martes, 28 de agosto de 2012

Cancións para Paula

 

RESEÑA

Paula, unha adolescente de case 17 anos, coñece Anxo por Internet.
El ten 22 anos, pero a diferenza de idade non é unha barreira para ambos os dous. Dous meses despois de coñecerse e falar con frecuencia, deciden coñecerse en persoa, pero o oficio de xornalista de Anxo dificúltalle chegar antes, polo tanto, Paula entra nun Starbucks e espera alí a Anxo mentres le un libro de Moccia.
Casualmente, coñece a Álex, un rapaz da mesma idade de Anxo, curiosamente, que está a ler o mesmo libro que Paula, curiosamente tamén.
Tamén está Mario, un vello amigo de Paula que a quere máis que como unha amiga, curiosamente...
O resto é predicible, verdade?



OPINIÓN PERSOAL

Que hai que dicir?
Un libro romántico típico, pasteloso, predicible e insípido. Todos os ingredientes para que un verdadeiro libromaníaco se de conta de que se trata, nin máis nin menos, dun puro libro comercial.
É meritorio que o seu autor, alcumado "Blue Jeans", lograse que a súa novela saltase de Internet ao papel, pero en todo caso... a novela consegue enganchar o lector grazas a un método moi eficaz; introducir o que acontecerá no seguinte capítulo ao final do anterior, o cal deixa intrigado e obriga a continuar lendo para descubrir que é o que sucederá despois. Pero o que é a escrita, sinceramente, calquera persoa que  lera verdadeiras xoias literarias daríase conta doadamente de que non hai talento literario.
Trátase dunha obra tan sumamente comercial que todo canto hai é bastante publicitario, poñendo por caso o típico Starbucks, o cal aparece en varios momentos do libro, e unha cadea de restaurantes mundialmente coñecida.

En resumo; unha auténtica xoia da novela romántica para os (ou debería dicir as) adolescentes, pero unha labazada na cara para aqueles escritores que non inclúen este tipo de amor tan estoxadizo, aínda que puidese supoñerlles un éxito de vendas inalcanzable, como neste caso.

Datos:
Título: Cancións para Paula
Autor: Blue Jeans
Cualificación: 2/5
Clasificación: Romántico.
Editorial: Everest



No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...