Mostrando entradas con la etiqueta As miñas novelas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As miñas novelas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de agosto de 2011

Terras de Groenlandia

Capítulo 1: Vagalumes nas tebras

Unha bágoa corría pola meixela de Oreste.
Mentres, unha estrela marcaba o horizonte, abrindo paso aos tres cabaleiros.
Aspía, decidida como sempre, ía ao fronte do grupo, e levaba aos seus compañeiros á maior das súas aventuras. Pero iso non quitaba que non sentise dor polo que deixaba atrás, nen compaixón por Oreste.
Mor, o máis vello dos tres, cabalgaba tras Aspía, cuxa capa ondulante desprendía o cheiro á decisión.
Un son tras as árbores deixounos inquedos. Aspía, valerosa coma sempre, apeouse do seu cabalo e se dirixiu ao ruído tras as árbores.
-Non vaias, Dubien! -berrou Mor dende o seu cabalo.
Entre as tebras, puido ver unhas mans que se abalanzaban sobre ela, e despois, o único que viu era negro.

__________________________________
Este é   o comezo dunha historia que acabo de inventar.
Aínda queda máis por inventar no capítulo.

viernes, 20 de mayo de 2011

Historia sen nome


Aínda non ten nome, pero teño, iso si, moi claro de que irá... 
Agardo que vos guste, este é só o comezo do primeiro capítuñlo:

"Para mamá, papá e A., e que o seu corazón continúe sendo sempre tan puro como agora."

             Capítulo 1: Espertar


Espertou berrando, suorosa e nerviosa.
Unha pinga de suor corríalle pola cara e un mechón de pelo cubríalle un ollo. Tremíanlle os brazos e as pernas, nen sequera era capaz de suxeitarse por ela mesma alí, sentada na cama.

Tivera un pesadelo terrible, que a deixara morta de medo e depauperada.
Non lembraba un pesadelo tan horrible, que ademais fose capaz de inclusive asustala, e o peor de todo era que xa se repetira constantemente, e cando iso ocorría, significaba que algo ía pasar.

Cando era máis pequena, unha vez soñara que o seu gato ía morrer, e ao día seguinte atropeláranno.
Nunca llo contara a ninguén, pero xa sucedera varias veces; non tiña expliación lóxica, pero podía predecir o futuro dalgún xeito.
Pero daquela vez fora terrible, un soño terrible, pois cando espertara, sentíase terriblemente exhausta, suorosa e con bágoas nos ollos.
O único do que se lembraba era dunha muller... arrincándolle o corazón.
Esa sumamente vaga lembranza estremecíaa, e non conseguía pensar noutra cousa.
Era o soño máis macabro da súa vida, e non pensaba contarllo a ninguén, nen ao seu avó.

domingo, 1 de mayo de 2011

Beshadu - Unha historia dunha nena que percorreu o mundo


Este conto  comecei a escribilo hi uns anos, e adícoo a unha persoa que non coñecín moi ben, pero que é moi boa persoa. 
Espero que vos guste, aínda que é só o comezo. Non poiden corrixilo, pero aquí está. Por favor, dádeme a vosa opinión.




                     “A Beshadu , só por ser ela , tal e como é .

                      E ás estrelas , por iluminar a noite” .



            

Un galo cantou na granxa . Era un novo día . Beshadu ergueuse máis cedo que outras veces , pois tiña que dár de comer ás galiñas no corral ; o sol foi saíndo pouco a pouco , despreguizándose e sacando as súas enormes ás . Un raio entrou pola xanela e tocou suavemente a Beshadu , dándolle calor . Abriu as contras e descubriu un ceo despexado, sen unha soa nube , e cun sol intensamente radiante ó fondo . Os paxaros cantaban ó gardado das polas das árbores case sen follas e a calor espandíase por todo o campeiro e a horta .

Beshadu puxo o seu vestido preferido , un de trapo branco con liñas marróns e volantes de cor rosa claro . Tiña as mangas curtas e era moi finiño , fixérallo a súa avoa Kfuda . Puxo os seus zocos de madeira branca e unha cesta de palla .Votou nela millo picado e foi onda as galiñas .
-Vinde, que Beshadu ten millo para todas ! -exclamou -vamos , vinde -e descubriu , ó mirar cara a galiña á que chamaba Liiú que esta deixara un ovo -Vaia , noraboa , hoxe cearemos ovo cocido , seguro ...
-Ai , que famo teño , mamá levantaríase xa para facer a Kitcha Fit Fit ... -nisto esvarou cunhas plumas que había no chan e , de súpeto , caeu -Yatalamada!!!-dixo con preocupación -seguro que me manquei...







                                                                                               
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...