miércoles, 20 de octubre de 2010

Maus

Ola, Libromaníacos, téñovos moi avandonados últimamente, pero é que durante a semana paréceme que non vou poder escribir demasiado...
Estou lendo coa amiga amiga I. Maus, un cómic que narra a historia dun rapaz que pregunta ao seu pai sobre o seu pasado, e cómo coñecera á súa muller.
Dende o punto de vista deste home_que, todo hai que dicilo, é un rato_, tratan de falarnos de tempos de holocausto en Varsovia, a era Nazi e primeiros amores e desamores.

Aínda o estamos comezando, pero sen dúbida promete, de feito, entre os estantes con libros da biblioteca amontoados uns  sobre outros, a cuxas tapas pegadas con celo  caen ou pode que libros moi modernos e de sagas novas escollimos ese, porque estaba algo separado con outros cantos libros cómo cómics de Tintín, debuxos Manga, etc no rincón  reservado para o club de lectura.
De feito paréceme que foi galardoado pola orixinal idea, pois ten un aspecto apetitoso e resulta sinxelo de ler para os xóvenes, e introduce no tema da vida de emigrantes en grandes cidades da modernidade do século XX.
Polo visto, foi unha boa idea coller o libro para non aburrirnos e así podermos ler algo xuntas e á vez comentar despois no Blog o que limos.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...