Era unha noite de
treboada, cando naceu Elise no pobo de Seanord. Era un lugar afastado
das principais civilizacións de Inglaterra.
Fai
anos, o pobo era un lugar diferente...antes a cidade de Laween e máis
Seanord, formaban parte do reino dos Calabrer, unha familia xusta e
bondadosa, ata hai anos...antes o reino era pequeno, pero o rei non
tiña sustento e exército suficiente para soportar a economía do
pequeno reino. Un día a xente Seaford, enfrentouse
o rei e a sua familia, que escondéronse no alto do torreón durante
tres largas noites, sobrevivíndo cos poucos víveres que posuían, e
a carón de as treboadas do outono. Tras iso, o rei comezou a ter
medo, e unha noite levantouse da cama e paseando polo xardín, entre
os boj do laberinto, apareceu un home cunha capa escura, e pel
avermellada, xunto cun exército de homes con capas tan espesas que
era imposíbel ver a súa pel. O home propúxolle un trato o rei.
Ninguén sabe cal, pero dende aquela noite o rei desapareceu xunto
coa súa familia, e a cidade destruíuse practicamente, e só
quedaron os restos do castelo e o pobo de Seaford....dende aquel día
a xente dos pobos ou cidades próximas, chamano o pobo das almas
perdidas.
O
sol comezaba a saír, entre al lonxanas montañas, Elise acababa de
nacer, nunha pequena cabana no bosque do pobo das almas perdidas.
Cando
Elise tiña cinco anos, a súa nai morreu cando contraxo unha
descoñecida enfermidade terminal. Dende aquela, vive co doutor
Hanawër , un señor alemán, e a súa irmá menor.
Agora
xa ten 16 anos, e descubriu algo, é especial. Non é unha nena
normal, os seus ollos mesturan a súa cor, e non sempre están
iguais... e potentes. O doutor, leva meses investigandoa e ocultando
o seu segredo, pero tras oito meses de investigación e probas o
doutor abandoa estacionalmente a investigación para ocuparse máis
da súa consulta.
Unha
tarde, os tres saíron a dar un paseo polo bosque, para atopar unhas
plantas mediciñáis que o doutor precisaba para curar a crecente
enfermidade que estase a formar na aldea. Só viven uns douscentos
habitantes, e aínda, que apenas ninguén saía a outros pobos a
enfermidade xa afecta a un cuarto da poboación.
Mentres
buscaban a planta, descubren a antiga casa de Elise, e deciden entrar
en ela. Alí, atopan o diario persoal da súa nai, algo de
diñeiro....e roupa. Elise, decide non mirar nada diso ata chegar de
volta á casa.
Cando
por fin chegan, Elise, comeza a ler o diario da súa nai ; nel, conta
os seus últimos anos de vida, pouco despois do nacemento de Elise.
Nunha das últimas páxinas, comeza a relatar o forte dor, e a pouca
enerxía que posúe para sobrevivir coídando ao mesmo, da súa filla
de cinco anos, e finalmente relata que xa delira, e ve a morte o
outro lado da súa cama; no diario conta con letra pésima, que xa
apenas ten forzas para suxeitar a pluma, e que a febre sube cada día
máis, e que o doutor Hanawër dille que xa non escriba máis, pero
reseste a súa dor para termiñar a páxina, despedíndose do mundo
coa súa firma.
Elise,
pecha o diario cos ollos húmedos, e do diario cae un sobre
enmogrecido pola humidade e xa decolorado polo tempo...Elise, decide
abrilo, xa que pon o seu nome no sobre. Bianca, a irmá do doutor,
está ao lado de Elise, e anímaa a abrílo, colle un abrecartas
metálico e abreulle o sobre.
A
carta era para Elise, da súa nai, nela dicía:
Elise,
non sei cantos anos terás agora, pero imaxino que eu xa morrera
cando ti leas esta carta. Espero que encontrases esta carta porque o
doutor Hanawër deucha, pero igual encontrátela ti soa, nesta casa,
ou na do doutor.
Pero
iso non é importante, se que o doutor esta facendo todo o posible
por salvarme a vida, pero sei que iso é imposible, non sufro unha
enfermidade común nin tampouco extrana, porque para a xente como ti
e eu e tan común coma un resfriado no inverno.
