Mostrando entradas con la etiqueta As miñas novelas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As miñas novelas.. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de agosto de 2013

RELATO - ROSA

Abril era unha vella viúva que vivía grazas aos pequenos beneficios que lle daba a súa modesta granxa.
cando o seu marido morrera, vine anos atrás, aínda non tiveran ningún fillo, e a pobre Abril quedou soa e triste na súa granxa.
            
           
Coidaba con esmero dos seus cabalos, das súas vacas e as súas galiñas, e cando unha mañá de outono, mentres caían as pimeiras follas caducas, e a herba deixara de estar tenra, naceu unha porquiña, ocorréuselle unha estrambótica idea.

Abril colleu á porquiña e levouna á súa casa. Alí envolveuna nunha mantiña e meteuna na súa cama.
Ao día seguinte fíxolle un sersei e mercoulle un pequeno berce. Tamén lle puxo un nome: Rosa.

Pasaron os anos, e acabouna mandando á escola, onde Rosa xogaba coas nenas como unha máis, e tamén aprendeu a falar, a coser, a escribir e, aínda que lle custaba máis, a sumar e restar.

Aínda que Rosa era case como unha humana, Abril non lle permitía achegarse ao cortello de onde saíra, pois temía que relacionarse de novo con ese medio provocase a saída do seu instinto animal.
 
•
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Así que Rosa creceu lonxe de calqueira dos da súa especie, e convencida de ser unha humana, sen decatarse sequera de que era completamente distinta da xente que coñecía, sen saber que Abril non era realmente a súa nai, e allea a todo canto estivese relacionado co mundo animal, o cal era complicado, pois Abril necesitaba facer moitos esforzos para mantela alonxada dos seus semellantes, tendo en conta que vivía nunha granxa.

E así transcorreu a súa infancia, ignorando de onde viña ou quen era, ata o mesmo día da súa voda.

Cando Rosa tiña vinte anos, quixéronna casar, como debían facer todas as rapazas da súa idade.
O pretendente era un home moito maior ca ela, duns trinta anos, que xa estivera casado dunha vez.

O día da voda foi de gran espectación, pois, aínda que todos os aldeáns coñecían a Rosa e sabían que era case como unha muller, aínda había quen albergaba as súas dúbidas respecto ao casamento, e respirábase un aire de incomprensión de nerviosismo.

Unha vez se celebrou a cerimonia, fíxose un gran banquete, ao que foron convidados todos os habitantes da aldea e tamén dalgunhas outras darredor.
Servíronse tenreiros, polos, sopas, caldos... ata que un neno dixo:
-E cando se sirve o churrasco?
Todos calaron nese intre. As gaitas foron silenciadas, e o son de cubertos e louzas cesou.
Todos miraban espectantes á noiva, e esta preguntou:
-Por que non traen churrasco? Os meus convidados teñen fame!
E fíxose como a noiva dixo. Ao parecer ela non sabía con exactitude a carne que incluía o churrasco, e posto que ollos que non ven, corazón que non sinte, serviuse sen que ningún comensal estivese disposto a dicir nada ao respecto.
 
Outra vez o neno dixo:
-E que hai do porco ao forno?
E desta vez, Rosa preguntou:
-Que é iso? Nunca escoitei falar dese prato.
 
E de novo produciuse un terrible silencio na sala.
Desta vez, unha vella espetoulle:
-Ti es unha porca! Es un animal! Non deberías estar aquí, e menos presenciar como comemos a un dos teus mentres vives feliz na túa ignorancia. Cando pensas dicirllo, Abril?
 
Entón desatouse un terrible barullo na sala. A xente discutía, a vella berraba, os rapaces comían, Rosa choraba.
Os nenos mirábanna. Algúns rían e outros conpadecíanna. Algúns limitábanse a aproveitar o desconcerto xeral e comer demais. Collían a carne coas mans e roíanna, como porcos, mentres a graxa lles esvaraba polas súas mans. Rosa contemplaba o espectáculo e miraba as súas pezuñas, e logo miraba as mans do seu marido. Miraba o seu nariz, e logo miraba o do seu marido. Miraba as súas orellas, e logo miraba as do seu marido.
Levantouse da mesa, e marchou daquel lugar correndo.
E seguiu correndo máis alá, ata que chegou á súa casa.

black-and-white-bride-dress-girl-muddy-princess-favim_com-72626.jpg (318×476)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Entón dirixiuse á parte da granxa na que nunca lle estivera permitido entrar.
Forzou a porta, e alí encontrou a uns animais que facían sons cos fociños e se remexían entre o lodo e os seus propios excrementos.
Rosa primeiro sentiu repugnancia e noxo cara eses bechos feos e sucios, sen embargo despois sentiu un impulso que a convidaba a achegarse a eles, a miralos de perto e a rodar polo chan ensuciándose no lodo.
 E iso fixo.
 
Cando Abril chegou, acompañada do marido da súa filla, encontráronna no chan, rodeada dos demais porcos, uincando coma unha porca, manchada coma unha porca, e cheirando coma unha porca. Non sabía falar xa, nen os recoñecía, nen tampouco ao vestido branco que deixara a un lado feito farrapos.
E cando Abril se achegou a ela para facela entrar en razón, ela só uincaba, porque Rosa fora, era sería sempre unha porca.
 
 
 
 
 
 
 
Libromaníaca.

viernes, 8 de abril de 2011

O derradeiro decembro


O sol puxérase polo oeste, deixando tras de sí un lúgubre porto pesqueiro con pequenas rúas, escuras e cheas  de penuria.
Un rapaz atravesaba as escasas rúas que había absorto nas súas cavilacións e correndo trala súa sombra.
Ese rapaz era eu.

