lunes, 31 de diciembre de 2012

O Hobbit - Película





















RESEÑA
 
Bilbo Bolsón é un hobbit tranquilo que disfruta do seu tempo de lecer entre os seus libros fumando a súa pipa no seu furado-hobbit.
Goza do día a día dunha aburrida e monótona rutina de orde e escrupulosa limpeza, pero un día a súa tranquila vida na comarca será arrebatada por Gandalf, o gran mago, e unha estraña reunión de guerreiros ananos que necesitan a Bilbo para desempeñar unha arriscada misión: recuperar o seu fogar arrebatado tempo atrás polos orcos.
Ao mesmo tempo, unha sombra escura cérnese sobre o mundo a mans do mundo dos mortos.
 
Tras moito pensalo, Bilbo decide formar parte do equipo na aventura, aínda que as aventuras non sexan precisamente o que máis aprecian os hobbits.
 
Na súa aventura deberá amosar a súa coraxe e o seu valor ao enfrentarse a orcos e trolls, así como será apoiado polos elfos así como polo mago Gandalf, pero sobre todo, a maior batalla á que se debe enfrontar é ao seu propio medo.
 
 
OPINIÓN PERSOAL
 
"O Hobbit" é a primeira das que serán varias entregas que, tal e como todo apunta, serán un verdadeiro taquillazo o vindeiro ano.
En primeiro lugar, o filme é  moi longo (case tres horas) en comparación co libro, que é relativamente curto, pois se trata do preludio da saga "O señor dos aneis". Ademais o libro de J.R.R. Tolkien é un único libro.
Tamén conta con escenas que eu non recordaba ter lido, e certamente, non aparecían no libro, senón que nos ofrecían aínda máis na película; podemos dicir que dentro desta introducción á posterior saga contén máis introduccións, historias e outros elementos e escenas que engaden máis contido.
Deixando de lado estas diferencias, a película é incriblemente fiel á historia de Tolkien, gardando un ambiente moi semellante ao que eu, no meu caso, imaxinaba en cada momento ao ler a historia, por exemplo, así como ás personaxes.
O ritmo da película é moi variado, en ocasións algo lento e pausado, pero en xeral tantas horas pasan rápido.
Durante toda a duración da película, na sala de cine a xente pasaba entre as butacas para ir ao baño, e eu dicía: <> e na miña opinión, na película, se perdías tres minutos, perdías media historia.
É imposible comparar a película e o libro, ademais de ser iloxico é unha perda de tempo, pois ambas son unha marabilla á súa maneira, pese que por suposto, os amantes de Tolkien deberían seguir sendo fieis ao libro.

Calificación: * * * * *  5/5
Clasificación: Fantástico.

 

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...