lunes, 17 de septiembre de 2012

Confesión 1

Funny


























Se cadra dicir que nos dá pena comezar o curso sexa un erro, porque realmente non tememos ao curso, aínda que moitos o manteñan; ao que tememos é a deixar atrás o verán, a tranquilidade, a deixadez e a falta de esforzo... pero sen embargo, podo afirmar que o que realmente nos dá medo é dicir adeus ao pasado, como en todas as etapas da vida, e dar a benvida a algo novo.
Porque no fondo todos somos así de irracionais, sempre acutamos por conveniencia. Sempre escollemos polo noso ben, sempre decidimos o que pinta máis bonito.
Pode resultar triste, pode doer e pode aburrir, pero dende logo, nunca nos pode ferir máis empezar que rematar algo. Nunca nos pode molestar máis doado ser ambiciosos e decidir, senón que preferimos pasar a vida mirando atrás.
A todos nos doe, a todos nos gusta, a todos nos aterroriza e a todos nos entusiasma.
Pero para que esforzarse se non obtemos a nosa recompensa?
Pero sobre todo, a todos nos toca e todos debemos cumprir e pensar que, quizais, sexa o mellor que podemos facer.
Así que mans a obra e a disfrutar sabendo que algún día, o esforzo nos recompensará.

Libromaníaca.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...