Gustábame, non sabería dicir por que, correr coa miña sombra, intentando alcanzala algunha vez ou, alo menos, facer algo que non fose ollar aburrido cara o ceo da noitiña.
Entón, un leve cheiro dun perfume suave e doce comezoume a embriagar; pero, inesperadamente, notei que me golpeaba contra algo ou alguén e caín ao chan súbitamente.
Cando mirei desconcertado cara arriba puiden ver unha silueta fermosa. Unha moza belísima e de ollos que nunca souben se eran azuis ou verdes, e, aínda que tiña expresión de preocupación, conservaba un sorriso alentador.
Foi entón cando, sen darme conta, sentín unhas bolboretas voando polo meu estómago.
-Estás ben?- preguntoume ela, cos seus ollos brillando tralos cristais das súas lentes, tendéndome a man para axudarme a levantarme.
-Eh...si, gracias...-bisbei aínda en trance.
-Foi culpa miña, ía distraída no meu libro, perdoa.
-Non, se fun eu, que ía...ehem... xogando.
Adicoume un sorriso aínda máis fermoso que o anterior.
-¿Como te chamas?- preguntoume.
-Amancio. E ti?
-Eu Susana, encantada, (dentro do que cabe); ha, ha, ha!
-Encantado, igualmente.-tiña que correr para ir á casa da miña tía, onde vivía.
-Xa nos veremos, deica outra.
E, coma unha folla cun sopro de vento, marchou.


Pero, como dixera ela mesma, si que nos iamos vér outras veces... e moitas.
Comezamos a ir a esa hora e cada vez máis fecuentemente.
Todas as tardes nos viamos e mantiñamos conversas cada vez máis longas.
Levabamos unha semana, dúas, tres, catro... e ambos confesamos que nos queriamos.
Descubrín que era amante da lectura e escribía poemas que intentara publicar, pero calificáranna por “demasiado nova como para ser poetisa”.Tamén era doce, risoña, simpática e moi divertida. Era bibliotecaria na biblioteca municipal e alí traballaba entre moreas de libros e pasaba horas e horas precorrendo os estantes cheos de maxia e lendo todo o imaxinable. A súa casa, chegara a bromear, estaba feita de libros no lugar de ladrillos. Era tan graciosa... E eu non era ninguén comparado con ela.

E tras dous meses véndonos trala posta de sol, faltou un día.
Non lle dera demasiada importancia, pero despois tampouco foi ao día seguinte, nen o outro, nen o outro máis.
Desesperado, xogaba só coa miña sombra polas rúas esteitas da vila mentres agardaba cunha remota esperanza, volver a encontrar a Susana.
Pero non foi así.
Estiven un ano enteiro pensando nela e en que lle poidera pasar, inclusive cheguei a pensar que xa non vivía. A miña tía dicíame que ela non era máis que un peso enrriba, que non me preocupase pola súa ausencia. Pero eu non lle facía caso, porque a miña tía só pretendía que eu non me namorase nunca para non quedar soa. E Susana era a persoa máis simpática, intelixente e fermosa que coñecín na miña vida.
Pero un bo día vina.
Pensei que se trataba dun erro, porque xa perdera toda esperanza. Pero ela saudoume, co seu fermoso sorriso, e achegouse correndo a min:
-Amancio! Amancio!
-Que che sucedeu? Por que non volviches? Por que non me dixeches nada?
-Non puiden dicirche nada. O meu irmán ofreceume un traballo no hotel de Barcelona que el mesmo rexe e eu podo encargarme de supervisalo.
>>Pero cando lle dixen que antes quería despedirme de ti, díxome que partiamos esa mesma noite, e mentres agardabas por min na Rúa das fontes, eu partía dende Santiago cara un lugar mellor. Aínda que agora estea aquí, debo marchar en tres días. Por que non ves conmigo? Así poderemos vivir alí xuntos e ninguén poderá separarnos.
Non puiden contestar. Unha soa palabra rondou pola miña mente, e esa palabra era un adeus. Para sempre.

Os días seguintes transcurriron apacibles, pero eu seguía meditando a súa proposta: que podía facer?
Non me chegaba o tempo para pensalo, pois Susana marchaba nun día, e eu aínda non sabía que facer.
Como era de esperar, a miña tía rogoume que non marchase, que quedase con ela e non a deixase soa, porque non tiña a ninguén. Pero non era a miña culpa que nunca tivese un soño, que nunca tivese amigos ou que nunca se namorase.


  

O día da despedida, no que debía coller un taxi para levala ao aeroporto de Santiago, eu a acompañaba ata a praza do concello, onde a ían recoller. Pero, irremediablemente, rompín a chorar.
Non sabía por que, pero necesitaba desafogarme, porque antes non me decatara do importante que era ela para min, pero votábaa en falta.

As bágoas esbaraban polas miñas meixelas, e sentíame vulnerable fronte aquela desesperación.
Así que, cando estaba entrando pola porta do taxi, tirei do seu brazo irremediablemente.
-Susana, síntoo, de verdade, pero non podo ir… a miña tía é moi maior e pregoume que quedase ao seu cargo.
-Se non queres ser feliz, ter unha vida nova, queda aquí, coidando da túa tía, Amancio. Eu marcho.
O taxi fixo soar o seu motor, ela pechou escandalosamente a porta. Mentres o taxi se afastaba e eu quedaba mirando cara el sen poder facer nada, ela non mirou cara atrás nen unha vez. Nen unha.
E, tal e como viñera, foise.



