viernes, 3 de diciembre de 2010

Lazarillo de Tormes

Este libro está escrito por un anónimo no s. XVI e, sinceramente, me apetecería lelo porque escoito a moita xente falar del.E o que din fai que resulte apetecible.
"La vida de Lazarillo de Tormes, y de sus fortunas y adversidades".
Trata dun rapaz que pasa por distintas casas, distintas situacións e distintas clases de sociedades.
Na casa dun cego, dun fidalgo, dun fraile, dun cura... E de todas elas aprenderá a lei da vida do seu século que lle fixo cambiar de ser un rapaz esfameado e amable a ser un forte pero desesperado home:
Pois para sobrevivir non se pode ser boa persoa e intentar axudar aos demais.
E é que a base de enganos e mentiras se alimentaban aqueles aos que coñeceu na súa desgraciada narración.
Todos finxían ser uns ricachóns que podían malgastar tan  ricamente o que tiñan, mentres eran uns pobres esfameados que pasaban frío e non podían nen acender unha veliña para alumear.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...