domingo, 5 de diciembre de 2010

O clan da loba

O libro de Maite Carranza, "O clan da loba", acada fama en toda España e mundialmente.
A trioloxía da Guerra das Bruxas, que por certo rematei este venres día 3, trata de Anaíd, das bruxas e de como conseguirá liberar á súa nai Selene das mans das Odish.
Descubirrá a dor, a traizón e a amizade e coñecerá á señora Olav, unha muller estranxeira que é un claro exemplo do dito "As apariencias enganan", e a Valeria, xefa do clan do delfín e á súa filla Clodia, a súa nova mellor amiga, aínda que ao principio non conxenien demasiado...e aquí non remata a historia, é só a primeira parte, que rematará co enfrontamento da nosa protagonista Anaíd e a traidora Salma e...o fin da terrible condesa?Ou aínda non chegou a súa hora?
 
                                                    * * *
E aquí vos deixo os datos e marcho, porque continuarei vendo as novas das editoriais Online e as anunciarei deseguido.

Datos
Título:O clan da loba (trioloxía)
Autor(a):Maite Carranza
Clasificación:Aventuras e maxia
Editorial:Edebé
Calificación:

5.png picture by DulceT_photos  

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...