domingo, 27 de marzo de 2011

Frase da semana


 Coma un segredo, 
todos temos algún.

Coma unha bágoa, 
todos deixamos correr algunha.

Axiña, faino. 
Antes de que sexa tarde.

esquece os intres de amizade.
Esquéceo todo. 
 

 Esquéceme mentres miras docemente á lúa.
Unha lúa chea que brilla cun reflexo escuro no lago.

Unha lúa branca coma unha perla.
Coma un cisne.
Coma a pomba da paz. 
A pomba inexistente.

Esquéceme mentres descansas tumbado no campo, 
cheo de margaridas de pétalos cinguidas.


Esquéceme mentres poidas,
esquéceme mentres queiras.

Axiña, faino.
Antes de que sexa tarde.
Porque se non me esqueces agora 
nunca poderás facelo. 

E mira sen min 
á lúa chea,
ti podes sen min.


Non me necesitas.


Ningunha amiga me necesita.
Nen eu a ela.
Porque necesito esquecer.
Coma fai un peixe, 
cada tres segundos.

Pero eu son especial, 
así que o que eu faga
non o debe facer ninguén.



1 comentario:

lydia dijo...

no esque me haya olvidado de este blog esque no lo sigo porque esta en otro idioma que no entiendo

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...