jueves, 5 de enero de 2017

O ruído das gaivotas

 Nunca pensei que o ruído das gaivotas fosen facerme ver o paso dos anos nin a distancia incosciente que separa a miúdo a persoas que se queren e que se teñen sen prestarse demasiada atención. 

 Camiñabamos onte á noite e chegamos ao porto, como deses noctámbulos inspirados polo arrecendo de primeiras noites do ano, e asomámosnos á negrura espesa e inquedante da auga e dos múxeles lambendo no combustible solidificado dos cascos das poucas embarcacións que había, porque á noite non quedan barcos atracados no muelle. 

 Sen darnos conta deixámosnos arrolar polas gorxas finas e estridentes dun cento de gaivotas, e foi este o son máis molesto e reparador que oín en moito tempo.
 Alexandre dixo que sempre lle traía bos recordos o muelle, e certamente agás caídas de neno que xoga e resultantes vágoas de crocodilo, non vivimos nel unha soa pena. 

 Poucas veces falamos de asuntos profundos, mais coñecemos o un a profundidade de espírito do outro, sen falar sequera sabemos o sufrimento que compartimos e onte descubrimos unha tendencia común. 
 Quizais foi a falta de vista na nocturnidade a que agudizou oído e olfacto, mais por uns intres mesmo os corazóns calaron e xuntos, sen ver e sen pensar, nada máis que oíndo e ulindo o cheiro do porto, escoitamos con atención o son familiar que emitían as gaivotas. E o son evocou a infancia e acordáronsme as nostalxias do señor Machado. 

 Supoño que iso será un irmán, tantas vecces me lamentei de non ter un irmán no que apoiarme, sen decatarme de que el mesmo puido precisar de min máis incluso. Penso que nunca quixen determe a escoitalo, como nunca nos paramos a escoitar as gaivotas... 


                            e cantas cousas perdín de cavilar por non ser noite. 





No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...