Mostrando entradas con la etiqueta Reseñas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reseñas.. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de septiembre de 2013

Cumbres borrascosas

Nature | via Tumblr




















RESEÑA

O señor Lockwood aluga unha casa para pasar o inverno. Pero cando chega, o enigmático propietario da mesma non o recibe como esperaba.
De todos modos, o señor Lockwood aluga a casa, e acaba pasando máis tempo do que pensaba, pois a causa do tempo nesas paraxes enferma. Alí, a ama de chaves, Nelly, encárgase dos coidados do enfermo, e para satisfacer a súa curiosidade cóntalle a impactante historia do señor Heathcliff, principalmente porque foi testigo da súa vida completa.

Entre páramos e unha paisaxe desoladora, baixo un ceo eternamente gris e completamente afastada da poboación, encóntrase Cumbres Borrascosas, fogar da familia Earnshaw.
Alí crece Catherine, alonxada de nenos da súa idade exceptuando aos seus únicos veciños, a familia Linton, que habita a Granxa dos Tordos.

As vidas dos habitantes da casa seguen un curso normal, monótono, gris coma a cor que se repite no ceo cada día ata que chega un pequeno xitano da idade de Catherine abandonado nas rúas de Liverpool sen nome nen apelidos, polo cal o señor Earnshaw decide acollelo e darlle un único nome: Heathcliff.

Heathcliff e Catherine fanse grandes amigos, e pasan a súa infancia dunha forma algo asalvaxada, deixando aflorar a súa natureza máis apaixoada, agresiva e salvaxe sen permitir que ninguén deteña os seus impulsos e loucuras.
Unha vez morren o señor e a señora Earnshaw, todas as propiedades pasan ao irmán de Catherine, que trata a Heathcliff peor que a un criado.
Sen embargo, grazas á deixadez do señor de Cumbes Borrascosas e ao verdadeiro desinterese polo coidado da súa irmá e de Heathcliff, ambos continúan a súa vida polos páramos afastada do resto dos seus coñecidos.
Heathcliff, quizais canso do maltrato ao que está sometido, quizais ansioso de probar sorte fóra dos límites daquelas terras, marcha do seu fogar, non sen antes escoitar parte da declaración do amor de Catherine por el, mentres llo conta a Nelly [E, de paso, agasállanos cunhas das frases máis recoñecidas das historias de amor].

"Hai máis de min nel que en min mesma. Sexa do que sexa do que están feitas as almas, a súa e a miña son a mesma."
 
Tres anos despois, sen previo aviso, unha vez Catherine está casada con Edgar Linton e vive na Granxa dos Tordos, regresa Heathcliff, o home sen orixes, disposto a atormentar e a levar á condena a aqueles que o fixeron sufrir no pasado, cunhas ansias de vinganza que nunca imaxinaría ninguén dun ser humano, pero que concordan perfectamente coa substancia escura e salvaxe que corre polas súas veas... e tamén polas de Catherine. Disposto a causar a dor e a fin das dúas familias, e movido polo odio cara os carceleiros da súa alma e o seu espírito, pero sobre todo disposto a recuperar o que nunca puido ser seu.
 
 
 
 
                                                         * * *



Aquí déixovos algunhas das citas máis relevantes do libro e que máis aprezo.

"Os meus grandes sufrimentos neste mundo foron os sufrimentos de Heathcliff, vinnos e sentinnos cada un dende o comezo. O gran pensamento da miña vida é el. Se todo perecese e el se salvase, eu seguiría existindo, e se todo quedase y el desaparecese, o mundo seríame do todo estraño, non me parecería que son parte del. [...] O meu amor por Heathcliff parécese máis á eternidade das rochas profundas, é fonte de escaso pracer visible, pero necesario. Nelly, eu son Heathcliff, el está sempre, sempre na miña mente. Non sempre como unha cousa agradable, por suposto, non sempre me agrado a min mesma."

"Aínda que el a amase con toda a forza dosu mezquino ser, non a amaría tanto en oitenta anos como eu nun día. Catherine ten un corazón tan profundo coma o meu: tan fácil sería meter o mar naquela artesa como que todo ocariño de Catherine fose acaparado por el."

"¡Oxalá esperte en tormento! Si, mentiches ata o final, Catherine Earnshaw, ¡Deus queira que non descanses mentres eu viva! ¡Dixeches que eu te matei! ¡Pois sígueme! Como as vítimas persiguen aos seus asesinos, ¡Sígueme! Se hai espíritos que andan errantes polo mundo, quédate sempre conmigo, toma calqueira forma, ¡Vólveme tolo! ¡Pero, por favor, non me deixes neste abismo onde non podo encontrarte! ¡Oh, meu deus! ¡¿Como dicircho?! ¡Non podo vivir sen a miña vida, ¡Non podo vivir sen a miña alma!"


OPINIÓN PERSOAL

Algo sorprendente nesta novela é o carácter das personaxes. Se cadra agora é un recurso anticuado e esaxerado, pero temos dous carácteres opostos: ou ben as personaxes son boas en exceso, incluso chegando ao punto de parecer bobas, ou ben son malos, tan malos que provocan o odio e o rexeitamento do lector.

Esta obra é todo paixón e loucura dos personaxes, se cadra a segunda característica das novelas góticas.
Contrasta o desenfreno da  obra e a historia apaixoada coa idea que nos dan da súa autora, á que sempre presentan como a irmá máis tímida e recluída das tres irmás tímidas e recluídas da rectoría de Haworth que, ademais de destacaren pola súa intelixencia que agora calificariamos como superdotada, escribiron algunhas das obras máis famosa da literatura, e son consideradas como as devanceiras da tradición literaria feminina.

Aqueles que leron Jane Eyre, de Charlotte Brontë, daranse conta de que é completamente distinto a Cumbres Borrascosas. É un remanso de paz frente a un temporal mar adentro. E para que coñezades o calibre da paixón e voracidade dos diálogos e de como está escrita a novela, fixádevos nos fragmentos que seleccionei na reseña.
A dicir verdade, non está na miña man dar unha opinión de plena confianza respecto ao libro como historia de amor, pois non teño demasiada experiencia lendo esta clase de libros. Polo xeral, como saberán os lectores habituais do Blog, as historias unicamente de amor peligran con poderme chegar a aburrir.
Sen embargo, neste caso, non foi así, nen moito menos. De feito creo que a ninguén lle pode chegar a aburrir en ningún aspecto esta novela. Por algo é unha das novelas románticas por excelencia, se non a que máis.




