viernes, 31 de agosto de 2012

Recargando as plumas

 

Si, amigos meus...
Está a punto de empezar ese terrible momento: A famosa "Volta ao cole".
Desgraciadamente, non é só esa simple frase que repite algún coñecido dos teus pais que che di sorrinte " Que, con ganas de volver ás clases? " e danche ganas de contestarlle con certa irónica resposta; nin tampouco ese distante título que repiten constantemente con grandes letras de cores nos anuncios de "Alcampo" e "O Corte Inglés".
Unha vez vai rematando o verán, un decátase de que pasaron ao redor de tres meses e case non te decataches... Unha vez rematando o verán, os días fanse máis curtos, os pesadelos cos teus profesores máis longos e a angustia é horriblemente pesada.
Pero á fin e ao cabo, é o peixe que morde a cola.
O primeiro trimestre pasa moi rápido, o segundo... normal, o terceiro... ben, o terceiro é moi frustrante e lento, e, despois diante de ti, case sen que te decates están as vacacións de verán, á volta da esquina. Pena que neses tres meses ata xuño, escoites tantas persoas dicir que están á volta da esquina. Á volta da esquina dun labirinto, debe ser, porque senón, é raro que os meses pasen tan lentamente, para o desespero de moitos.
E como é o peixe que se morde a cola, o único mal que ten é que, tan pronto como te decatas de que xa gozas das vacacións... decátaste de que gozas de arduo esforzo e traballo, días grises de estudo|estudio e te consolas admirando as túas fotos de viaxes estivais. Nunca mellor consolo...!
En fin, que pase o que pase, seguro que pasa moi rápido; e que se o curso se empeña en empezar... pois que así sexa, que lle farei fronte sen demora.
Porque ao final, o que non te mata, sempre te fai máis forte.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...