viernes, 5 de octubre de 2012

Cazadores de Sombras, As orixes - Príncipe mecánico


RESEÑA
Dende que lle revelaron a súa verdadeira identidade,Tessa necesita descubrir o pasado da súa familia para descubrir o seu propio pasado.
Necesita saber aquilo é ela mesma, como controlar o seu extraordinario poder e, sobre todo, para que a quere o Maxiter.
Tras comprender que nunca máis poderá confiar en Nathaniel, verase obrigada a loitar contra De Quincey e o seu exército mecánico, pero tamén loitar contra batallas máis terribles: O amor, o desamor e a morte que axexa dende un escuro camiño, para evitar os destinos máis horribles.

Unha aventura na que Tessa deberá facer fronte ao engano, a confusión, a amizade e o amor, ás mans de Will, Jem, Charlotte, Henry e Jessamine, sempre cargada de sorpresas a miúdo inimaxinables e pouco agradables...

OPINIÓN PERSOAL
O segundo libro das orixes de Cazadores de Sombras é un deses libros que dá tantos xiros á historia, aínda así sen perder a trama principal,que resulta imposible saltarse un capítulo e non se perder. É un deses libros nos que te encariñas coas personaxes de modo que tes medo a durmirte e perdelos, coma se se puidesen soltar os nomes de cada páxina do libro se te descoidas, que che deixa ganas de máis.
E por iso precisamente é un deses libros feitos precisamente para engancharte e que compres o seguinte, e o seguinte, e o seguinte... que a gran maioría das veces se completan nunha trioloxía.
En numerosas ocasións déixanos un sabor amargo, e noutras un sabor moi doce.
Sen dúbida non perde é estilo tan fresco do anterior tomo, nin moito menos a súa rápida e sinxela lectura, recomendable para lectores xuvenís.

Datos:
Título: Cazadores de sombras, Los origenes - Príncipe mecánico
Autora: Cassandra Clare
Editorial: Destino
Cualificación: 4/5
Clasificación: Fantástico








No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...