder aproveitar moito este Nadal para publicar máis a miúdo.

Moitas grazas e moi boas festas a todos.

Libromaníaca.


 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...