Datos:
Título: Cumbres borrascosas
Autora: Emily Brontë
Editorial: Círculo de lectores
Clasificación: Novela gótica, romántica.
Calificación: 5/5





  

Libromaníaca.



 

lunes, 11 de febrero de 2013

Pel de lobo


Tumblr_mi0880hfae1s339xbo1_500_large



































RESEÑA

Xosé Novoa vive cos seus pais nunha afastada aldea galega. A causa de que o seu pai, Fulxencio Novoa, sexa un afamado cazador de lobos, é requerido nunha aldea do Incio, onde están sendo atacados constantemente por dous lobos cuxa forza e tamaño descomunal impide aos aldeáns acabar con eles.

Alí, Xosé coñece ás enigmáticas fillas do fidalgo de poder da aldea, Aurora e Ana, dúas irmás distintas como a noite e o día, e namórase da primeira.
Aurora, loira, baixa e delicada, que nunca fala máis do que debe, pero cada palabra que di namora a Xosé.
Ana, morena, alta e esbelta, que se amosa partidaria do voto feminino e do agrarismo, e que saca de quicio ao seu pai coas súas opinións.
Estraños sucesos teñen lugar na aldea, e ambos cazadores danse conta de que aqueles lobos teñen unha forza sobrenatural e unha intelixencia humana.

Cando sigue a pista a unhas pegadas de lobo contempla, sorprendido, que levan a unha cova que  contén roupa de muller fiscada polo chan, e despois de que o estraño personaxe Rosa dos Chantos lle conte un estraño episodio que viviu cun dos lobos, Xosé sospeita que posiblemente os lobos fosen lobishomes, ou quizais "lobismulleres".

Tras investigar os sucesos que están a ocorrer na aldea, Xosé acaba confirmando as súas sospeitas e descubrindo que  tanto o lobo branco como o lobo negro non son tan descoñecidos para el como pensaba.


OPINIÓN PERSOAL

Esta novela é fermosa. Lévanos ao inverno máis frío de Galicia, e fainos revivir os tempos da Galicia máis rural.
Trata moitos temas que se discutían por aquel entón, como o sufraxismo nas mulleres ou o agrarismo, discusións  que nos achegan á época. Tamén reivindica os dereitos das mulleres en numerosas ocasións e o polémico desta reivindicación naquel entón.
Unha novela única, coa que Xosé Miranda acadou o Premio Merlín 2002, invernal e perfecta para esta época do ano.


Datos:
Autor: Xosé Miranda
Editorial: Xerais (Fóra de xogo).
Clasificación: Fantástico.
Calificación: *****. 5/5




Libromaníaca.



 

domingo, 20 de enero de 2013

Las ventajas de ser un marginado

117375134010209628_u8u3xkta_c_large 





































RESEÑA:
Charlie é un rapaz de quince anos que sempre preferiu ver a vida pasar antes que vivila.
Ata ese momento fóralle ben, salvo pola súa rápida forma de pensar e relacionar moitas ideas, ata facelo necesitar ir a un psiquiatra.
Charlie contará o mellor ano da súa vida a través dunhas cartas que envía a un descoñecido do que só escoitou falar outra vez.
Tras a morte do seu último amigo e aínda que non superara tampouco a morte da súa tía Helen, Charlie empeza primeiro curso de instituto en 1991, só e despreocupado por participar na vida.
A Charlie tampouco lle axuda que a súa irmá sexa unha das rapazas máis populares do instituto, nin que o seu irmán maior se estea a converter nun famoso xogador de fútbol cun futuro prometedor, mentres que el continua estancado no pasotismo.

Todo isto ata que o seu novo profesor, Bill, lle cambia a vida, desenvolvendo o seu potencial facéndoo escribir redaccións de moitos libros. E aínda que Charlie non o sabía, aquel curso ía ser o mellor da súa vida.
A principios de curso coñece Patrick, o rapaz máis simpático do curso, e a súa medio irmá Sam, a rapaza máis encantadora, fermosa e intelixente que coñecera. Patrick e Sam, aínda que teñen tres anos máis ca el, abriranlle os ollos para que Charlie, definitivamente, vexa o mundo dende dentro. E aproveitará cada instante antes de que todos os seus novos amigos marchen á universidade.
Durante ese curso terá algúns problemas, pero todos eles pagan a pena porque descobre a amizade, o amor, a felicidade e, sobre todo, a estraña e marabillosa sensación de sentirse infinito.


OPINIÓN PERSOAL
 

O libro é sinxelamente fantástico.
Esta novela chamábame moito, así que decidín incluílo na miña"wishlist" que escribín para os Reis Magos.
Simplemente, parecíame interesante, e despois de ler moitas críticas e distintas reseñas díxenme " por que non? ".
Ten unha lectura rápida e sinxela, pero aínda así contén algo único no seu interior, do que sen dificultades podemos sacar todo o seu xugo, e sen dúbida ten a súa propia esencia. O libro invita, sobre todo, a pensar.
Ademais conta con moitas partes sobre ámbitos da sociedade e algunhas frases realmente fermosas.
Fala da xuventude, da felicidade e do estrañamente complicada que pode ser a vida dun adolescente hoxe en día.
De grupos sociais e tribos urbanas, así como nos ensina, case sen darnos conta, moita literatura.
Os personaxes principais da novela son, digamos, antiheroes, e Charlie ponnos en bandexa moitos temas para reflexionar.
É fascinante como a medida que máis lemos, máis difícil resulta parar de ler, porque ten un lixeiro toque aditivo e conta tamén co "plus" do nada complicado estilo narrativo en primeira persoa do autor, Stephen Chbosky, que, queiramos ou non, fainos sentir coma se fosemos o propio protagonista.
Tamén nos encontramos distintos puntos a tratar interesantes e importantes, como cando o protagonista descobre un turbulento episodio da súa infancia ou os problemas do alcohol ou as drogas.
Resulta curioso, a medida que avanza a novela, como imos vendo a mellora da narración así como do estilo narrativo do protagonista, xa que é a xeito de diario, que eu creo que o autor pretende que vexamos. ´
E por se é pouco, este libro tivo tal éxito en EEUU que o levaron xa á gran pantalla, contando con estrelas como Emma Watson. A película homónima foi dirixida ás mans do mesmo Stephen Chbosky, e os seus guións foron escritos tamén dirixida por el. Polo tanto... estou impaciente para ver a súa estrea!
De todos os xeitos, non lle dá máis mérito ao libro que sexa levado á gran pantalla, nin moito menos!
Así que, como dixen ao principio, é un libro sinxelamente fantástico e unha bonita experiencia.



