martes, 21 de septiembre de 2010

Fin das Memorias de Idhún

A segunda parte de Memorias de Idhún, Tríada, tal e como dixen en vacacións, linno, pero ata pouco máis da metade, remateino na páxina trescentos e pico ou catrocentas.E por qué, diredes, e é que se me fixo moi pesada e repetitiva a parte na que se separan e Jack e Victoria están no deserto con Kimara e despois volve Christian xunto os dous rapaces.
Sei que cando Shail e Zaisei van xuntos agora con Kimara, tamén, e Alexander e Allegra intentarán vencer dende Vanissar a Ashran o Nigromante, despois volveranse xuntar, e volverá a ser emocionante (agora tamén está ben); pero xa me cansei de ver en máis de cen páxinas o mesmo todo o tempo, sobre todo me aburrían das aventuras de Jack e Victoria.
Aínda así, o libro paréceme que ten moito mérito, pois eu non sería capaz de escribir unha novela tan longa e que sempre sexa interesante e teña o seu punto de emoción.
Pero iso si, aínda que o lin todos os días varias veces, non me enganchaba, non me resultaba tan adictivo como me está parecendo "Los juegos del hambre", o que estou comezando a ler agora, e me parece que trata dun tema que non se me ocorrería facilmente e que me parece moi distinto ao que lin nunca ou son eu capaz de escribir.
Como o describía o Blog de "El creador de sueños", é un libro "adictivo", e dicía el mesmo "matadme por no haberlo leído antes".

Déixovos os datos do libro, de verdade que merece a pena (ou alo menos polo que estou comezando a escribir.)

                              Datos:

Título:Los juegos del hambre (trioloxía)
Autor:Suzane Collins.
Editorial:Molino.
Calificación:*****.5/5.
Clasificación:Intriga e aventuras.

P.D :Non podo dicir exactamente unha calificación correcta, pero guiareime polas opinións e recomendacións de amigas e outros Blogs, ademais de que me parece bo co que estou comezando a ler.

E aquí vos deixo a dirección da Web oficial do libro:
www.losjuegosdelhambre.com
Chao :)

1 comentario:

Libromaníaca dijo...

Grazas por comentar na entrada de 2A nosa dirección", paréceme fantástico que a xente visite o meu Blog, porque ocupa unha ou máis horas do meu tempo libre e para min é como un Hobby.
E gústame que demostredes que visitar o meu Blog vos gusta facendo comentarios nas miñas entradas.
Con moito cariño:Libromaníaca.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...