viernes, 22 de junio de 2012

Jane Eyre

Fragmento I.
"Brocklehurst: Sabes onde van os malos despois de morrer?
Jane: Ao inferno
Brocklehurst: E sabes o que é o inferno?
Jane: Un abismo cheo de lume
Brocklehurst: Gustaríache caer nese abismo e arder nel eternamente?
Jane: Non señor.
Brocklehurst: E que debes facer para evitalo?
Jane: Estar sa e non morrer, señor. "

Fragmento II.
"Os meus nervios vibraron ao oír estas palabras ditas en voz baixa como non vibraran, xamais ante un trono. O meu sangue sentiu a súa sutil violencia como nunca sentira a xeada ou o lume; mais recobreime e escapei ao perigo de desmaiarme. Mirei a Róchester e fixen que me mirase. O seu rostro estaba branco como o mármore; e os seus ollos eran ao mesmo tempo faísca e pedernal. Non negaba nada e parecía disposto a desafiar a todos. Sen falar, sen sorrir, sen demostrar recoñecer en min un ser humano, limitábase a retorcer o meu boneco co seu brazo e a achegarme ao seu lado

Fragmento III.
"É inútil dicir que os seres humanos deberiamos sentirnos satisfeitos de ter tranquilidade; necesitamos acción, e, se non a encontramos, creámola. Hai millóns de persoas condenadas a unha sentenza máis tediosa que a miña, e hai millóns que se rebelan en silencio contra a súa sorte. Ninguén sabe cantas rebelións, ademais de políticas, se fermentan entre as masas de seres que poboan a terra. Suponse que as mulleres habemos de ser serenas polo xeral, pero nós temos sentimentos igual que os homes. Necesitamos exercitar as nosas facultades e necesitamos espazo para os nosos esforzos tanto coma eles. Sufrimos restricións demasiado severas e un estancamento demasiado total, exactamente igual que os homes. Demostra estreiteza de miras por parte de nuestrosmás afortunados conxéneres o dicir que deberiamos limitarnos a preparar sobremesas e tecer medias, tocar o piano e bordar bolsos. É imprudente condenarnos, ou rirse de nosostras, se pretenden elevarse por enriba do que ditan os costumes para o seu sexo. "

Jane Eyre é unha nena orfa que vive á conta da súa malvada tía Reed e cos seus horribles primos.
A súa tía carga con ela porque o seu marido o fixo xurar que coidaría dela como a súa propia filla.
Posteriormente, despois de ser vítima dos danos físicos e psicolóxicos por parte do seu primo maior e do desprezo da súa familia, é cruelmente enviada a un internado rexentado polo avariento señor Brocklehurst, o cal se basea en austeridade e pobreza para o coidado das nenas e mestras ao seu cargo.
Despois de coñecer a amizade cunha nena enferma de gravidade que lle axuda a cmoprender moitas máis cousas do mundo que ignoraba, sobrevive a unha propagación de tifo que azouta o internado.
Posteriormente, cando cumpre a maioría de idade, decide ser independente e traballa como institutriz na mansión do misterioso señor Rochester e comezará aí unha nova fase da súa vida...

OPINIÓN PERSOAL
Jane Eyre é un libro único e inigualable. É duro e ao mesmo tempo sutil.
Moitos creen que relata o romance case imposible dunha institutriz e o seu señor, pero realmente Jane Eyre é unha historia que describe a unha muller loitadora e autónoma, que desexa demostrar que as mulleres teñen cabeza e pensamentos propios (nesa sociedade desigual) e que supera unha serie de situacións difíciles ao longo de moitas etapas da súa vida e mostra as barreiras que ten unha muller para facerse notar no mundo.
É un modelo de muller con ideas propias e que desexa labrar o seu propio futuro.
Datos:
Título: Jane Eyre.
Autora: Charlote Brönte
Editorial: Debols¡llo.
Cualificación: *****. 5/5.
Clasificacón: Romántica, drama.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...