jueves, 7 de octubre de 2010

I Concurso de poesía en galego

Ola a todos outra vez, ocorréuseme (o título fala por si mesmo) facer un concurso de poesía porque xa fixen un de narración e creo que a poesía se merece un recuncho no meu Blog, non?

Pois ben, aquí están as normas base do concurso, se as seguides, poderedes participar no I Concurso de Poesía en galego do meu Blog.

  1. Debes escribir unha poesía de entre dez e vinte versos.
  2. Envíaa ao e-mail de Un mundo de papel e tinta.
  3. Escribe o asunto "I Concurso de poesía en galego".
  4. Agarda un ou dous días a que conteste se é válida.
  5. Se resulta seleccionada  como a primeira e única gañadora (pois só haberá un premio)publicareina como a gañadora oficial do concurso e enviarei a felicitación electrónica como pequeno detalle.
  6. Todas as poesías serán publicadas de forma case anónima aínda que non sexan as gañadoras, é dicir, só escribirei, como no anterior concurso, as iniciais do nome.Exemplo: Anxo Martínez Couto-AMC.
       Tendes prazo para enviar as vosas poesías ata o vindeiro venres 15.Deica logo!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que participarei no concurso,parece divertido,ecomo ben dis,a poesía tamén pode ter u recuncho no blog.

Biquiños,e unha aperta.

Libromaníaca dijo...

Claro, I!
Paréceme fantástico que decidises participar despois de que che andivese dándo a vara para que vises o que publiquei no Blog, xa sabes, envía no e-mail a túa poesía :)

Un bico:Libromaníaca ;)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...