Os días pasaban, e dábame a impresión de que eran anos. Seguía xogando coa miña sombra, seguía con aquela esperanza tan remota de que volvese algún día... Pero nunca, nunca máis apareceu.

Sempre miraba pola ventá a posta de sol, tan fermosa coma sempre, e como aquela que presenciara o día que nos coñeceramos.

Mandáballe cartas e ela a min algunha vez, eran preciosas. Pero, de súpeto, comezaron a chegar con tan pouco argumento, con tan pouca cousa, que me estrañei.

Unha  fría tarde de comezos de decembro, eu volvera de pasear polo porto, tan aburrido coma sempre, cando vin unha nova carta no buzón da casa. Era dela!
Abrinna coa delicadeza que sempre mantiña coas súas cartas. Con sumo coidado, collín o papel que contiña dentro, coma se estivese collendo unha espada sagrada recén forxada.

Susana Nogueira,                                    Barcelona, 4 de Abril do 1967

Querido Amancio:

A última vez que tiven o pracer de verte despedinme como non o merecías; perdóame por ter sido tan brusca.
Espero que algún día,  cando vexas a posta do sol,  te lembres de min e daqueles solpores que viamos xuntos anos atrás.
Que cada día que pases sen verme me escoites coma se estivese falando ao teu carón, e que nunca, nunca me esquezas, porque eu nunca te esquecerei a ti.
Estas últimas palabras da miña vida quérochas adicar a ti.
Pero non quero que te preocupes, porque estarei ben, nun lugar mellor, e cando ti tamén veñas conmigo poderemos estar xuntos, como sempre quixeches.
Quero que saibas que últimamente non puiden escribir moi profundamente, só puiden ler os libros que semrpe quixen ler  nunha cama deste cuarto horrible, sinto que por mor deste cancro de pulmón non poidamos volver vernos,  pero quero que saibas que sempre te votei de menos. Non puiden esquecerte, e aínda que o intentase, xamais o lograría.
Sempre pensei que o último que quería facer antes de morrer sería ver o mar bañado pola luz rosada da posta do sol. Ver algo fermoso.
Pero xa que non podo, quero, simplemente, verte a ti, na miña imaxinación, ao meu carón, e presenciando xuntos, ao fin, a posta do sol.
Sempre te quixen e sempre te quererei:
                                                                                     Susana


viernes, 31 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol

© Creative Commons, Libromaníaca

 Feliz Fin de Ano e mañá que sexa o comezo dun Ano Novo cheo de prosperidade, e literatura :)
Déixovos outro pouco da miña novela (dentro de pouco non poderei deixarvos máis, síntoo.)

_________________________________________


—Vale,  reunímonos  agora para aproveitar que os meus pais teñen agora visita duns

condeses da zona e van estar ceandoe charlando no gran salón ata altas horas da

noite—dixo o primo de Ania.Todos asentiron—e ademais debemos atopar o libro,  debe

estar por aquí...—fixo un breve xesto para que todos o imitasen.

Miraron debaixo da cama, entre os colchóns desta, baixo o sofá, no toucador de

Hannohn, nos caixóns de todas as cómodas e armarios da habitación e nos

abundantes xoieiros desbordantes de ágatas, rubíes, zafiros, esmeraldas, pulseiras e colares

de ouro,  pinzas de prata...Pero, tras transcurrir uns doce minutos, nada.Cando as forzas

dos catro se esfumaban no ar,  Georchzus,  exausto,  rendiuse e dirixiuse cara á cama dos

seus pais, para sentar e descansar un chisco;pero, nisto, tropezou coa alfombra e caeu ó

chan armando non pouco barullo.Todos fóron onde a el para acudirlle,  pero o picaporte

da porta xirouse e ante as caras sorprendidas destes, apareceu un garda que custodiaba as

numerosas portas do cuarto.Abriu a boca para articular unha palabra; pero Gregorio,

veloz coma o raio propinoulle un puñetazo tan forte que caeu ó chan, cos

ollos bizcos:

—Ha de quedar unha boa tempada así,  e cando esperte non creo que lembre

nada,  seguramente quedará aparvado para sempre.—Dixo Gregorio.A Ania

alegroulle,  pero deprimiuna un pouco,  pensando en que a familia daquel home quedaría

sempre coa dúbida de que lle sucedera,  e,  o home,  non lembraría nen a súa

identidade ou nada que antes lle ocorrese.—Unha mágoa,  á verdade...Ignacius, un bó

home.Máis tiven que facelo,  síntoo.—Mireino intentando aparentar estar de

acordo, sorrindo cunha feble mirada cansa—Perdoa...Non quería ter que levar as cousas

tan lonxe...

Pero non era momento de botarse atrás, non era momento de non seguir loitando e dicir

“Adiante,  eu podo”,  non; era o momento de loitar pola liberdade do pai de Ania,  de

conseguir liberalo daquela horrible historia e de por fin coñecerse.Ania mirou cunha

mirada chea de luminosidade a Georchzus,  que ficaba quieto cal morto.

—Que che suced...—non puido continuar,  pois baixo a rugosa alfombra de encaixe

atopábase un libro de tapas descoloridas; dun amarelo sucio que sen dúbida tería sido

antes unha cor intensa,  que fixese que só pola cuberta da novela parecese un libro

máxico; e iso era certo:O era.

jueves, 30 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol

© Creative Commons, Libromaníaca

     Entón,  ó derradeiro intento de abrir a porta, Georchzus púxolle a man diante e

    susurroulle ó oído,  coa súa clara voz:

  —És a mellor curmá que tiven xamais,  a máis valente—“e taména túa única curmá”

pensou Ania,  pero calou.Desa vez,  xirou o picaporte dourado  e o pesado madeiro

fixo un leve cruxido,  á porta faltáballe un chisco de aceite, quizais . Saíu, deu uns

catro ou cinco pasos e,  sen máis,  parou en seco e,  retrocedeu decontado,  até chegar ó

cuarto de Georchzus.

