viernes, 10 de junio de 2011

Diario dunha escritora

Querido diario:

Moitas veces quedo pampando mirando pola xanela do meu cuarto e imaxino que son etérea e diminuta flotando nas nubes.
Hai unhas semanas faleivos disto, e agora quérovos contar unha historia que inventei grazas ás nubes:

Hai moito, moito tempo, alá polo século XXI, vivía unha nena chamada Alexandra que gozaba contemplando as estrelas as noites de lúa crecente.
Grazas a elas viaxaba a un mundo diferente, cargado de maxia e ilusión, de máxicos solpores e saídas do sol. Grazas ás nubes, Alexandra escapaba dun mundo horrible do que tiña medo, pois as nubes eran un lugar seguro, que lle brindaban as posibilidades de soñar e acoubillarse sobre elas ou durmir no seu  brandiño colo.
Pero cando se daba conta de que se todo iso o estaba imaxinando, percatábase de que só era un soño e cando miraba ao seu redor, contemplaba un campo cheo de flores pequeniñas, diminutas, pero as súas preferidas.
O máis fermoso era, para ela, o máis pequeno e insignificante para os demais.
Por iso se fixaba nas nubes, porque para os demais non supuña nada.
E é que os demais non a querían.
Dende pequena, cando os seus pais morreran, vivía cos seus tíos; pero os seus tíos Catarina e Adolfo, non a querían, e cando alguén acudía á súa casa, parecían estar tan pouco orgullosos dela, que dicían que só era unha nena orfa que trataban de criada.
Os seus curmáns, Rodrigo e Diana, tratábana como lixo, e nunca a deixaban xogar con eles, porque pensaban que sería unha deshonra para a familia que unha estúpida mota de lixo xogase con eles.
Durmía, como a mesmísima Cincenta, no chan.
Pero a ela mandábana durmir cos animais, detrás da casa.
Unha noite, Alexandra quedou enormemente abraiada coas nubes daquela noite, que coas estrelas destellando a súa fermosura arredor, parecían folerpas de neve caendo nun montón de fume branco.
Foi entón cando unha nube lle dixo "Ven, Alexandra". Foi entón cando a nena creu delirar. Foi entón cando Alexandra colleu da man a unha nube e se acubillou no seu colo de algodón, protexida pola manta das estrelas de prata e alimentada por un anaco de lúa.
E así viviu Alexandra feliz para sempre, nas nubes como sempre desexara.
Libromaníaca.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...