lunes, 17 de octubre de 2011

Lectura actual

Ola, Libromaníacos!
Quería comentarvos que agora mesmo estou a ler "Motín na Bounty", de John Boyne, o magnífico autor máis coñecido polo libro "O neno do pixama de raias".
O libro ten moito máis de cincocentas páxinas, polo tanto advírtovos que haberá que esperar... Pero sempre é posible que, polo medio, teña que ler algunha lectura para o curso escolar. E aínda que odio ler dous libros á vez, terei que facelo, porque non teño moito tempo para lerme os que eu queira e despois outros dous máis de lingua castelá, outros dous de galego (sempre decido ler dous de cada por avaliación) e o de inglés (ese non conta).
Bon, dito o que quería, como odio as entradas de novidades e parvadas que os Bloggeiros temos que facer ás veces por falta de tempo e información, terei que contarvos novidades que farei proximamente.
En primeiro lugar, como xa dixen, quero seguir lendo o libro.
En segundo lugar, quero dicirvos algo fantástico... un novo concurso!
Si, un novo concurso.
Porque se aproxima o que aquí chamamos "Samain" e "Magosto", polo tanto querería anunciar un concurso de relatos... ¡ ¡ de terror!!!
É unha idea arrepiante, e á vez que me encanta.
É que veredes, cada vez que vexo unha película de medo logo non podo durmir (non sabedes a historia que vos contaría de cando vin "O sexto sentido" de pequena...) pero o certo é que... encántanme as historias de medo! Asegúrovolo.
En fin, que tamén, en canto teña tempo, podería escribir de forma semanal ou cada dous semanas unha historia de terror para o Blog. Xa sexa baseada en pesadelos ou historias inventadas por min.
Un pouco a idea de Marina, co seu Blog http://cuentosypesadillas.blogspot.com/ Un Blog que me encantou! É máis, recoméndovolo aos amantes do terror.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...