Miroulle con cara extrañada e preguntoulle con precaución,  por se algo pasaba :

—Que sucede?—non achou resposta algunha,  agardou un chico, pero a súa inxeniosa

prima non asemellaba estar aínda nada no mundo,  pálida coma un morto,  porén,  

imitou a mesma acción de antes—eh...Isto... estás ben, Ania ?—ela,  inmutouse,  ó fin,  

e estirou lentamente,  e cun dedo na boca como que tiña medo,  e  sinalou có índice cara

a porta—ah,  é iso o que queres,  que vaia á porta?Tés medo,  non ?Se ti mesma

dixeches o de que era mellor morrer como un bó que vivir como un malo?Digo...

morrer como un vivo bó e vivir...¡Buagh,  é o mesmo!Se queres que vaia alí e ti tés

medo de ir con coraxe,  alá ti; irei ver Que é iso que tanto che asusta,  vale ?—

Ania asentiu.

—Están alí!—exclamou levando as mans á face,  como sinal de temor .

—QUENES???Quenes están alí ?—apartouna bruscamente da porta, entre medio canso

e medio enfadado,  asomou a cabeza cara o corredor das escaleiras que dába ós

vestíbulos e volveu agochala en cuestión duns segundos .Porén, Ania sorriu de novo .

—Que,  víchelos,  eh?—era certo, Georchzus volveu ó cuarto tan pálido como Ania se

puxera anteriormente—Díxencho Georchzus, díxencho ... —como o ton de Ania era xa

moi alto,  el tapoulle a boca cunha man e dixo suavemente, alterado, cun susurro :

—Cala,  axiña...Ou non viches que se atopan alí ?—colleuna do brazo de xeito

que non a mancase e, con moita cautela, levouna sixilosamente ó corredor, alí estaban,  

os dous traidores.
                                                                                                           
Distinguíanse facilmente as dúas siluetas de Xana e de Gregorio,  o mordomo.

Lembraba o aspecto que ó coñecer a Xana lle parecía realmente doce, pero agora, só

distinguía nela o seu nariz puntiagudo,  o seu avinagrado xesto semellante ó da tía

Hannohn e o seu sorriso malévolo que odiaba . Levaba daquela un vestido lila, con

flecos e as mangas logas, ademais dun precioso e antiquísimo chal de seda transparente

e uns zapatos lilas a xogo có conxunto.Lucía un precioso peinteado .Un moño recollía

a súa ondulada melena negra escura coma a noite pecha e dous mechóns de pelo caían

ós lados,  sobre os seus ombros .Gregorio vestía camisa branca con chaqueta negra e

unha rosa vermella increíblemente elegante xacía no seu peto,  os seus longos pantal ó ns

negros de estraña textura caían até os seus relucintes zapatos grises.

Ania extrañouse de que non levasen a indumentaria de traballo, e, nisto, o seu primo

Georchzus chamouna alporizado, sacándoa dos seus pensamentos .

—Eiii!!!Ania!!!—ela parouno cóa man e o introduxo no cuarto de novo—ai, fasme

dano, parva!

—Ben, heme igual, o caso é que temos que pensar nun plan para que non nos vexan

saír do dormitorio, vale, entendido?

—Eras tí a que quería dár a cara, non si ?

—Agora non é o momento, meu ; temos que chegar ó cuarto dos teus pais sen que eles

se decaten.

—Por Que ?—refungou Georchzus—, a ver, dimo !

—Porque temo que tardemos moito,  ou que se nos reteñen non conseguirei liberar ó

meu pai...

—Iso é certo,  —mirou cara o chan—iso é certo...

A porta chirriou, unha man asomouse polos extremos dela ... primeiro uns dedos, logo

unha palma, por último ...

—Conque si,  eh? Conque esas temos...—apareceu un vestido lila, con flecos e mangas

longas, resgoardado do frío da primavera dinamarquesa cun chal de seda transparente.

Unha enorme pamela entraba pola porta de madeira, e debaixo dela estaba un moño

negro de perfecto toucado, embutido nela . Un sorriso malévolo caraterizaba a terrible

imaxe—.son a vosa leal amiga—dixo con sarcasmo Xana—, Xana...

—E tés a valentía de falar con ironía e dicir leal !—Espetoulle Georchzus .Leal, unha

palabra que significaba a nobleza, o cariño, o respeto ós demais, só en catro letras, o

sinificaba, nesta historia todo.—és unha hipócrita, finxes coma ninguén ; grazas, grazas

por destrozar unha vida, a vida dunha orfa sen avoa sequera, sen familia ningunha.

Que viu aquí esperanzada, có interese de tér unha parte de familia que lle queda que a

protexa, que a acolla con amor, e  o primeiro día, ó decatarse de que o seu pai está

encerrado nun libro do que só coa súa axuda pode escapar, trátana de criada,

pisotéanna como se de algo minusvalorado se tratase ...

Xana baixou a cabeza, desolada .—mentíronme, mentíronnos a Gregorioe a min—ergueu

a cabeza de novo— Gregorio!Vén, por favor ... 

Apareceu coa súa vestimenta—escoitaches?A nós dixérannos que ían roubar á coroa de

Dinamarca, Gregorio, mentíronnos, pensamos que erades uns ladrón estúpidos, cando

os realmente estúpidos fomos nós, deixándonos enganar por uns parvos coma Hannohn

e  Alexis ...