 Libromaníaca.



 
Datos: 
Título: Las ventajas de ser un marginado
Autor: Stephen Chbosky
Editorial: Alfaguara
Clasificación: Realismo
Calificación: 5/5









 

domingo, 7 de octubre de 2012

Unha presa de terra

Tumblr_mbahknrs7v1qiqy8mo1_400_large
Todas as miñas reseñas conteñen Spoilers.

Por que os xóvenes len cada vez menos? É tan complicado que, tras obrigalos, lean o libro que lles mandaron na escola?
A min, dende logo, non me parece que ningunha excusa sirva... de feito, o mesmo día no que a profesora citou o libro de lectura obrigatoria para este trimestre, esa mesma tarde xa o tiña entre as mans.
Así que creo que fun a primeira en lelo, e seguramente, das únicas...

Ben, este libro é "Unha presa de terra", de Marilar Aleixandre.

RESEÑA

Ana é unha detective privada que un día recibe unha inesperada chamada da súa vella amiga da infancia, que lle conta un terrible suceso e pide que o investigue.
A súa irmá, Lurdes, foi encontrada asasinada no asensor do seu propio edificio, brutalmente golpeada na cabeza.
A investigación irase complicando, sobre todo cando Ana entraba un romance con Pepe, o alcohólico e  amargado marido de Lurdes, que de vendedor ambulante de enciclopedias, cuxa única afección son as plantas das súas macetas.

Aparentemente, o caso de Lurdes é complexo, e parece gardar un segredo. Quizais fora que Lurdes gardaba un escuro segredo... pero sorprendentemente, o único segredo que agocha o caso é o máis grande de todos, Pepe, envolto nunha aura de misterio inescrutábel.
O estraño é que no corpo de Lurdes se descubren restos de terra... dunha maceta.

OPINIÓN PERSOAL

O libro de Marilar Aleixandre é unha obra singular e meritoria, posto que gañou o premio de Relatos de Verán na sección de novelas por entregas da Voz de Galicia no ano 2001.
O mérito, na miña opinión, débese a que a autora resuma en cada capítulo, en cada entrega, gran cantidade de información e acontecementos, o cal a min me resultaría terriblemente complicado, por exemplo.
Aínda así, para a súa desgraza, é moi doado  destripar a historia ós poucos capítulos. E se aínda fose só algúns detalles, ou  inclusive a conclusión final, non importaría demasiado.  Pero aquí se descubre con facilidade toda a trama.
Definitivamente, non é o meu estilo narrativo favorito; pero sempre está ben ler algo de autoría galega, pois agora é tan fácil tragar os  libros estranxeiros de vampiros, lobishomes, etc., e tan difícil escarvar ata o final dunha estantería ata encontrar algo  de aquí...

Datos:
Título: Unha presa de terra
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Ir indo.
Calificación:  3/5
Clasificación: Novela negra.



lunes, 17 de septiembre de 2012

Cazadores de sombras, As orixes - Anxo Mecánico




























" Como caíches do ceo, oh luceiro da mañá, fillo da mañá! Fuches derrubado por terra, ti que debilitabas ás nacións! "Pero ti dixeches no teu corazón: Subirei ao ceo; levantarei o meu trono por enriba das estrelas de Deus, e sentareime no monte da asemblea, no extremo norte. Subirei sobre as alturas das nubes e serei semellante ao Altísimo... "

RESEÑA
Tras a morte da súa tía Harriet, Tessa recibe unha carta do seu irmán Nathaniel, na cal lle pide que deixe o seu fogar en Nova York e se reúna con el en Londres.
Posto que ansía ver outra vez o seu irmán e é o único familiar que lle queda, decide ir a Londres, embarcándose desta forma, sen sabelo, nunha aventura chea de sorpresas; período no cal coñecerá todos os misterios que garda un Londres que para todos descoñecido, agás para os Cazadores de Sombras e os Subterráneos. En pouco tempo o seu corazón se dividirá entre Will e Jem, os cales gardan, como todo esta historia, escuros segredos detrás de si.


OPINIÓN PERSOAL
Debo advertirvos que todas as miñas reseñas e opinións persoais conteñen Spoilers. Preguntaraste por que o advirto agora e non na reseña da parte superior... Pregúntacho a ti mesmo, non a min.


Trátase dun libro moi orixinal, con moito ritmo e un fresco estilo narrativo, polo cal, ademais de pola historia trepidante que esconde, me resultou moi aditivo, quizais o que máis, despois de "Os xogos da fame".
Mesmo podo probalo, pois o primeiro tomo, regalo da Bloggeira Lectora por motivo do meu recente aniversario, remateino en apenas tres días; e deseguido comprei o seguinte da serie e tamén o estou a ler a bo ritmo, se temos en conta que (deixemos de lado o nome Libromaníaca) non son desas persoas que, literalmente, comen os libros coa vista, e pasan a páxina a unha velocidade incesante e imparable de 1 minuto...
Definitivamente, a súa trama principal é fantástica e, ademais, inclúe romance, o cal sempre dá un toque máis doce ás historias; pero sempre con baches, e isto faina aínda máis interesante.



Datos
Título: Cazadores de Sombras "As orixes", Anxo mecánico
Autora: Cassandra Clare
Editorial: Destino
Califiación. 4/5.
Clasifiación: Fantástico.


jueves, 13 de septiembre de 2012

Corazón

Tumblr_m39d5vushj1rsm53yo1_500_large

RESEÑA

Xénova, Italia.
O noso protagonista, Enrique, escribe un diario que relata os seus máis profundos sentimentos e a armoniosa relación entre compañeiros, alumnos e profesores, que aínda así en ocasións non resulta tan armoniosa...
Pouco a pouco, percatámosnos das conmovedoras historias que hai detrás de cada alumno, e tamén dos valores que a estes se lles inculca un novo profesor, que ademais engadirá ás súas ensinanzas un conto mensual, entre os cales se encontra "Dos Alpes aos Andes", obra que colleitou gran éxito por separado de "Corazón", como a famosa "historia de Marco".

