sábado, 20 de noviembre de 2010

Por fin!

Por fin, xa chegou o momento que tanto estiven agardando durante todo este tempo:rematei de correxir algúns erros da miña novela, pero xa podo mandala a unha editorial, desexaría tanto, tanto que a publicasen!
E o meu soño faríase realidade.De momento déixovos un mínimo fragmento da primeira parte do "libro".
Espero que vos entusiasme tanto coma min.Non me gustaría que ninguén o copiase, por favor, ademais cando o publique (espero) terá copyright
así que, pídovolo por favor, tende esta petición en conta.Grazas.

©  PARTE 1 O diario de Ania
  
Un lóstrego fixo que todo calase, resoou co oco procedente da ladeira do lugar onde  se  debruzaba o escuro e tétrico piñeiral ó que todos chamaban “O labirinto do monte de Hewsdensen ”. Corrín co remorso de pánico que garda todo aquel que ten medo e a mala corazonada de que ocorrese algún feito maligno; toda a casa de campo estaba escura, e corrín a apertarme fortemente á avóa e que me quitase os meus medos e malos pensamentos. Ela estaba lendo, sentada de medio lado, tomando té fronte ó vello forno de  pedra da cor do lazo esbrancuxado.  Outro lóstrego, o gato negro e a gatiña grisácea da avóa subiron decontado á cadeira feita de madeiros na que ela  repousaba, e  dixo cóa súa feble e cansa voz:
—Tendes máis medo que Ania... Xa logo vos dou o xantar... —intuíu cun sorriso canso e bondadoso entre dentes.
—Como sabías o que che ía dicir, avoíña?
—Por  que te coñezo dende o teu nacer... e sempre viñas onda min dende meniña coa mesma expresión da cara e coas pernas entrecruzadas cando tiñas  medo... —aperteime a ela canto puiden mentres os gatiños, o negro Dihlo e o gris Sérah,  me trepaban polo cabelo; a avoa bicoume e, posteriormente, levantouse para facer a comida.
Cheiraba que arrecendía; a avoa berroume dende a cociña:
—A comer, Aniaaaa!!!
Acto seguido tusiu fortemente armando un grande estrondo na casa. Eu corrín de inmediato xunto a ela a ver o que acontecía; estaba tumbada no chan, cos ollos pechados e cheos de bágoas; eu púxenme ó seu lado, anicada e chorando por ela. Era a miña avoa, e dende logo que estaba preocupada por ela! Tres horas despois, xa lle contara o sucedido a uns veciños que decontado chamaron ós mellores doutores da vila. Eu, de momento, quedaría cos meus veciños máis próximos; e, segundo os maiores, se a miña avoa falecía... tería que ir á vella mansión dos meus tíos Hannohn (a miña tía) e Alexis (o meu tío) e, por último, o meu primo Georchzus; moi, moi lonxe de aquí.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Claro e unha historia preciosa e moi bonita, xa que me a ensinaras unha vez.

Bicos tes un perfecto blog

crishippie dijo...

Muy bonito el fragmento, guapa ^^ Te deseo toda la suerte del mundo :) Está muy bien escrito ^^
Un besazo!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...