martes, 9 de noviembre de 2010

Contos de pantasmas

La litera de arriba, F. Marion Crowford, foi un conto dos que lin do libro de contos de pantasmas de Vicens Vives que me gustou, ten un toque de suspense realmente encandilador, por non dicir o ritmo, un ritmo perfecto...
Este conto, entre outros, Rose Rose, por exemplo, teñen unha cualidade, que me resulta indescriptible, pero fai que sexan...adictivos?
Este libro  de escasas páxinas (por iso o rematei en menos de 50 min., contando con numerosas interrupcións) podo recomendalo para xóvenes de arredor dos doce anos, porque ten varias peculiaridades que fan que o libro resulte máis "apetecible":
1ª Conta cunha ampla gama de vocabulario en forma de diccionario, que para xente que non lea moito está ben.
2ª Tamén ten algúns debuxos  "contemporáneos" que fan que os ollos queden expectantes fronte esas endemoniadas pinturas, o que o fai máis terrible.
3ª Ten inclusive actividades ó final do libro (o que resulta un tanto infantil, pese a que trata sobre pantasmas e a idade media que recomendan as reseñas é arredor dos 11, 12...) para practicar o vocabulario aprendido e repasar sobre o que tratan as diferentes historias, recopiladas de maneira bastante interesante.

E con isto creo que basta para que vos fagades unha idea do proposto:escasas sesenta páxinas, fácil lectura, rápido desenvolvemento...Unha razón para lelo:recoméndovolo para aqueles que soñan espertos con historias de mortos vivintes, monstros que imploran clemencia ós pés do mesmo Frankeinstein e moitas outra tolerías endemoñadas que farán unha delicia de lectura e farán pasar horribles pero fermosas tardes ós amantes do terror.
P.D:Quen se apunta a ler Drácula, xa que ven a conto?(conto, nunca mellor dito)


Terroríficamente:Libromaníaca.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...