martes, 7 de septiembre de 2010

E aquí está o relato do meu irmán, pero de verdade.Trata, como contara, sobre cruzadas e imperios e creo que merece realmente a pena lelo, e non é so botarlle un vistazo, senón lelo enteiro, porque está bastante ben e eu creo que é interesante, a min polo menos gustoume.

Aquí volo deixo, chámase "A cruz de prata" e é un relato que fala de historia.
Agardo que vos guste:    


                                                A   CRUZ   DE   PRATA :


No ano de 1095, tras varios seculos de grandeza e esplendor, o Imperio Bizantino decae debido as invasións dos turcos musulmáns selyúcidas.
Ao ver ao seu imperio nunha etapa escura, o emperador Alexius I  Conmeno manda un mensaxeiro a Roma onde a a presenza do seu rival relexioso, o Papa Urbano II, máxima autoridade da Igrexa de Occidente.A mensaxe, a de pedir axuda militar de cabaleiros para frenar os avances das tropas selyúcidas no Imperio Romano de Oriente, e expulsalos deses territorios anteriormente bizantinos.
Entón o Papa reflexionou e pensou que aproveitando a ida dos cabaleiros a Anatolia<>.
Así, o Papa Urbano II reuniu aos grandes cabaleiros, entre os máis importantes Godofredo de Bouillón, do Reino de Francia, Eustaquío III de Boloña, do Sacro Imperio Romano Xermano, Roberto II do Reino de Inglaterra e Bohemundo de Tarento, do sur de Italia., coa orde de recuperar os territorios cristianos do Imperio Bizantino, pero, o máis relevante, recuperar "Terra Santa" para a Igrexa Occidental e defender os lugares santos para os cristianos por medio da Guerra Santa ou polo nome máis coñecido, Cruzada.
Entre os cabaleiros e guerreiros da sala, atopábase Adalberto un xoven cabaleiro fillo dun señor feudal normando, pero a diferencia do resto dos presentes el era fillo bastardo que ata ese mesmo ano non sabía quen era seu, e polo tanto, un descoñeciodo  para os demais feudais.Pero sen embargo este non era conciente de que era un dos máis importantes, xa que el portaba un símbolo importante para a cristiandade do momento.
Unha cruz de prata con pedras preciosas incrustadas que recibira xunto cun manuscrito que encontrou xunto a porta da súa morada que dicía que o seu pai era un dos cabaleiros cruzados que ía cara Terra Santa a recuperar os Sitios Cristiáns, e que esa cruz tiña que ser levada a Xerusalén para ser enterrada no sitio do Santo Sepulcro para o ben da cristiandade.
Unha semana despois, como moitos Cruzados, Adalberto xunto os seus guerreiros, partiu rumbo ao porto de Messina,no sur de Italia, lugar de onde os Cruzados partirían cara a Constantinopla.
Ao chegar a Constantinopla Godofredo de Boullón, Eustaquío III, Roberto II e Bohemundo foron ante a presenza do emperador Alexius. O que agradeceu a chegada dos cabaleiros pero que tamén gardaba plans para manter a importancia bizantina no campo de batalla.
Tras falar co emperador os Cruzados, tamén Adalberto partiron a conquistar os territorios musulmáns.
O primeiro baluarte islámico era a cidade de Nedea , a que tomaron pero que anteriormente o exército bizantino acercarouse en barcas por un lago que bañaba o oeste da cidade e pediulle á cidade unha rendición pacífica e así cando chegaran os Cruzados fartos de sangue a cidade non estaría preparada e non poderían decir que xa se renderan, o que tempo despois cheou de rabia aos Exércitos Cruzados.

Mediante esta Cruzada os cruzados chegaron á cidade de Antioquía, no sur da actual Turquía.A que tras un longo asedio os cabaleiros  conquistaron a cidade con Roberto II de Normandía como heroe dándolle morte ao xeneral selyúcida Kilij Arslan.
Meses despois Adalberto e os outros cabaleiros chegaron a ver Xerusalén pero  nun dos  montes que rodeaban a cidade  sufriron unha emboscada  na que morreron varios Cruzados, pero entón Adalberto tivo unha idea e díxolles aos demáis que se retirasen e huísen e que os arqueiros que dase no cumio.As tropas Cruzadas retiráronse o que fixo que o exército islámico o seguisen sen reparar na presenza dos arqueiros por retaguardia e acabar cos máis importantes cabaleiros musulmáns polo tanto os islámicos rendíronse o que permitiu que os cristiáns chegasen a Xerusalen para recuperala e volver a dispoñer dos sitios cristiáns.

Actualmente grazas a manuscritos sábese que esa cruz de prata foi feita séculos antes no século VIII para Carlomagno, coa que segundo eses manuscritos gañou a Batalla de Poitiers, e Adalberto non xa que enterrara xa en Antioquía a cruz.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...