OPINIÓN PERSOAL

Corazón é  un libro fermoso como poucos, magnífico para xóvenes lectores, pero tamén para adultos.
Este libro ensínanos os valores como a amizade e o compañeirismo dende o punto de vista dun neno.
Calquera pode aprender o significado real da amizade e da empatía a través dos capítulos escritos a modo de diario polo protagonista.

 Pouco a pouco vainos ensinando a vida dos compañeiros do escritor do diario, as cales chegan a emocionar ao lector e a familiarizarse con estes e con Enrique.
Tamén podemos comprender a súa admiración por personaxes como Garrone (o maior e mellor de todos) ou Derossi e o cariño que sinte por personaxes como Crossi, o "albaneliño" ou Precossi.
Tamén é importante para Enrique o apoio do seu pai de do seu mestre.

Este libro é unha "tradición familiar" por parte materna, pois todos os membros da familia o leron (e case todos máis dunha vez) e decidiron pasalo de pais a fillos.
Sen dúbida, é a clase de libro que recomendaría para todos os públicos. Pero sobre todo para lectores xuvenís.

Datos:
Título: Corazón
Autor:  Edmundo de Amicis
Editorial: (no)
Calificación: 5/5
Clasificación:





miércoles, 29 de agosto de 2012

Contos de amor victorianos




















RESEÑA E OPINIÓN PERSOAL

"Cuentos de amor victorianos" é unha recopilación de historias curtas de amor de autores da época victoriana británica.
A maioría dos autores son moi coñecidos; contamos con vintedous autores, entre os cales figuran uns románticos Oscar Wilde, Mary Shelley, Charles Dickens ou Stevenson, pero tamén inclúe unha serie de relatos inéditos en castelán e autores menos coñecidos, desgraciadamente, no país.

Historias románticas que non poden deixar indiferente a ninguén, e que fará delicias dos letores máis exixentes.
As narracións breves tratan dunha época de florecemento cultural e social, que destaca polo seu romanticismo clásico.
Unha época na que a literatura comeza a estar ao alcance das clases medias, polo tanto, favorece á propagación da mesma.
Os relatos cóntanse dunha maneira moi pulcra e tamén levadeira, garda distancias co pasteloso e co esaxerado, pero de todos modos fainos rir igual que chorar.

Datos:
Título: Contos de amor victorianos
Autor(es):
Mary Shelley - La prueba de amor.
Elizabeth Gaskell - Por fin se hace justicia.
William M. Thackeray - La mujer de Dennis Haggarty.
Charles Dickens - El auxiliar de la parroquia.
Anthony Trollope - La cueva de Malacha.
Wilkie Collins - ¿Quién mató a Zebedee?
Thomas Hardy - El veto del hijo.
Henry James - Un día único.
Robert Louis Stevenson - La puerta del señor de Malétrait.
Oscar Wilde - La esfinge sin secreto.
George Gissing - El padre escrupuloso.
Joseph Conrad - Amyhóster.
E. Nesbit - La boda de John Charrington.
Arthur Conan Doyle - El matrimonio del Brigadier.
Henry Harland - La flor del membrillo.
Rudyard Kipling - Georgie Porgie.
H.G. Wells - El corazón de la señorita Winchelsea.
Ernest Dowson - El estatuto de las limitaciones.
John Galsworthy - Un asunto de otro tiempo.
Charlotte Mew - Algunas formas de amar.
Hubert Crackanthorpe - El cortejo de Anthony Garstin.
D.H. Lawrence - La hija del tratante de caballos.


Editorial: Debolsillo.
Calificación: 5/5
Clasificación: Romántico.




martes, 28 de agosto de 2012

Cancións para Paula

 

RESEÑA

Paula, unha adolescente de case 17 anos, coñece Anxo por Internet.
El ten 22 anos, pero a diferenza de idade non é unha barreira para ambos os dous. Dous meses despois de coñecerse e falar con frecuencia, deciden coñecerse en persoa, pero o oficio de xornalista de Anxo dificúltalle chegar antes, polo tanto, Paula entra nun Starbucks e espera alí a Anxo mentres le un libro de Moccia.
Casualmente, coñece a Álex, un rapaz da mesma idade de Anxo, curiosamente, que está a ler o mesmo libro que Paula, curiosamente tamén.
Tamén está Mario, un vello amigo de Paula que a quere máis que como unha amiga, curiosamente...
O resto é predicible, verdade?



OPINIÓN PERSOAL

Que hai que dicir?
Un libro romántico típico, pasteloso, predicible e insípido. Todos os ingredientes para que un verdadeiro libromaníaco se de conta de que se trata, nin máis nin menos, dun puro libro comercial.
É meritorio que o seu autor, alcumado "Blue Jeans", lograse que a súa novela saltase de Internet ao papel, pero en todo caso... a novela consegue enganchar o lector grazas a un método moi eficaz; introducir o que acontecerá no seguinte capítulo ao final do anterior, o cal deixa intrigado e obriga a continuar lendo para descubrir que é o que sucederá despois. Pero o que é a escrita, sinceramente, calquera persoa que  lera verdadeiras xoias literarias daríase conta doadamente de que non hai talento literario.
Trátase dunha obra tan sumamente comercial que todo canto hai é bastante publicitario, poñendo por caso o típico Starbucks, o cal aparece en varios momentos do libro, e unha cadea de restaurantes mundialmente coñecida.

En resumo; unha auténtica xoia da novela romántica para os (ou debería dicir as) adolescentes, pero unha labazada na cara para aqueles escritores que non inclúen este tipo de amor tan estoxadizo, aínda que puidese supoñerlles un éxito de vendas inalcanzable, como neste caso.

Datos:
Título: Cancións para Paula
Autor: Blue Jeans
Cualificación: 2/5
Clasificación: Romántico.
Editorial: Everest



viernes, 3 de agosto de 2012

El enredo de la bolsa y la vida


Eduardo Mendoza vólvenos sorprender cunha fantasiosa aventura cargada de enredos e intrigas...
Un misterio que deberá resolver de novo o detective anónimo máis tolo, o cal rexenta unha digna perruquería de señoras.
Toda a narración estará contada dunha maneira tan sutil, pero as situacións serán a miúdo tan inverosímiles que será imposible non soltar algunha gargallada.





