martes, 19 de abril de 2011

Reflexións dunha soñadora

Probablamente, se tivese que escoller ser o personaxe dunha historia... sería Alicia, de Alicia en el país de las maravillas, porque sempre quixen crear o meu propio mundo, e creo que todos queremos iso, liberdade, poder elixir un mundo do subrealismo no que adentrarnos e vivir aventuras que vaian surxindo polo camiño, coma unha historia. Porque a vida máis bonita é a que esconde un libro.
O meu soño sempre foi ser escritora, pero agora que xa me considero unha, o meu desexo é publicar un libro. Entón, xa poderei dicir que o meu soño se fixo realidade.
Non quero que o meu soño se cumpla grazas a un desexo, que un xenio da lámpada me cumpla aquilo que anhelo, como nun cuento.
  Unicamente me sentirei feliz por ser como son no momento no que consiga por min soa que unha editorial acepte o meu libro, aínda que, como agora me pasa, tarden meses en contestarme...

1 comentario:

Anónimo dijo...

A túa reflexión foi moi bonita...encantóume <3

Bicos ,Lectora.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...