miércoles, 16 de mayo de 2012

Los juegos del hambre - a película

Ola, Libromaníacos!
Á fin puiden ver "Los juegos del hambre".
Que se me gustou? Que se superou as miñas espectativas?
Agora veredes...

Advertencia: Contén SPOILERS.
OPINIÓN PERSOAL
Serei clara: Como toda boa lectora, persoalmente prefiero o libro.
Agora ben, a película de todos modos gustoume, porque é case tan emocionante como o libro e segue  a historia orixinal,  o cal moitas veces non se fai na dirección de numerosas películas baseadas en novelas famosas que acadaron moito éxito.

Durante a película, Katniss rememora o pasado.
+Pros: Como ben dixen antes, a película conserva aqueles detalles que fan tan especial o libro e a acción continúa, o cal dá un toque de emoción incríble.
Tamén as personaxes son parecidas á descrición que nos ofrece Suzanne Collins, agás Rue, que debo destacar que non a imaxinaba como unha nena de cor, quizais porque esquecín algún detalle no texto ou porque a autora non facía a descrición detallada debidamente.
Tamén pode ser un cambio na película, o cal é moi común.

-Contras: Numerosas  partes vense reducidas ou simplemente non aparecen. É certo que se trata dunha historia longa de por si, e que a adaptación ao cine tamén é longa, e que engadir algunhas destas pero hai que recoñecer que deberían incluír determinadas escenas ou detalles que realmente teñen importancia. Por exemplo, Os Xogos duran dous  meses: na película duran dous días.
É comprensible que non se poida perder moito tempo en detalles, pero a película se centra demasiado na viaxe e as entrevistas e esquematiza demasiado a presentación é o principal: Os Xogos.
Tampouco explican a vestimenta e o apodo de <>, porque son esenciais na trama da historia (e nas seguintes entregas), e cando se encontran na cova e a protagonista vai ao banquete para axudar a Peeta, cando o durme co contido da sopa enviada por Haymitch, sería necesario explicalo. Tampouco se explica o final, algo crucial, no cal Peeta e Katniss se dan a man, aínda que están enfadados, pois Peeta comprende que era todo mentira: unha táctica de supervivencia. Nesa vez, a última de película, na que se dan a man, habería que engadir a frase importante de Peeta: "Unha última vez? Para o público?".
Tampouco se exlica o significado das ballas ao final dos Xogos nen se inclúe a prótese na perna de Peeta (e o uso dun torniquete que o xenera).
En fin, hai moitos detalles que deberían ser importantes e non se tiveron en conta, pero a película é realmente boa e se merece unha gran puntuación.

Datos:
Título: Los juegos del hambre.
Título orixinal: The Hunger Games.
Director:  Gary Ross.
Puntuación final: *****. 5/5.



No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...