—É igual ...—falou Ania ó fin—o mal xa está causado.Temos que acordar todos un

plan para poder escaparmos ...

Daquela,  o seu primo Georchzus non puido acougar máis, e, enderezado con

expresión de seriedade, soltou—: Está ben, xa non o aturo máis !Non collo na crenza

de que tí, Anialonda Mary Joe ; poidas estaren tanto tempo con cara de amargura,

coma sen presenza algunha,  non

Ania, non . A túa expresividade murchou, o teu sorriso quedou agochado para sempre

e asemella que non completas as túas conversas, como se non che importase xa máis a

vida, nen a túa fala, nen nada ... Non o entendo, Ania, de verdade ; se éra—la persoa

máis graciosa, activa e xoguetona que xamáis coñecín . Por deus, Ania, non collo na

crenza de que tí poidas agora...

—Ser así? Eh?Ser así? Pois,  mira o que che digo,  curmán; que se ti agora vivises a

miña situación,  se te meteses na miña pel só un intre,  Eh?Só un intre; comprenderíasme,  

Georchzus,  comprenderíasme ...—E,  indignada,  puxo as mans ante

a face para chorar.

—Tranquila, Ania, podémosche axudar!— e tendeulle un pano bordado, sen moito valor

de capital, pero si de lembranzas, era, pois, o que a súa avoa lle regalara polo seu

cumpreanos había xa catro ou cinco anos—Toma...

—Eh...grazas..., onde o atopaches?—estaba realmente sorprendida, non sabía xa onde o

perdera, pero non quería demostralo.

—Isto, pois, ehmmm...quedei con el cando te encerraron no semicalabozo de cuarto

cando o da biblioteca á noite, lembras ?—Ania moveu a cabeza, con expresión

afirmativa e musitou un breve “grazas”, con voz feble —agardando así o momento de

cho devolver—engadiu a muller .

Gregorio cruzou os brazos e, cun sorriso indicando amabilidade, falou:

—Ben, creo que xa podemos ir pensando firmemente un plan estratéxico .

—Xa sei ! —exclamou Georchzus coa mirada perdida, mirando ó teito (ou iso

parecía)—podemos ir polo pasadizo, coller as cousas de Ania, e, logo, volvemos, e,

por suposto, vós nos escondedes en maletas vosas e   intentades levarnos nelas ó voso

lar, non si ?

—E a iso lle chamas “Plan estratéxico”,  listo? —Berreou Ania entre gargalladas que,   

polo visto,  estaba xa recuperada de súpeto.

—Pois,  alomenos é un plan,  ou que tés ti,  lista?A ver?E, ademais, dixen

“poderiamos”.

—Ha,  ha ... dixeches “podemos”,  non por mal ...Bón,  centrémosnos ...

Case que si—dixeron Xana e Gregorio a coro . Entón, puxéronse a pensar todos,

mentres que o tempo se deixaba pasar lentamente,  con agarimo,  coma o vento se desliza

entre as árbores espidas no inverno .

Déron as cinco e media da tarde.Unha breve,  pese a ílo,  intensa vadalada envolveu a

mansión nun grande estrondo,  no que tamén se viu á perfección que xa era ben entrada

a noite .

Escoitouse,  uns minutos despois; un home que,  con certa dificultade,  cantaba unha

longa canción de bares,  típica en Dinamarca,  dicía algo coma :

“Den danske,  Danmarks vores sprog,  vores motto,  vores hjerte ... En stor

kærlighed,  O,  mit hjemland,  på livet,  dem jeg elsker." Que significaba:                                                                                                                             

Danés, de Dinamarca o noso idioma, o noso lema, o noso corazón ... Un gran amor,  

oh,  a miña patria querida,  de toda a vida,  móstroche o meu amor .”

A voz acercábase, ía correndo polo corredor, e, nisto, escoitouse :”Hip”.e un forte

ruído como se algo caese en picado no chan de mármore.

—Quedade aquí!—musitou Gregorio, e, acto seguido Xana e Gregorio saíron a fume

de carozo do cuarto . Ania e Georchzus miráronse, confundidos ; que era todo

iso?Outra trampa?Unha broma pesada?

—Probablemente sexa outra trampa deses dous—afirmou Georchzus, como se lle lese os

pensamentos—.non che parece?

—Quizais...

—Quizais?

—Quizais queira pensar pero non teña tempo porque o meu primo non para de

interromperme todo o tempo.

—Mira...Sabes Quen son?:Oh, non temos que ir salvar ós do mundo do libro, pero eu teño

medo, BUAAAH!!!

—Si, sei Quen é ;e é a túa inmadurez, sempre está conmigo.Ou tería que dicir contigo?

—Ha, ha...—Mirouna cunha mirada furtiva falando con ironía.Nisto chegaron Xana e

Gregorio e, facendo un xesto de importarlles o máis mínimo o que foran mirar no

corredor crendo que se trataba dun dos do “bando contrario” dixeron ó unísono:

—Era só un vello borracho—miráronse, confundidos e logo continuou falando Xana—, que

ó parecer é un criado da mansión, aínda que non creo que despois de que os señores da

casa se percaten da falta do home continúe séndoo...

—Bón,  vale,  de acordo.Agora o que temos que tentar é facernos de novo có libro e poder

continuar léndoo; pero desta vez temos que lelo alto e sen interrupcións.                                  

—Hai un problema, Ania—dixo Georchzus tras tragar saliva sonoramente—é que...Como

podemos voltar ó mundo máxico?

