miércoles, 27 de julio de 2011

Midnight in Paris

Ola, Libromaníacos.
Onte vin no cine a última pelicula de Woody Allen como director e escritor da mesma, co nome de "Midnight in Paris".
Despois de ver París cos meus propios ollos, e ver esta película un día despois, é incríble a emoción que dá.
Seguramente, se vós tamén viaxades a París saberedes ao que me refiro, e é que comprendo perfectamente ao protagonista da película, caracterizado marabillosamente por Owen Willson, que se namorou de París.

O protagonista da historia é un escritor de guións amante do pasado, e está completamente seguro de que a época de ouro é a dos anos vinte, 1920.
Vai a París coa súa actual parella, coa que planea casarse, e tamén viaxa cos pais dela. Dende o primeiro momento se namora tanto de París, de pasear mentres as rúas se empapan das pingas de chuvia, de andar pola cidade do amor pola noite, que acaba quedando só polas noites e a súa parella vai cun amigo (un verdadeiro pedante) bailar e demais.
Gil, o noso protagnonista, descubre un día paseando por Montmartre que pode volver maxicamente aos seus desexados anos vinte á media noite grazas a un coche antigo que o recolle  cada noite.
Alí coñecerá a famosos artistas do momento, tanto pintores com escritores como Ernest Hemingway, Scott Fitzgerald, Pablo Picasso, Luis Buñuel, Salvador Dalí ou Gertrude Stein e vivirá a maior experiencia da súa vida.
Alí coñecerá a Adriana, da que se namorará profundamente... e viceversa.
O único problema é que Adriana tamén é amante do pasado, e desexa como nada no mundo vivir no século XIX, polo que se trasladan ao Moulin Rouge e coñecen a Toulouse Lautrec, un pintor solitario e de moi pouca altura que se adica a pintar ás bailarinas do Moulin Rouge e cavarets.
Polo medio coñece a unha vendedora de antiguidades...
Que pasará co futuro matrimonio de Gil? Logrará que o seu soño de vivir nos anos vinte se cumpra?

OPINIÓN PERSOAL
Hai momentos nos que sobran palabras para describir algo, pero outros nos que faltan palabras... e esta película é do segundo caso.
É unha película fascinante, e que se convertiu das miñas preferidas.
Pode que sexa de adultos, pero a min dende logo non me pareceu complexa.
Para todos eses amantes do pasado, é unha película que te fai sentir libre e que esperta a túa imaxinación.
Esta película describe París con imaxes fermosas, e un protagonista escritor co que son capaz de identificarme, por moi estraño que isto pareza.
É unha desas pelíulas que que non queres que chegue o momento dos créditos, que quedas con ganas de máis.
É unha desas películas fermosas e que quedan nun anaco do teu corazón para sempre.
Fíxome sentir morriña da cidade do amor, de París, aquela cidade tan fermosa e que tanto quero.
Agardo volver algún día. E tamén volver ver a película que tanto me fascinou e emocionou.

Datos:
Título: Midnight in Paris
Director: Woody Allen
Calificación:*****.5/5.
Clasificación: Traxi-comedia [Sinto dicirvos que non estou segura, polo tanto se soubésedes unha mellor clasificación, por favor, enviade unha mensaxe ao correo electrónico do Blog. Gracias.]

1 comentario:

galmar dijo...

A min gustoume moito tamén, sobre todo, París, e a historia ten momentos moi bos, moi coidados:) Sáez do cine dicindo, no meu caso, que non a coñezo, teño que ir!! :) biquiñosss

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...