Quero
que sepas que morrín por ser tonta e non facer caso da miña nai,
que díxome que o único que non decía facer era beber Swowelldrink,
esa bebida que se fai a partir de "neve", azucre, leite,
whisky, frutas, e prantas, que se sirve cada ano durante o Nadal na
zoa....e que é moi apreciada en toda Inglaterra. Ese cheiro doce,
cautivoume, e non puiden resistirme a probarlo, pero iso maldeciume,
caendo enferma e disposta a morrer en pouco tempo, tanto se uns días,
como se fosen dous meses os vinte anos, pero aínda así, viviría
sufrindo a dor.
Cóstame
dicirte isto, pero eu son unha bruxa, e ti tamén o es. Non probes
esa bebida ou morreras, se les isto antes de que teñas 18 anos, pode
que non sexa tarde, porque esta bebida leva alcohol.
Non
o instante, pode que os días, ou as semás ou anos...pero termiñarás
morrendo antes da seguinte Lúa de ferro, que sae cada 31 de
decembro, cada 5 anos...
Espero,
que sexas prudente, e que non sexas unha parva, coma a túa nai...só
dicirte que te quero e querereite sempre, sempre...
Adeus,
miña nena
PD:
A miña nai, vive en Yesterwer en Irlanda, pregunta pola Sra. Louer e
diránche onde vive, se desexas, seguir coa linaxe da nosa familia de
bruxas.
-Pero
isto, quere dicir, que...son...son...unha bruxa!? -A súa cara estaba
chea de espectación, e non podía crer o que liu.
-Si,
es unha bruxa...iso cambiaoo todo, agora podemos saber, o que lle
ocorreu a túa nai, e por suposto evitar que a ti che pase...-dixo o
doutor asomándose pola porta do cuarto.
-Dacordo,
terei moito coidado doutor Hanawër
-Ben,
facede as maletas, imos a Yesterwer a visitar a túa avoa, se ti
queres claro....
-Claro,
imos...Bianca, axúdasme a facer a equipaxe? -Os ollos de Elise,
abréronse moito ilusionados pola noticia
Ao
amencer seguinte, o señor Hanawër e máis Bianca e Elise,
preparaban todo para a viaxe a Irlanda. Gardaban en grandes baúis,
toda a comida que tiñan, e algunhas novas provisións que Bianca e
Elise foran mercar esa mañá; grandes sacos con roupa e
zapatos...pequenos sacos coa comida do gatiño de Elise, cousas
médicas...e outros obxectos personais ou importantes, coma o diario
da nai de Elise, papeis de carta, mantas, xoias...e por suposto todo
o diñeiro que posuían...
Non
podían permitirse deixar o pobo durante, quen sabe cantos días,
semanas, meses...só, e arriscarse a perder todos os obxectos de
valor...
A
xente do pobo comezaba a estranarse, coas raras actividades que
estaban a desenvolver o señor Hanawër e a súa familia.
Un
día no mercado as xentes comentaban nun corro aredor dun posto...
-Esa
familia, estase volvendo moi rara...
-Si,
é verdade, o outro día Hanawër, foi o banco e quixo levarse "os
catro peniques" que tiña no banco....non era pocuo, seino, o
caixeiro deulle un saco mediano, que parecía pesar o seu...
-Ademais,
onte, Bianca e a nena, viron o mercado con varios cestos, e levaron
moita comida: moitas verduras, arroz, peixe, carne...máis legumes, e
non se foron ata chear os 4 cestos, que cada un era máis grande que
varias cabezas de porcos....
-Eu
creo que caeron enfermos, e xuntan alimentos para non ter que comprar
en moito tempo e descansar ata curarse...
-Non,non,
os mariñeiros comentan, que fai días viron a Hanawër falar cun
cocheiro, e dixéronme algo de que quería ir a Aberystwyth....é moi
raro, non poden marcharse, debe de coidar dos desamparados que estan
a enfermar nos últimos días...
Días
despois xa tiñan todo listo para marchar....
Escritora
No hay comentarios:
Publicar un comentario