RESEÑA  E OPINIÓN PERSOAL
En tempos de crise, o "Tocador de señoras" non resulta un negocio demasiado froitoso, e, un día, o noso detective encóntrase de novo con Rómulo o guapo, (co cal compartiu prisión no manicomio) o cal lle conta os seus tráxicos intentos de atracar un banco e a súa vida sen demasiada acción, o cal vota de menos, así que propón ao protagonista o golpe definitivo para ambos.
Despois de que se negase, deciden separarse, e pouco despois, Rómulo desaparece misteriosamente...
Nesta novela mézclase a comedia da vida miserenta das personaxes e as peripecias que deciden cometer, dando así unha trama impredecible e incríble, misteriosa e absurda; todo isto dá lugar a unha combinación cargada de ironía con sutileza ambientados nun <<País pobre e cutre.>>, alias España.
O noso detective contará coa inestimable axuda dunha serie de compañeiros dignos, aínda que miserables: "El Juli", a audaz "Quesito", "La Moski", que pertenceu ás xuventudes estalinistas, o pizzeiro sen fortuna "Manhelic", o tacaño señor Armengol, "Pollo Morgan" e o swami, os cales veranse envoltos nun caso cheo de situacións sen sentido e incríbles e liosas historias a man do detective anónimo como director da investigación...

DATOS
Título: El enredo de la bolsa y la vida
Autor: Eduardo Mendoza
Editorial: Seix Barral.
Calificación: 5/5.
Clasifiación: misterio, comedia.






domingo, 18 de diciembre de 2011

Libro das alquimias

Este máxico libro poderá amosar o segredo que gardan os libros da biblioteca máis marabillosa do mundo aos máis xóvenes. Unicamente é necesario tratalo con cariño, porque como descubriredes grazas a esta trepidante aventura, os libros cobran vida.

O protagonista da historia é un neno do que descoñecemos o seu nome.
De todos modos, isto non altera o curso da novela, así que aí vai a sinobse:
O neno presenciará a chegada dunha estraña personaxe ao seu edificio, que levantará as máis incribles sospeitas entre a veciñanza.
A personaxe é un misterioso vello que vai dun lado a outro cargando sospeitosos e voluminosos vultos nun carro de cadros escoceses, que posteriormente descubrirá que son libros.

O rapaz síntese tentado de descubrir o estravagante mundo que hai dentro do baixo do edificio, ata que un día decide entrar e averigualo por el mesmo.
E descubre libros, libros e máis libros.
Moreas deles apilados en columnas e estantes, torres e piares... E tamén descubre que todos e cada un deles posuían vida propia.
Mesmo un pequeno tomo lle colle cariño, pero a metáfora que nos ensina é que aínda que sexa pequeno, garda unha grande historia...
Poderá derrotar o noso protagonista? Poderá facerse coa confianza do vello? Poderá descubrir máis segredos que aqueles máxicos libros gardan no seu interior? Maxia provinte da mesma biblioteca de Alexandría.
Porque é sinxelo descubrir os segredos dos libros, só cómpre tratalos con agarimo, pois están, aínda que non o pareza, vivos.

Datos:
Título: Libro das alquimias
Autor: Xesús Constela Doce
Editorial: Galaxia
Calificación: ****.4/5.

Clasificación: Fantástico.


domingo, 9 de octubre de 2011

La evolución de Calpurnia Tate



Verán de 1899.
Calpurnia é  la única nena de sete irmáns dunha gran familia: os Tate.
Famosos en Texas polo seu negocio doalgodón; viven a súa nai, o seu pai, ela, os seus irmáns Jim Bowie, Sul Ross, Travis, Sam Houston, Lamar e Harry e, por último, o seu avó, nunha mansión no campo.
Calpurnia, ata aquel momento, nunca establecera unha relación demasiado estreita co seu avó. É posible, segundo ela pensa, que nin sequera soubese o seu nome; ou polo menos non demostra interesarse por ela nin os seus irmáns. O único que lle importaba era a ciencia e a naturaleza.

No caloroso verán de 1899, Calpurnia, un día, dase conta de que o mundo de la ciencia lle interesa máis que esas clases de bordado que tanto aborrece, a práctica de piano da señorita Brown ou aprender a cociñar.
A miúdo, escapa ata o río para nadar un chisco, aclarar as ideas... e descubrir un mundo novo.
O seu avó, Walter Tate, axudaralle a saber un pouco máis da taxonomía, descubrir plantas e insectos novos e que as mulleres, o contrario do que naquel momento pensaban, servían para algo máis que cociñar ou texer calcetíns de inverno. Que moitas mulleres saían a arriscadas expedicións, algunhas descubrían novas especies de animais e outras chegan a conseguir títulos de científicas.
Sen embargo, resulta difícil conseguir o seu soño cando é necesario que, con doce anos, unha nena aprenda a cociñar, bordar e gardar a compostura para que nun futuro se convirta nunha proveitosa ama de casa.
Sen embargo, o seu soño non é encerrarse nunha cociña para sempre.
A Calpurnia Virginia Tate gústalle facer mezclas co alcohol das pacanas que elabora o seu avó, observar a evolución dos seres vivos e descubrir cousas que nunca imaxinara. O seu maior soño é ser unha científica amante da natureza, como o seu avó e loitar contra o propotipo de muller ama de casa. E nada podería impedirllo.

Datos:
Título: La evolución de Calpurnia Tate
Autor(a): Jackeline Kelly
Editorial: Roca Editorial.
Calificación: *****.5/5.
Clasificación: Xuvenil.








miércoles, 21 de septiembre de 2011

Tardes con Margueritte

Ola, Libromaníacos. Perdón, como sempre, por non poñer demasiadas entradas, de todos modos xa vos contei que non dispoño de demasiado tempo, pero agardo que non pensedes que están abandonados...
Ben, hoxe, á fin, gustaríame incluír no Blog esta reseña que hai taaaanto, taaanto que prometín.
Acabeino hai días, pero xa dixen que o tempo... non dá para máis.
En fin, que aínda que veña tarde, a promesa está cumplida, non si? De todo corazón espero que vos guste.

