viernes, 31 de diciembre de 2010

A quinta posta do sol

© Creative Commons, Libromaníaca

 Feliz Fin de Ano e mañá que sexa o comezo dun Ano Novo cheo de prosperidade, e literatura :)
Déixovos outro pouco da miña novela (dentro de pouco non poderei deixarvos máis, síntoo.)

_________________________________________


—Vale,  reunímonos  agora para aproveitar que os meus pais teñen agora visita duns

condeses da zona e van estar ceandoe charlando no gran salón ata altas horas da

noite—dixo o primo de Ania.Todos asentiron—e ademais debemos atopar o libro,  debe

estar por aquí...—fixo un breve xesto para que todos o imitasen.

Miraron debaixo da cama, entre os colchóns desta, baixo o sofá, no toucador de

Hannohn, nos caixóns de todas as cómodas e armarios da habitación e nos

abundantes xoieiros desbordantes de ágatas, rubíes, zafiros, esmeraldas, pulseiras e colares

de ouro,  pinzas de prata...Pero, tras transcurrir uns doce minutos, nada.Cando as forzas

dos catro se esfumaban no ar,  Georchzus,  exausto,  rendiuse e dirixiuse cara á cama dos

seus pais, para sentar e descansar un chisco;pero, nisto, tropezou coa alfombra e caeu ó

chan armando non pouco barullo.Todos fóron onde a el para acudirlle,  pero o picaporte

da porta xirouse e ante as caras sorprendidas destes, apareceu un garda que custodiaba as

numerosas portas do cuarto.Abriu a boca para articular unha palabra; pero Gregorio,

veloz coma o raio propinoulle un puñetazo tan forte que caeu ó chan, cos

ollos bizcos:

—Ha de quedar unha boa tempada así,  e cando esperte non creo que lembre

nada,  seguramente quedará aparvado para sempre.—Dixo Gregorio.A Ania

alegroulle,  pero deprimiuna un pouco,  pensando en que a familia daquel home quedaría

sempre coa dúbida de que lle sucedera,  e,  o home,  non lembraría nen a súa

identidade ou nada que antes lle ocorrese.—Unha mágoa,  á verdade...Ignacius, un bó

home.Máis tiven que facelo,  síntoo.—Mireino intentando aparentar estar de

acordo, sorrindo cunha feble mirada cansa—Perdoa...Non quería ter que levar as cousas

tan lonxe...

Pero non era momento de botarse atrás, non era momento de non seguir loitando e dicir

“Adiante,  eu podo”,  non; era o momento de loitar pola liberdade do pai de Ania,  de

conseguir liberalo daquela horrible historia e de por fin coñecerse.Ania mirou cunha

mirada chea de luminosidade a Georchzus,  que ficaba quieto cal morto.

—Que che suced...—non puido continuar,  pois baixo a rugosa alfombra de encaixe

atopábase un libro de tapas descoloridas; dun amarelo sucio que sen dúbida tería sido

antes unha cor intensa,  que fixese que só pola cuberta da novela parecese un libro

máxico; e iso era certo:O era.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...