viernes, 19 de noviembre de 2010

III Certame de Narración

Ola!Teño o pracer de anunciar que haberá un novo concurso, por petición dunha das miñas mellores amigas(A todos aqueles/as desexosos de novas do Blog, dádelle as grazas).
     E se queredes participar, aínda máis!
 Atendede a estas normas básicas para participar:
1ª Debes enviar a túa historia (ver bases) nun prazo determinado dende hoxe, 19 de novembro ata o vindeiro 26, unha semana exacta.Sei que é pouco, pero non terei máis semanas para velos, etc., envíaa ao e-mail unmundodepapeletinta@gmail.com
2ª As bases son que historia pode ter entre 15 liñas e 2 páxinas_referíndonos ás caras desta_ e poden estar ecritas en galego ou castelán, esta última lingua engadinna porque (seino, é xenial) temos seguidores dos confíns destas terras galegas.
3ª Cada relato será publicado no Blog, pero só os premiados aparecerán na entrada gañadora.É dicir, que ao rematar o certame os tres primeiros gañadores poderán ter publicadas as historias na entrada "principal" do concurso, por así dicilo.
O premio (sinto non poder ofrecer nada en metálico ou así, pero un ou dous libros aos gañadores, como podería recompensar, non me deixan enviar, e é certo...bon, síntoo) consistirá en unha e-postal de felicitación aos participantes e quizais algo máis tamén electrónico para os gañadores e un documento coa recopilación de todas as historias e algunha sorpresa por cortesía do meu Blog.

Lembrade isto, e só teño unha cousa que dicir...Sorte!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...