—Pero,  Georchzus;xa o dixemos cen veces...agárdase á quinta posta do sol que se

produza no mundo paralelo, entendes?—ela,  dixo agora dirixíndose a Ania—Oe,  Ania,  

sinto moito todo o mal que che causei, perdoarasme algún día?

Agora o sorriso propinoullo ela;e, tras asentir, bisbou fundíndose no seu corpo, ó apertala:

—Pois claro.

Reuníronse ó atardecer no enorme cuarto dos tíos.Quedaban só uns minutos para dár as

cinco da tarde e o solpor estaba xa a tan pouco de distancia que podías

notalo, acariñando os teus beizos.A posta do sol sería en pouco tempo e o sol

encamiñábase lenta e preguizosamente cara a cima dos máis alto cumios do monte máis

cercano:O monte de Gërmckagh.A hora acordada chegara:Eran as cinco en punto.Ania

dirixiuse silenciosamente ó cadro que había

colgado na parede que daba ó pasadizo;debía chegar até o cuarto de Hannohn e o tío

Alexis, descolgou o cadro da dama á que tanta manía lle tiña e o pousou cun breve

Clac” no reluciente chanzo lousado de branco.Puxo unha perna sobre a rochosa

apertura na parede e adentrouse naquel escuro corredor tras poñer tamén a outra.Tras

pasar todo o tramo sen ningunha interrupción por parte de ningún insecto(iso si, tras

abrirse paso entre a maleza de plantas enredadeiras e tearañas)petou nunha superficie

chá de madeira(tratábase do cadro que penduraba da parede do cuarto dos seus

tíos.)Oíuse un chirrido bastante ensordecedor e viuse

unha pouca de luz proveniente do cuarto de Hannohn e Alexis e despois unha cara

coñecida:era Gregorio tentando apartar o cadro.Despois, colleuna nos brazos para que

saltase ó chan e pronunciou unhas palabras sarcásticas de benvida—que por certo, Ania

non comprendeu.Son estas:

—Ola!Benvida á miña humilde morada...Ha,  ha,  ha!—todos se riron con el;

exceptuando á nosa protagonista,  claro.Aínda que logo, ó ver que os demais o facían

decidiu copiarlles para non quedar mal.                                                                                                                  

domingo, 26 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol

© Creative Commons, Libromaníaca


 Parte 3:O Rei do Silencio

Quitando as bágoas da meixela, asomouse á ventá abrindo a boca e botando o alento,

limpou o bafo e se impulsou para caer na cama, pesada e exausta polo canso

día de traballo na mansión .

—ANIAAA!!!—Escoitouse dende o outro lado da casa –Baixa aquí agora mesmo!!!

—Sí, tía Hannohn… 



Xa no salón, todos reunidos, dixo:

—Anialonda Mary Joe, que lle fai supoñer que despois de quitar o pó dos cuartos,

baixar a basura, limpar o aseo, fregar os chans, facer as comidas, refacer as camas,

limpar os espellos da mansión e poñer a mesa para a cea podería retirarse ós seus

aposentos ?

—Síntoo de veras, señorita Hannohn, non volverá ocorrer .

—Máis vale, senón …—pero, grazas a deus,  a riña foi interrumpida por un berro

 procedente de arriba,  dos cuartos; foi correndo e descubríu que era unha das

criadas —Que ocorre?—acertoua dicir fatigada .

— O...o señor Georchzus ... de...desapareceu...

Aquel fora un momento clave,  cando saíra da pasaxe,  Georchzus non saíra aínda !!!

Que lles contaría a todos,  Que podería facer ?

—Señora,  estou aquí — soou unha voz, cálida, baixa, doce ...Georchzus !—Ó mellor

non se decatou,  pero estiven na cama todo o tempo .

—Oh,  desculpe,  señor ...—Dixo cóa voz aínda tartamudante —perdoe...—e saíu do

cuarto recta,  cós ollos fixos ó fronte e cun pano de limpeza baixo o brazo .

—Uau!!! Como o fixeches,  como saíches tan rápido? —preguntou incrédula .

—A maxia de Georchzus — contestou cun irónico sorriso mentres sacudía a man

rozando o traxe,  limpándoo .

—Non,  de veras — dixo entornando os ollos cara o chan, furgando no vestido para

dár  cunha chave que abrise o armario para poder pechalo .                                      

Escoitáronse pasos, subían pola enorme escaleira, pesados e cun forte eco tras de sí .

Probablemente serían tacóns, Hannohn !!! Abríu a porta de todo, pechou rápido o

armario,  e Georchzus sacudiu de novo a súa roupa e se meteu na cama de novo .

—Moi ben,  Que sucede aquí ??? —Vociferou a tía Hannohn — que diantres

ocorre ???—Mirou brevemente o desorde da cama e veu a Georchzus .

—Verá, tía Hanohn, é que a criada berrou porque pensara que Georchzus desaparecera

,  e,  sen embargo,  estaba ...estaba ... na cama durmindo ... sí,  iso ... —pechou un ollo e

se votou cara atrás xa que pensaba que lle caería unha boa lea, pero sen embargo non

ocorreu nada,  a tía Hanohn miraba en fite ó seu fillo e non se escoitou nada nun bó

anaco ; pero, cando menos o agardaban :

—Georchzus, querido, a criada espertouche, vai levar unha voa riña !!! Non che viu a

moi parva — e marchou facendo aspaventos berrando incansablemente — VEÑA

AQUÍ DE CONTADO SE NON QUERE SER DESPEDIDA !!! — e se deixou de

escoitar, xa estaría lonxe .

