lunes, 11 de octubre de 2010

District 9

Xa que ás veces se fan películas a partir de libros, por qué non se poden facer libros a partir de películas.
District 9 é oficialmente a miña película preferida, pois convida a reflexionar sobre  qué fariamos se unha nova especie extraterrestre viñese á Terra.E non malévolos seres que pretenden apoderarse da Terra, como moitos plantexan, senón se unha colosal nave quedase suspendida sobre o ceo de Johanesburgo e, ó entrar, descubrisen que a estraña especie está desnutrida e enferma.

Os humanos na película trátannos como animais e os meten en Distritos, como sucedeu con Hitler no holocausto dos Nazis, que mataran a centos de miles de xudíos e os meteran en campos de concentración.En realidade, o distrito non é exactamente un campo de concentración, pero é un terrible lugar onde están encerrados os "Bichos", como eles os chaman.Wikus, quén sempre foi despectivo cos alieníxenas, dáse conta de que_por un líquido que fabricaran un pai e un fillo extraterrestres cun amigo eses 20 anos nos que estiveran alí_ está comezando a convertirse nun deles.
Así os comprenderá e vivirá como poida fuxindo da súa propia organización.

E o incríble é que na pleícula contan como, sen máis, atrapamos aos extraterrestres e non lles dámos tempo nen a pensar en se son intelixentes, e o peor de todo é a crueldade coa que os tratan, como seres miserentos.
Ata a organización de Wikus os engana para que firmen nun maldito papel e os leven a <> que en realidade é, como antes apuntaba, un campo de concentración.Wikus, durante a súa metamorfose, esperimenta o que é ser un deles, pero obríganno a destruír cousas e inclusive a matar aos coitados alieníxenas para teren menos cos que acabar.

Pero demostran ser máis intelixentes do que parecen, e aínda o final está por descubrir. 

Parte da película é un documental (por suposto, fictíceo, da mesma película) no que o mesmo Wikus, encargado da investigación, destroza só para deleitar aos espectadores, ovos de extraterrestres.

OPINIÓN PERSOAL
É unha película moi emotiva e que explica, desbordando imaxinación que podería en calqueira momento ser realidade, como podemos chegar a ser tan inxenuos que non nos percatamos dos erros que cometemos, e esta película narra un enorme erro, un dos maiores, ou pode que o maior erro da historia.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...