viernes, 17 de diciembre de 2010

De que libro é?

Ola!Véñovos ofrecendo un "concurso", póñoo entre comiñas porque non o é exactamente, só participades se queredes por medio de comentarios.Pero é libremente, sen premios e sen gañadores fixos (é dicir, direi a resposta pero non se clasificarán nen nada.)
Ben, explícome:
1º Tendes que ler atentamente o parágrafo que escriba na entrada.Pode que de pistas.
2º Se non tés claro que libro é, podes buscar info. noutras Webs, en libros, etc.
3º Despois comenta nas entradas correspondentes sobre cal credes que é.O título da obra e o nome do autor.
Hoxe vai ser para algúns moi sinxelo e para outros difícil, porque se trata dun fragmento dunha obra maxestuosa na historia da literatura galega (xa é unha pista).
Descoidade, o próximo será máis fácil de literatura para xóvenes.

_______________________________

"Lémbrome que sendo eu rapaz chegou meu pai da América.O pobre non trouxo máos que uns borceguíns vellos e un tarro amedeado de bicarbonato; viña enfermo e morreu axiña.
Sempre chorei o fracaso do meu pai que na miña admiración de filli, tívenno polo máis bó, arriscado, intelixente e forte do mundo enteiro."

1 comentario:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...