domingo, 3 de octubre de 2010

Intercambio cun inglés

Ewald é un rapaz alemán que saca boas notas e ten unha familia absolutamente normal, dentro do que cabe.
Pero a súa nai discute constantemente co seu profesor de inglés para que viaxe a Oxford seis semanas de intercambio como fan no seu colexio.
Finalmente, en vez de ir el a Oxford, un regordecho e moi comilón neno de Londres visitará a familia de Ewald e estará alí unhas semanas.
Seguro que pasarán peripecias dentro do pequeno espazo da casa, o parque e uns grandes almacéns, pero, pese a todo, será moi divertido para o/a lector/a.

OPINIÓN PERSOAL:
Un libro que non me está entusiasmandodemasiado porque, aínda que só vou na páxina 32 e supoño que cando o suposto neno londinense de intercambio chegue á casa de Ewald a cousa cambiará e será bastante divertido, non me parece que teña tanta trama como o que rematei de ler, que é unha xoia (alo menos para min).

Datos:
Título:Intercambio cun inglés
Autor(a):Christine Nöstlinger
Editorial:Camaleón.] Non estou segura da nota porque aínda estou comezando o libro, por iso non fagades demasiado caso á puntuación.Xa darei unha mellor puntuación final.
Calificación:***.3/5.
Clasificación:Aventuras e comedia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Dallle unha oportunidade, que é tanto como deci tempo.Desconfía das lecturas demasiado atractivas desde a primeira páxina.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...