Hai veces na vida en que os acontecementos suceden por propia inercia, outras porque xa estaba escrito no destino, e outras, por pura casualidade.
A derradeira destas opcións é a que nos indica o que lle pasa a Germain, o noso protagonista.
Esta é unha historia estraña e sincera, na que un home na mediana idade conta as súas vivenzas en primeira persoa.
Germain é despreocupado, é odiado pola súa nai (ou alo menos iso é o que el pensa) e ten algunhas afeccións un tanto... distintas. Por exemplo, contar pombas no parque ou escribir o seu nome no monumento aos caídos.
Polo tanto, é un chisco estraño que a unha persoa como a el lle suceda algo como o que lle pasou.
Un día, no parque, encontra a unha delicada e coitada anciá sentada nun banco. Entón. coñécense e, para sorpresa de Germain, resulta ser unha velliña encantadora e cun pasado moi interesante.
Case sen decatarse, Margueritte abriralle as portas dun mundo completamente novo, cheo de historias feitas de palabras e papel.
Tamén Margueritte lle brindará a oportunidade de cambiar un pouco, de sentir un pouco máis de respecto hacia os odiados, a comprender que é posible o que nos plantexemos, unicamente hai que querelo de verdade.
Finalmente, é preciso que dé resultado, e que Germain viva unha experiencia que nunca vivira, e aprenderá que os prexuízos nunca son bos. É posible que, nun futuro, iso permita que o propio Germain axude aos demais no seu tempo, como Margueritte fixera con el.

Datos:
Título: Tardes con Margueritte
Autora: Marie-Sabine Rogers
Editorial: Editorial Galaxia.
Clasificación: Comedia
Calificación: ***. 3/5.



sábado, 6 de agosto de 2011

Lo que no sabemos

Ola, Libromaníacos, xa sei que pensaredes que estou tola, porque acabei onte o "Diario de Ana Frank", pero deume tempo a ler este outro libro.
Preguntarédesvos como, outros diredes que simplemente, son unha "Libromaníaca", e outro pequeno grupo diredes que é arte de maxia, e eu contéstovos a todos que, simplemente, me encanta ler, e que ademais este libro é fácil, curto e sinxelo para ler nunha tarde, inclusive (aqueles que teñan poderes supersónicos).
Como quero intentar ler máis de tres libros este verán, aquí vos deixo a reseña.

En 1996, Rodrigo Muñoz Avia conseguiu o premio de narrativa do ano en Jaén con este título "Lo que no sabemos".
Alberto é un profesor novo e aínda inexperto que se ve ante a obriga de dirixir unha clase de tolos, 3º C.
Un neno bailando na mesa, un grupo de alumnos charlando, outros levantados, alumnos berrando... e o profesor sen darse conta de tal revóo.
É Nicolás, o de relixión.
Alberto entra no centro como substituto do profesor de filisofía que, uns días antes de comezar as clases nese curso, anunciou ó profesorado que se retiraba das clases.
É difícil levar a cabo unha clase desatendida e con rapaces que non están afeitos a atender, e moito menos a portarse correctamente nunha aula.
Alberto, no seu primeiro día como profesor, leva a aula con (medianamente) normalidade.
Algo interesante na historia é que hai partes na que alumnos e Alberto nos explican sucesos, pero a novela está contada en terceira persoa.


Daniel Parker, o alumno de 3º C máis conflictivo, por dicilo dalgún modo, meterase nun lío e será expulsado, e ata Alberto e os demais alumnos da clase deberán facer todo os que estea nas súas mans para axudalo e que o readmitan no centro.
Que sucederá? E sobre todo, que sucederá con Alberto?

OPINIÓN PERSOAL
É un libro bon, pero ao que lle falta algo... non sei o que, algo.
Quizais un chisco de emoción, unha pouca de viveza... algo.
O que é a temática do libro recolle moi ben a esencia "fundamentalizada" do que é o comezo dun novo traballo, sendo novo e sen rumbo fixado e sobre todo se se ten en conta o difícil da cuestión do ensino, os alumnos non sempre moi dispostos e as múltiples riñas ou queixas por parte doutros.

Datos
Título:  Lo que no sabemos
Autor: Rodrigo Muñoz Avia
Editorial: Alfaguara
Calificación: ***.3/5.
Clasificación: Drama.


jueves, 28 de julio de 2011

Nova reseña en breve

Ola, Libromaníacos.
Só quería dicirvos que xa estou rematando o "Diario de Ana Frank", polo tanto que cedo farei a reseña, estade atentos!
Moitas grazas:
Libromaníaca.

martes, 12 de julio de 2011

Diario en un campo de barro

Nushi ten toda unha vida por diante, pero a guerra e a expulsión do pobo saharaui do seu territorio acaban por obrigala a marchar a España durante un tempo cunha familia de acollida, escapando así dos tempos de guerra que aterrorizan  ás familias do Sáhara.
Dende o seu regreso á súa terra, Nushi escribe un diario relatando as súas vivenzas e a súa vida nun campo de refuxiados.
Como posteriormente enviará ese diario á familia coa que estivo durante a súa estancia en España, diríxese a el comezando por "Queridos padres de papel", posto que para ela, os pais de acollida eran como uns segundos pais.
Cando volve, cunha ilusión indescriptible que podemos presentir a partir das palabras que escribe no "diario", leva un chasco.
Os seus pais falan menos con ela, e o seu pai ten a diario expresión triste e desesperada, e o seu irmán maior non lle fala.
O seu irmán máis vello, de tres que son, está desaparecido.
O "Campo de barro" fai referencia ó campo de refuxiados no que está obrigada a vivir coa súa familia.
Os rapaces do campo de refuxiados evítanna, porque senten como se en realidade a protagonista non vivise o mesmo que eles, a pobreza, a tristeza, a desesperación, a fame... a dor da guerra, presenciar a morte en todas as esquinas e recunchos, saber que alguén morre cada segundo, que a morte te sigue e pode acabar contigo calqueira día, a calqueira hora, calqueira segundo. Só consigue unha amiga, pero nen sequera a súa familia lle fai caso... Que sucederá co seu irmán? Conseguirán solución ao pobo saharaui? A súa familia estará unida de novo?