—Non podo crer isto — dixo Ania cruzando os brazos — vótacheslle a culpa a unha

pobre criada só para saír coa túa ! Eu lisco agora ...— Georchzus colleuna do pulso,

tan forte que lle fixo dano — estás parvo ou que ? mancáchesme, idiota !!!

—Síntoo,  Ania, pero estamos xuntos nisto e non nos podemos separar polo de agora,

entendido? —O seu sorriso reapareceu tras uns intres e as súas cellas xa non estaban

fruncidas,  Ania suspirou lentamente e resoprou—de acordo?

—Como non,  miña xoia?—respondeu con tono irónico e un inesperado sorriso

maléfico.

—Daquela tomareino como un “sí”, va que sí ?—nen se inmutou el pola ofensa, pola

súa banda, Ania sí escoitara a del ; colleu un trapo grisáceo case negro—que nalgún

momento fora branco—e marchou cara á porta decidida a ir a través do corredor, pero

Georchzus lembroulle algo moi, moi importante .
                                                                                                                        
   —Así que pretendes coller o teu camiño e marchar polo corredor,  non?—Georchzus

abriu a boca para falar,  pero Ania deu a volta mirando cara el e só contestou .

—Así é,  pois...—xirouse novamente, disposta a xirar o picaporte da porta e saír ó

corredor.

—Vale,  fai o que queiras,  pero eu que tí non o facía —estaba cunha perna apoiada

na parede,  cós brazos cruzados diante do peito e un sorriso, o seu sorriso no que

mostraba todos os seus dentes brancos coma a neve, o sorriso que mostraba cando

quería que lle desen a razón,  có que cría que era el o máis axeitado para as

preguntas máis extrañas,  difíciles e caóticas existentes no mundo,  por moi

extrañas,   difíciles e caóticas que resultasen.—non me digas que non sabes do que

falo?—parou de falar,   porque xusto nese intre,  Ania quedara pálida coma un

cadáver,  quedara sen fala,  sen as típicas preguntas ou respostas inxeniosas que se lle

ocorrían,  que pasaban por aquela cabeza tan miúda,  pero tan espelida.Pasou un bó

anaco até que volveu dicir ó fin.

      —E que podo facer entón,  pasar toda a vida metida nun cuarto dunha mansión que

      semella un calabozo?Cós brazos cruzados agardando a que chegue o día no que me

     deixen en liberdade?Sí?É iso o que queres,  sí?

     >>A miña avoa sempre dicía que na vida era mellor morrer como boa persoa que

      vivir coma un inhumano sen escrúpulos. E iso é o que farei,  algún día terei que dár a

      cara se non quero quedar aquí para sempre,  fareino .

miércoles, 22 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol

© Creative Commons, Libromaníaca
Sinto non poder escribirvos durante as semana, pero nas vacacións, a partiren de hoxe ¡poderei escribir moito máis! Aquí vai un pouco máis da novela.
P.D:Visitade o meu novo Blog en Castelán "La estantería del olvido"  
Este fíxenno para non tér que mesturar aquí español e galego, prefiro tér un galego <3 para os da miña terra e un español para seguidores de todo o país.
Bon, aquí vai outro fragmento da hsitotoria (que por certo xa rematei de escribir e corrixir, presentareina a unha editroial, a ver se a quéren.)






—RAAASS!
O telón vermello caeu comigo enriba e,  Georchzus,  co medo,  tirouse correndo cara a unha mesa para apartarse,  tirando consigo todos os manxares e luxosas cubertarías de porcelana,  o telón caeu sobre a corentena de músicos,  e eu caín sobre os sofás do lado rompéndoos co impacto da caída.
—NADA DE ESTAR NIN XOGAR XUNTOS!!!—Berrou a tía Hannohn nada máis chegar á casa –O contrario !Todo o contrario!!! Ania,  vas ir ó faiado durmir para que che sirva de lección!!! E Georchzus,  pobriño,  non fixeches nada e che botaron a culpa de todo!!! —E levouno da man cara ó salón. Georchzus miroume con cara de tristeza e pena,  dixo no noso idioma “Síntoo, non sei por que me trata así... Seguimos co plan en segredo igual! Vai á biblioteca á hora acordada”,  e eu contesteille simulando tres palmadas e chiscando os dous ollos á vez “Si,  de acordo.”
—Tolón,  tolón,  tolón!!!—Soou unha badalada anunciando as oito e media,  pero parecían ser máis polo eco que se producía coa espaciosa mansión e os seus cuartos. Aínda sen o pixama posto,  con só o blusón—de debaixo do camisón— e mais unhas medias de fantasía con flores estampadas en cor rosa e o resto branco,  e as chinelas e a saíña longa de cor morada,  corrín aínda así con sixilo cara á biblioteca,  botei un ollo á porta,  e, ó ver que estaban Georchzus,  Gregorio e Xana dentro xa consultando os estantes apilados de libros,  entrei :
—Que hai?—preguntoume intentando sorrir,  pero non puido,  porque  sabía que estaría moi enfadada co ocorrido.
—Bon... Oes Ania? Teño moi pouco tempo,  vale ? É que hoxe tócame a min facer a garda do xardín e comezo ás nove menos dez minutos —Dixo Xana indecisa por se era bo momento para falar —De acordo ?
—Si,  dende logo que si ! Descoida ...
—Xana,  verás... eu... eu teño hoxe que atender ás nove menos dez tamén a uns homes que se dedican a vender froita fresca polas casas mediante unha carruaxe.  
—Xana, Gragorio! Non vos preocupedes! Eu non penso perder a noción do tempo —contesteilles xa farta das peticións dos dous. De tanto falar,  deron as nove menos vinte—Georchzus,  e o libro?
—Ho,  Ania,   perdóame... Síntoo moito,  de veras! Con tanto apuro,  entre que estiven co libro entre os brazos dende as oito menos cinco mirando fixamente ó reloxo sen pestañexar sequera! Fun un momento ó baño e cando volvín,  que eran as oito e vinte e cinco xa pasadas,  esquecínme por completo do libro!
—Si,  claro que te perdoo,  pero... que pensas que faremos entón sen o libro e nos reunimos na biblioteca? –Refunfuñei cos ollos abertos coma pratos.
—Bon... entón,  se non podemos ler o libro,  que diantres faremos aquí?—Gregorio comezouse a alterar un chisco,  Georchzus sentiuse culpable e dixo:
—Sin... Síntoo moito todo... perdoádeme !—E eu apiadeime del:
—Si... vale...a índa así non sei que diaños faremos na biblioteca,  a estas horas da noite,  e sen o libro máxico...
—EU DIREICHE QUE IDES FACER!!!—Era o tío Alexis,  cos doce criados e criadas tras el —Credes acaso que somos nós  os teus tíos parvos? Eh,  parécevos? E colléronnos a min e a Georchzus das orellas cara ás nosas camas,  que agora estaban en cuartos diferentes.
—Non ides apoderarvos do reino de mundo máxico vós! Sobre todo polo meu irmán Ruph!!!—Exclamou furioso o tío Alexis pechándome a porta do cuarto con chave; acto seguido vociferou á porta do cuarto de Georchzus pechándoa dun portazo con chave.  —Non sairedes en TODA a noite,  sexa para o que sexa,  só poderedes levantarvos para facer o almorzo coas criadas... ás cinco da mañá!!!



