sábado, 2 de octubre de 2010

Desenlace

Finalmente, como agardaba co corazón nun puño, Katniss Everdeen, a miña protagonista favorita, gañou os septuaxésimo cuartos Xogos da Fame.
Pero non o fixo ela soa, senón que grazas ás modificacións dos xogos dese ano, puido gañar xunto a Peeta, o neno do pan.
E el foi quen axudou a sobrevivir, pero tamén Katniss o axudou curando as súas profundas feridas.
Ambos compañeiros sobreviviron e volveron ao Distrito 12, a casa, pero non sen antes pasar unha experiencia inolvidable, porque non a moitos se lles presenta a oportunidade de participar nos Xogos da Fame, pero non por iso quero dicir que sexa unha alegría que saquen a papeleta co teu nome da urna no día da colleita.
Este libro me pareceu, sen dúbida, un libro incríblemente apaixoante, que nunca imaxinara que poidese existir unha historia tan adictiva.

E o certo é que, cando o rematei, quedei con ganas de continuar léndoo, e deume pena cando me percatei que tiña que ler algún dos libros que me mandou o meu profesor.Finalmente, escollín o libro de "Diario en un campo de barro", pese que parece triste.
Aínda así creo que pode mandarnos ler o libro de Catherine Nöstlinger, Intercambio con un inglés, como lle mandou ao meu irmán no mesmo curso.

Volvendo ao tema do libro, o que de verdade me apenou foi cando Katniss viste cun manto de flores ao corpo sen vida da pequena Rue, o tributo.Para min foi unha das escenas máis duras e emotivas, porque ao imaxinar a imaxe, aínda que en si non é dura, amosa a súa dureza no contido, quero dicir, a tristeza que provoca é a dureza sentimental que ten a escena.

1 comentario:

OLA dijo...

Gústame Gerónimo Stilton, os libros están moi ben.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...