OPINIÓN PERSOAL
Antes de nada gustaríame aclarar que me estou volvendo un tanto relamida e que os meus gustos están comezando a ser "ou así ou asá", é dicir, que ultimamente me convirto un pouco... en demasiado... esixente?
Non sei como explicalo, pero as miñas calificacións son un tanto  rigurosas e escuetas.
É unha historia bonita, certa, realista; na que podes sorrir (nunca rir) e chorar, na que podes alegrarte dun acontecemento, pero continuar apenado, pero, aínda que é preciosa...
Sinto dicir que me sabe a típico: Unha nena, un diario, unha vida catastrófica, guerra. Case todo o sucedido na historia forma parte dunha trama que é posible de imaxinar e que se pode pensar que é improvisada pola marcha, ou que xa estaba no propio esquema da novela, hai cousas que poden ser Alfa ou Beta, polos opostos, ou si ou non, con algunha que outra sorpresa.
Datos:
Título: Diario en un campo de barro
Autor: Ricardo Gómez
Editorial: Edelvives.
Calificación: ***.3/5.
Clasificación: ¿?

jueves, 19 de mayo de 2011

Crónica de una muerte anunciada

Ola, Libromaníacos. Hai tanto que non escribo... e é que tiven moitos exames e por iso andiven estudando todo este tempo, e agora que o tempo de estudo deu os seus foritos (hi, hi, hi, como era sabido), pero ao fin atopei un anaquiño da miña axetreada axenda (LOL) para escribir no meu tempo de lecer esta reseña, coma sempre improvisada segundo a marcha, que escribín con todo o meu cariño :) Agardo que vos guste e sexa tan boa que se mereza os vosos prezados comentarios:


Santiago Nasar será friamente asasinado a mans dos irmáns Vicario, Pedro e Pablo, que por cuestións de honra deciden cometer semellante feito necio e temeroso.
O que nos mantén dende a primeira páxina ata a derradeira coa intriga é, sen dúbida, o feito de que todos os habitantes da localidade, mesmo os seus amigos íntimos ou veciños, soubesen que ían cometer un crime, e ademais ían matalo a el, e a sangue frío.
Por que ninguén advertiu a Santiago Nasar que os irmáns Vicario o buscaban para matalo?
O protagonista [do que non sabemos sequera o nome, só que é o curmán de Ágela Vicario, que culpa a Santiago Nasar de deshonrar á súa familia, e é irmá dos xémeos Vicario, que cometerán o crime, e a partir de aí comeza a trama "exhuberante" da historia] conta dende o día da boda de Ángela Vicario ata a morte da víctima todo o que foi sucedendo nunha crónica que recopilou grazas á escasa información dos presentes na localidade e a partir da cal irá establecendo a crónica.
É interesante a forma de mesturar pasado con presente do narrador, que nos conta como sucedeu todo e o que explican as persoas da vila perdida do Caribe na que de deenvolve a historia.
Como os inocentes irmáns Vicario puideron matar a Santiago Nasar ante a porta da súa propia casa?
Como podían estar seguros de que fora Santiago Nasar o que realmente deshonrara á súa familia?
E o máis importante... como ninguén alertou a Santiago Nasar de que pretendían matalo?
E é que por un xogo de azar e coincidencias, todos aqueles que sabían que Santiago Nasar ía ser asasinado pensaron que el xa estaba advertido...

Pero como puido haber tal confusión?


OPINIÓN PERSOAL
Ler a un Premo Nobel de Literatura resulta incríble, porque no que parece unha obra sinxela e que non conteña demasiadas descricións de personaxes ou que simplemente comprobemos que apenas conta cen páxinas, pero enrealidade, pese a que  pareza tan sinxela, esconde esforzo, tempo e horas fronte un papel con cara de frustración, aínda que algúns escritores teñan unha facilidade innata, un don prestixioso para a escrita, como Gabriel García Márquez. E deste xeito paréceme que pode un autor ou unha autora enorgullecerse de verdade cando lle é concedido este premio, este galardón perdilecto para moitos, que unha obra que pareza tan sinxela conteña un potencial incríble, e que seguramente que como é para calqueira escritor ou escritora (inclúome a min mesma) escribir unha historia, é un pracer lela para calqueira lector(a) estimado(a).


Datos:
Título: Crónica de una muerte anunciada
Autor(a): Gabriel García Márquez
Editorial: Debols!llo
Clasificación: Drama/ misterio {¿? Se creses que non é así, por favor, envía un e-mail, pois eu tampouco estou segura, non dubides en consultalo}
Calificación: ****.4/5.

NOTA explicativa, POSDATA:
Quero aclarar, para todos aqueles que queden asombrados coa miña calficación, que as miñas calificacións dos libros que leo son completamente persoais, e que aínda que non sexa o meu escritor preferido, ou simplemente non me guste demasiado este libro, non son quén de xulgar a un Premio Nobel, é unha opinión totalmente PERSOAL e que non rectifico, pero pode que cos anos cambie de opinión respecto á literatura e ao meu gusto literario, que supoño que con corenta anos será diferente co de agora... pero podedes ter todos opinións distintas á miña.



viernes, 6 de mayo de 2011

Rebeldes

Ola, Libromaníacos. Hai moito que non escribo, pero é que tiven moitos exames...
Levo moito tempo intentando colgar esta reseña, agardo que sexa do voso agrado:

Ponyboy é un rapaz risoño, intelixente e afable con todos, o único inconvinte para el é que é un Greaser.Os Greasers son os habitantes do East Side de Nova Iork, ou, mellor dito, a clase baixa.
Teñen que protexer o seu territorio dos ricos do West Side, os Socs, e soportar as súas mofas e insultos.
Pero todo cambia o día no que os Socs agreden a Pony, e Soda, Darry (os seus dous irmáns maiores) e Two-Bit Matthew, o máis vello da panda, axúdanno.
Esa noite, tras coñecer no cine a Cherry, a única Soc que pretende axudar aos Greasers, Pony e Jonhy enfrontaranse á que será a maior pelexa das súas vidas...
Por que a vida é tan dura? Por que debes escapar cando todo foi por defender a un amigo?
Por que?

Este poema recítallo Pony a Jonhy cando  están fuxindo:

  Da natureza o primeiro verde é ouro, 
 o seu matiz máis difícil de asir;
 a súa máis temperá folla é flor, 
 pero por unha hora tan só.
 Despois a folla e folla queda. 
 Así se abate o Edén de tristeza. 
 así se some no día o amencer. 
 Nada dourado pode permanecer.




Este é un poema que non logran comprender, ata un tempo despois.
Cando Jonhy e Ponyboy escapan porque pensan que son asasinos e fuxitivos, salvan heroicamente a uns nenos nun incendio dunha igrexa. O mesmo lugar onde se refuxiaran horas antes.
Eles son heroes, eles son boas persoas, pero, aínda que non o merecía, Jonhy sofre graves queimaduras, e debe ingresar con urxencia no hospital.

