Cada comezo de ano, a prestixiosa páxina de literatura galega Fervenzas Literarias elabora un listado das mellores novelas da nosa literatura como resultado dunha enquisa na que os propios lectores valoran as obras publicadas o pasado ano.
É difícil escoller as mellores entre tantas, pero nun laboroso proceso de escolma das dez obras mellor valoradas, Fervenzas Literarias publica a seguinte lista:
- Encabezando a lista atópase A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz
- En segundo lugar, de Xabier López López, Olympia Ring, 1934
- En terceiro lugar atópase Salseiros, de Suso Lista
- O cuarto posto é de Santiago Lopo, por A diagonal dos tolos
- Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto no quinto posto
- O sexto é Somnámbulos, do autor Suso de Toro
- Dende o conflito, de María Reimóndez no séptimo posto
- Oitavo posto de Xabier Quiroga por Zapatillas rotas
- Máscaras rotas de Sebastián Nell no noveno lugar
- O décimo posto é para Entrada ao xardín do saber, de Henrique Dacosta
Se algo cabe destacar é a presenza de obras de editoriais minoritarias, algo meritorio tendo en conta que editoriais como Xerais ou Galaxia adoitan liderar con creces estas listas.
Teñamos en conta Salseiros, de Suso Lista, da ferrolá edicións Embora e Entrada ao xardín do saber, de Henrique Dacosta, da editorial viguesa Redelibros.
Para máis información, este é o link da páxina:
No hay comentarios:
Publicar un comentario