martes, 31 de agosto de 2010

Isla de escritores


"Isla de escritores" é un Blog que fala sobre a lectura e recomenda libros
coma este.Gustaríame recomendárvolo, é guai!!!Algún dos libros que recomenda creo que xa o busquei nas biblio municipal (aínda que non houbo sorte)e sempre que non esté "fresca" ara decidir que libros ler podo consultar no Blog.A súa dirección é esta:http://www.isladeescritores.blogspot.com.
Por certo, estou lendo "El hobbit", a primeira parte de "El señor de los anillos", de John R. R. Tolkien.Paréceme realmente divertido,írónico e emocionante, sobre todo cando (só estou na páxina 69) aparece unha criatura viscosa que vivía no escuro lago subterráneo da cova do país dos trasgos , como definía máis ou menos Tolkien a Gollum, o que me emocionou cando lin esa parte.Atemorizado, posteriormente Bilbo (o hobbit) debe xogar a súa vida dicindo acertixos con el.Tamén pareceume realmente bonito cando Bilbo atopa o anel, que aínda non sabe que cambiaría a súa vida.Téño que contarvos algún párrafo do libro porque merece a pena lelo, de verdade.Cando atope máis cousas curiosas e interesantes do libro contaréivolas, non todos coñecen o libro, senón máis o desenlace do "Señor dos aneis".
Dito isto e adiantando que un día escribirei uns dos libros cós que gañei varios premios déixovos, ata outra!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...