                                               *   *   *





Ania meteuse na cama,  púxose a chorar e caeu nun profundo soño.
“AS BÁGOAS CAERON AO CHAN FORMANDO UN DIMINUTO CHARCO,  PERO ENCHIDO DE TRISTEZA.”
O reloxo marcou as cinco en punto. Tlon... tlon... tlon... Ania,  esgotada,  saíu da cama e dirixiuse ó armario. Cal sorpresa foi a súa... ó ver que o armario estaba baleiro. Deu unha volta polo cuarto e decatouse ó ver que no cuarto non había máis que unha cama,  uns mobles baleiros e un par de cadros.
—Estúpidos!!! Queren que xa marche,  e onde? Non teño onde ir! —Dixo para si
Arremendou un pouco os lazos do vestido,  penteouse coa man e petou na porta para que os criados abrisen a porta,  pero ninguén contestou á súa chamada. Mirou pola ventá e viu ós criados levando as súas cousas dentro do edificio do lado,  os cuartos dos criados!!!
A dama do cadro que sempre lle daba medo parecía que a miraba cun sorriso maligno; estaba farta dela!
Colleuna enfurecida e tirouna ó chan con ganas de lle cuspir,  pero lembrou de novo as doces palabras da súa avoa e a súa cara revelou o sorriso que nunca lle saíra durante todos eses días. Colleu o cadro coidadosamente e decidiu poñelo no seu lugar. Mirou a parede e exclamou:
—CACHEIVOS,  TÍOS!!! —Un enorme furado sobresaía na parede,  un furado que,  se o seguía,  daría ó cuarto da tía Hannohn e o tío Alexis. Pensou se algún criado iría espertala e,  acto seguido,  meteuse no escuro furado para poder chegar ó cuarto dos seus tíos,  descubrir aquel misterioso enigma do libro e saber que sucedera co irmán do seu tío,  probablemente,  o seu pai!
—PLIC,  PLIC,  PLIC...
—Argh! Que é isto?—Dixo retoricamente Ania,  parecía que uns dediños lle subían polo brazo facéndolle cóxegas,  pero de seguido decatouse de que eses “dediños” eran pegañentos e ían cravando as súas uñas sobre a abrancuxada pel de Ania. Aqueles dediños eran as oito patas dunha araña,  a substancia pegañenta era a tearaña que foi tecendo e pegando á pel de Ania e as uñas eran o fin das súas patas  que eran puntiagudas e mancaban xa que picaban a Ania co seu veleno—IIIIGH!—Ania tentou berrar  o máis baixiño posible etirou a araña rapidamente e arrincou dunha tallada a tearaña e seguiu o seu percorrido.
Escoitouse outro ruído semelleante ó anterior, pero aínda máis sixiloso —Como sexa outro bicho,  vaise lembrar!!!
—Que?! Ania? E... es ti?
—Georchzus? Como chegaches até aquí?
— E ti ? Eu por un cadro do meu cuarto,  que era  un camiño de pedra...
—EU IGUAL!!!
—Cala! Non berres!Esta “pasaxe” espándese por toda a mansión,  e por todos os cuartos!!! Así que nos poden escoitar!!!
—Pero,  os teus pais,  como non os taparon,  entón?
—Porque pensan que só hai unha pasaxe que leva do seu cuarto ó teu,  pero non é así,  senón que hai en todos os cuartos.
—Pero eu podería escapar igual!
—Non creas,  hai gardas ás portas do seu cuarto.
—Ah,  e outra pregunta sobre o teu pai:como é o meu tío político,  non?Ehm... cantos irmáns ten?
—Creo que un,  por que?—O corazón de Ania parecía que lle parara,  aquel irmán que quedara atrapado no libro era o seu pai,  a Quen debían salvar.


                                                         *   *   *




“TRAS DUROS DÍAS DE DESESPERACIÓN,  ANIA CONTINÚA COS SEUS TÍOS.”





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...