Mostrando entradas con la etiqueta Unha nova.... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Unha nova.... Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de diciembre de 2010

Feliz Noiteboa a todos!

© Creative Commons, Libromaníaca
Quérovos desexar unha feliz Noiteboa a todos os seguidores e lectores de Un mundo de papel e tinta.
Que Papá Noel, se vai á vosa casa, vos regale moitos libros.



Unha aperta che de ledicia: Libromaníaca.

viernes, 22 de octubre de 2010

Nada de concursos!!!

Ola de novo, quería anunciar simplemente que volvo suspender o concurso, esta vez o de deseño de marcapáxnas co tema do teu libro preferido.O prazo de envío de marcapáx. rematou o martes ou o mércores, non lembro, e, posto que non recibín ningún boceto (sei que o concurso era pouco apetecible).
E de momento creo que vou parar unha temporada de facer concursos porque a min cústame traballo atender o meu e-mail, publicar entradas informando deles e recibir algúns relatos, porque aínda enriba case non hai : (
Ademais, teño pouco tempo que adicar ao meu Blog, do pouco tempo libre que teño á semana, so ás fins de semana, adico un 40% aproximadamente ao meu Blog sen recibir novas.
En fin, queda  suspendido o concurso, grazas por estar aí.

lunes, 11 de octubre de 2010

District 9

Xa que ás veces se fan películas a partir de libros, por qué non se poden facer libros a partir de películas.
District 9 é oficialmente a miña película preferida, pois convida a reflexionar sobre  qué fariamos se unha nova especie extraterrestre viñese á Terra.E non malévolos seres que pretenden apoderarse da Terra, como moitos plantexan, senón se unha colosal nave quedase suspendida sobre o ceo de Johanesburgo e, ó entrar, descubrisen que a estraña especie está desnutrida e enferma.

Os humanos na película trátannos como animais e os meten en Distritos, como sucedeu con Hitler no holocausto dos Nazis, que mataran a centos de miles de xudíos e os meteran en campos de concentración.En realidade, o distrito non é exactamente un campo de concentración, pero é un terrible lugar onde están encerrados os "Bichos", como eles os chaman.Wikus, quén sempre foi despectivo cos alieníxenas, dáse conta de que_por un líquido que fabricaran un pai e un fillo extraterrestres cun amigo eses 20 anos nos que estiveran alí_ está comezando a convertirse nun deles.
Así os comprenderá e vivirá como poida fuxindo da súa propia organización.

E o incríble é que na pleícula contan como, sen máis, atrapamos aos extraterrestres e non lles dámos tempo nen a pensar en se son intelixentes, e o peor de todo é a crueldade coa que os tratan, como seres miserentos.
Ata a organización de Wikus os engana para que firmen nun maldito papel e os leven a <> que en realidade é, como antes apuntaba, un campo de concentración.Wikus, durante a súa metamorfose, esperimenta o que é ser un deles, pero obríganno a destruír cousas e inclusive a matar aos coitados alieníxenas para teren menos cos que acabar.

Pero demostran ser máis intelixentes do que parecen, e aínda o final está por descubrir. 

Parte da película é un documental (por suposto, fictíceo, da mesma película) no que o mesmo Wikus, encargado da investigación, destroza só para deleitar aos espectadores, ovos de extraterrestres.

OPINIÓN PERSOAL
É unha película moi emotiva e que explica, desbordando imaxinación que podería en calqueira momento ser realidade, como podemos chegar a ser tan inxenuos que non nos percatamos dos erros que cometemos, e esta película narra un enorme erro, un dos maiores, ou pode que o maior erro da historia.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...