domingo, 5 de septiembre de 2010

A quinta posta do sol

Xa rematei de escribir "A quinta posta do sol", levo escribíndoa dende o ano pasado e pensaba que xa ía sendo hora de rematala.A historia é unha historia fantástica que narra a vida de Ania, unha orfa dinamarquesa que pasará entrañables aventuras có seu primo Georchzus dende a mansión dos seus tíos Hannohn e Alexis, onde mediante a biblioteca se transportarán ao mundo máxico.
Alí atoparanse co Rei Do Silencio, o príncipe sen nome, o Rei Do Ceo, Alfa, Báclora, Pierre, Espécora, Ínfasia, Lucifer...
Descubrirán o mundo controlado polo Amo Do Fin e deberán loitar contra el na Batalla do Silencio.
Saberán qué é a dor e o sufrimento, a honra e a valentía, a amizade e o coraxe.
Rescatará Ania a Euph, o seu pai, das mans do Amo Do Fin, e conseguirán todos xuntos vencelo para salvar o mundo máxico?

* * *


Intentarei publicalo, a poder ser en Embora.
É a única editorial que coñezo de aquí perto.
Avisareivos cedo, e falareivos sobre outras das miñas historias.
Moitas apertas!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...