Días despois morre, pero antes, di unhas últimas palabras a Ponyboy. Palabras que comprendeu grazas ao poema de Pony:
"Segue sendo dourado, Ponyboy. Segue sendo dourado..."


Datos:
Título:Rebeldes
Auotor(a): Susan E. Hinton
Editorial: ALFAGUARA
Clasificación: Aventuras, drama.
Calificación:



                                                      

sábado, 12 de marzo de 2011

La mecánica del corazón

"Primero, no toques las agujas de tu corazón.
Segundo, domina tu cólera.
Tercero y más importante,
no te enamores jamás de los jamases.
Si no cumples estas normas, la gran aguja del reloj de tu corazón traspasará tu piel, tus huesos se fracturarán y la mecánica del corazón se estropeará de nuevo."


O día máis frío da historia. Nace un neno, Jack.
Pero hai un problema:
Para que sobreviva ao frío a doutora Madeleine debe cambiar o seu corazón por un que consigue crear gracias a un diminuto reloxo de cuco, que se conecta a todas e cada unha das súas arterias (difícilmente) para conseguir que o pequeno viva.
  A súa nai desaparece, e o neno desmparado crece coa súa nai adoptiva, a doutora Madeleine, quén decide non quitar o seu "corazón de mentira" porque así, probablemente, o neno que irá crecendo con ela dependerá dela, e deste modo non a deixará soa. Nunca. 
¿Ou tal vez si? 
Todo cambia o día no que el que cumpre  dez años. O día no que, por primera vez, Madeleine
permite a Jack baixar á cidade, pero iso terá as súas consecuencias. 
O corazón de Jack acelérase en canto ve a unha pequena cantante facendo vibrar as rúas coa súa alegría. Cae mentres baila e canta por non levar as gafas, e Jack axúdaa.
Entonces, aí comeza todo: 
Ela marcha, Jack asusta co estridente tic-tac do seu  falso corazón. [...]
Pasan catro terribles anos nos que Jack fai o posible por encontrar ao seu amor platónico perdido. Pero nada.Ata que se decide a ir á escola e alí descubre que a pequena cantante estudaba no colexio, pero fórase... E Jack decide ir  buscala a Granada; e alí transcurre o resto da historia.

 
                                               *** 


¿Conseguirá Jack encontrar a su  amada?, si es así, ¿acabará feliz o trágicamente?
Descúbrelo leyendo el apasionante liboro de Mathias Malzyeu.



Opinión persoal: 
 Para o meu gusto non é o meu estilo.
É un libro extravagante, que a medida que o les podes imaxinar as escenas tétricas ao estilo Tim Burton, como unha película de bonecos de "La novia Cadáver" ou "Pesadilla antes de Navidad".
 O final é decepcionante, só o usan para que se compre a segunda parte. 
En definitiva, a historia é preciosa e tiene bo argumento, pero non compensa.

Datos:
Título: La mecánica del corazón (dúas partes)
Autor (a): Mathias M.
Editorial:  Destino
Calificación: ***
Clasificación: Novela Romántica
































































viernes, 4 de febrero de 2011

Reckless

© Creative Commons, Libromaníaca

Mentira. A palabra que mellor define Reckless é mentira.
Contos sen "viviron felices e comeron perdices", historias como a da Bela durminte, na que un príncipe morreu ao intentar rescatar á súa adorada princesa e na que o reino enteiro morreu sumido no mundo dos soños e cubertos por espiñas de rosas.

Jacob leva buscando ao seu pai dende o momento no que desapareceu misteriosamente.
Nun momento determinado descubre un enigmático espello no despacho do seu pai, que tantas veces visitaba para deleitarse contemplando maquetas de avionetas e material dos seus proxectos.
 Ese espello levarao de forma instantánea a un maravilloso mundo no que os contos non teñen final feliz, no que as fadas resultan ser malas, no que as bruxas poden comer a nenos como en Hansel e Grettel ou simplemente curar a persoas que o necesiten.
Un mundo no que ananos, duendes, fadas, elfos... e Goyls. Os humanos coa carne de pedra. Os humanos co corazón que derrama sangue branquecino. E que non reñen compasión.
Pero cando o seu irmán Will o segue e entra no mundo involuntariamente todo cambia. Hentzau ¿quén será? ¿por que mandan tantas indirectas DEMASIADO directas de que nel encontran a mirada do seu pai? ¿por que non o din directamente? (á verdade é que xa está claro) e o rei dos Goyl irán tras eles, xa que A Fada Escura maldí a Will convirtindo así a súa carne branda en pedra.
 Pero non só iso: moitas catástrofes, como na boda da filla da emperatriz humana, centos de mortos, os que non morreron polos ataques humanos, por culpa das polillas terribles da Fada Escura.
¿Quen sabe?... pode que Jacob consiga recuperar ao seu irmán: ao seu VERDADEIRO irmán, secuestrado polos Goyl e sen a súa pel verdadeira. Nas entrañas da terra en Vena, a capital dos Goyl.
A desaparición do seu pai, a morte da súa nai, a traxedia que sufre Will... Zorro, Clara, A Fada Escura, A Fada Vermella, todo se mezcla. Pero, como dicía, nunca se sabe... ¿ou pode que si, Jacob?
  

*  *  *
OPINIÓN PERSOAL
Reckless é un libro apaixoante. Non é o que esperaba ao tratarse dun libro de Cornelia Funke. Aínda que os seus libros teñen unha certa semellanza (poñamos por caso o pai ou nai desaparecidos) é debidamente... distinto ao que imaxinaba.
Pero inconvintes... algúns, si: coma demasiados puntos e seguidos, e "Non, Jacob" ou frases coma "Claro, Jacob" e outras cousas... É moi lioso, todo o tempo resulta demasiado rápido, un ritmo apaixoante pero cansinamente RÁPIDO, os comentarios maravillosos, pero descricións paupérrimas (non fun capaz de imaxinar practicamente nen unha soa personaxe), e por que?

Datos:
Título:Reckless. Carne de piedra
Autor(a):Cornelia C. Funke
Editorial:Siruela.
Clasificación:Aventuras fantásticas (e un toque romántico)
Calificación:
  









A continuación déixovos a vídeo-sinobse do libro, está en castelán pero merece a pena.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...