O señor das moscas |
Ola, Libromaníacos.
Queríavos falar dunha pelicula que vin o sábado á noite, baseada nunha novela de William Golding, que, sen remorso algún de ningún aspecto, califico com o magnífica (a historia, pese a que non lese a novela).
Parece mentira como involucionamos, como a reza humana pode volver para atrás, como o ser disciplinados, convidar ao raciocinio e conservar a nosa dignidade pode levarnos á morte, e todo por xente que se convirte en salvaxes...
Como sucede na historia, uns nenos caen no avión que queda feito trizas, e descubren unha illa na que duramente poderían sobrevivir.
Comezan a facer asambleas civilizadamente, pero ao final un grupo remata sendo cazador e asasino, ainda que comecen por casualidade...
É unha historia dura, forte e prometedora, e que ademais convida á reflexión de distintos aspectos sobre o comportamento da nosa sociedade en numerosas situacións.
Convertirse en salvaxes e asasinos non axuda a sobrevivir. |
É difícil vivir sen disciplina, e máis se un grupo de persoas civilizadas se convirten en salvaxes e pretenden matarte simplemente por querer dar un sentido á vida, a ser algo máis que animais, mamíferos... a reflexionar como humanos que somos, a vivir por amar a vida, non por cuestión de supervivencia.
A aprender a pensar e a comprender que sucede se, de súpeto, comezas a perder a cabeza e comportarte como un animal e loitar por sobrevivir como se non tiveses cabeza, como se o único importante fose chegar ao fin do día vivo.
Como se, de novo, tivésemos que volver evolucionar e comezar outra vez o proceso de hominización e estar capacitados para reflexionar, recapacitar sobre o que ocorra.
Porque a característica fundamental do ser humano é a capacidade de razoamento, e de saber por que facer as cousas.
3 comentarios:
Interesante a túa reflexión.Recoméndoche o libro ao tempo que te confeso o meu optimismo sobre os humáns;aínda que só sexa por egoísmo as persoas estamos obrigadas a entendernos senon non poderíamos sobrevivir...
HOla me gusto mucho el libro porque era muy interesante y yo creo que va un poco de eso de lo que dices tu.
Y por eso sigo ahora tu Blog cada dia porque me interesa mucho y escribes muy bien y además yocreo que esta muy bien y tus reseñas me gustan.
Yo tambien te recomiendo el libro.
Un saludo y una recomendacion (la de el libro): Alba M. V.
Gracias a ambos anónimos, sobre todo porque os comentarios son o que máis me axuda e impulsa no meu Blog. Gracias: Libromaníaca.
Publicar un comentario