viernes, 20 de mayo de 2011

Historia sen nome


Aínda non ten nome, pero teño, iso si, moi claro de que irá... 
Agardo que vos guste, este é só o comezo do primeiro capítuñlo:

"Para mamá, papá e A., e que o seu corazón continúe sendo sempre tan puro como agora."

             Capítulo 1: Espertar


Espertou berrando, suorosa e nerviosa.
Unha pinga de suor corríalle pola cara e un mechón de pelo cubríalle un ollo. Tremíanlle os brazos e as pernas, nen sequera era capaz de suxeitarse por ela mesma alí, sentada na cama.

Tivera un pesadelo terrible, que a deixara morta de medo e depauperada.
Non lembraba un pesadelo tan horrible, que ademais fose capaz de inclusive asustala, e o peor de todo era que xa se repetira constantemente, e cando iso ocorría, significaba que algo ía pasar.

Cando era máis pequena, unha vez soñara que o seu gato ía morrer, e ao día seguinte atropeláranno.
Nunca llo contara a ninguén, pero xa sucedera varias veces; non tiña expliación lóxica, pero podía predecir o futuro dalgún xeito.
Pero daquela vez fora terrible, un soño terrible, pois cando espertara, sentíase terriblemente exhausta, suorosa e con bágoas nos ollos.
O único do que se lembraba era dunha muller... arrincándolle o corazón.
Esa sumamente vaga lembranza estremecíaa, e non conseguía pensar noutra cousa.
Era o soño máis macabro da súa vida, e non pensaba contarllo a ninguén, nen ao seu avó.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...