viernes, 10 de septiembre de 2010

Catro amigos... e medio

"Catro amigos y medio" mostra a unión de catro amigos e un canciñon maltratado que atopan na rúa, ao que acollen e descubren o mal que debían tratalo, porque lle faltaba un bó anaco de orella, por iso, os catro da compañía de "detectives" "Charlie & Company" suman unha metade de persoa, o quinto amigo que será medio.

O primeiro tomo, "El caso de la profesora desaparecida", gustoume moito (hai xa un ano ou así que o lin) e o teño abandonado nun mísero rincón da miña poboada estantería, con centos de libros de "Mujercitas", "Fairy Oak", "Corazón de tinta", "Molly Moon", etc.
E é que non teño máis sitio na miña casa para outros libros (temo que me regalen algún hoxe, por unha parte querería un para lelo, claro, pero tamén non sabería onde metelo) porque teño ocupados tres estantes do meu armario e dúas estantería bastante espaciosas, varias veces contei os meus libros e tiña aproximadamente (e non minto) cento oitenta e algo.
Bah, volvamos ao libro, porque comecei con "Charlie & Company" e rematei falando de cantos libros teño na miña casa (sen contar os que o meu pai garda no dúplex, e lin deses uns cantos de Michael Ende).

Eu diría que son libros de misterio combinados nun delicioso cóctail con aventuras e humor, un toque de diversión perfecto.
Recomendo a colección de libros a nenos e nenas por igual de entre oito e dez anos.
Agora a  min fánseme algo infantís, pero aínda lería un se non tivese unha lista de libros que ler.
(Máis tarde dígoa.) Ou agora?
Vale...Son:
-La historia interminable.

-Tríada (Memorias de Idhún.)

-El señor de los anillos.

(Os do señor dos aneis non me convencen moito porque son de un quiliño polo menos, polo tanto aínda non o sei, seguro que é divertido lelos, pero como seguramente que me consumen polo menos un par de meses...)

Ben, volvinme liar, continuemos, por favor:

Charlie, Estefi e Rabanito son os amigos do protagonista, que nos fará pasar anacos de intriga e outros realmente divertidos, en fin, déixovos os datos por se vos apuntades a ler algún:

Datos:
Título:Cuatro amigos y medio (colección)
Autor:Joachim Frederich
Editorial:Edebé
Calificación:****.(4/5)
Clasificación:Aventuras e misterio.

                    OPINIÓN PERSOAL:
"Cuatro amigos y medio" podería dicir que é moi  fantasioso, pero non é así,
é un libro bastante realista que fala de catro rapaciños e un pequeno cachorro
e can que descubren misteriosos acontecementos do seu cole na súa compañía
de "detectives" "Charlie & Company".
Aínda que os seus títulos coma "El caso del bañador de profesor de Mates" non
resulte moi prometedor, valen a pene ler polo menos un.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...