martes, 12 de octubre de 2010

I Concurso de deseño de marcapáxinas

A miña amiga I deume unha idea, facer un concurso de debuxo, pero non é exactamente o que me interesa, polo tanto, farei un concurso de deseño de marcapáxinas, simplemente tes que ecanear o teu debuxo para o marcapáxinas, pintar un e fotografialo ou ben pintalo directamente no Paint, despois tes que enviarmo ao meu correo electrónico e publicarei todos.Este posiblemente teña máis participantes que o outro.

Regras básicas do concurso:
  • Despois de facer o teu deseño mediante os métodos que antes describín, envíao ao meu e-mail. 
  •  Unha vez conteste á túa mensaxe, di por qué se che ocorreu ese tema (non é obrigatorio.)
  • Tes que dicir o título do deseño no propio.
  • Hai prazo ata o venres 15.


Sorte a tod@s!


1 comentario:

Anónimo dijo...

Penso que deberías dar uns prazos máis amplos para os concursos .Moitas veces é imposible acudir ao teu blog diariamente,xa sabes que sempre hai traballo,e atopo que non das tempo nin para madurar a idea.Espero que teñas en conta a miña suxestión e que non te moleste.Afectuosamente

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...