domingo, 20 de enero de 2013

Las ventajas de ser un marginado

117375134010209628_u8u3xkta_c_large 





































RESEÑA:
Charlie é un rapaz de quince anos que sempre preferiu ver a vida pasar antes que vivila.
Ata ese momento fóralle ben, salvo pola súa rápida forma de pensar e relacionar moitas ideas, ata facelo necesitar ir a un psiquiatra.
Charlie contará o mellor ano da súa vida a través dunhas cartas que envía a un descoñecido do que só escoitou falar outra vez.
Tras a morte do seu último amigo e aínda que non superara tampouco a morte da súa tía Helen, Charlie empeza primeiro curso de instituto en 1991, só e despreocupado por participar na vida.
A Charlie tampouco lle axuda que a súa irmá sexa unha das rapazas máis populares do instituto, nin que o seu irmán maior se estea a converter nun famoso xogador de fútbol cun futuro prometedor, mentres que el continua estancado no pasotismo.

Todo isto ata que o seu novo profesor, Bill, lle cambia a vida, desenvolvendo o seu potencial facéndoo escribir redaccións de moitos libros. E aínda que Charlie non o sabía, aquel curso ía ser o mellor da súa vida.
A principios de curso coñece Patrick, o rapaz máis simpático do curso, e a súa medio irmá Sam, a rapaza máis encantadora, fermosa e intelixente que coñecera. Patrick e Sam, aínda que teñen tres anos máis ca el, abriranlle os ollos para que Charlie, definitivamente, vexa o mundo dende dentro. E aproveitará cada instante antes de que todos os seus novos amigos marchen á universidade.
Durante ese curso terá algúns problemas, pero todos eles pagan a pena porque descobre a amizade, o amor, a felicidade e, sobre todo, a estraña e marabillosa sensación de sentirse infinito.


OPINIÓN PERSOAL
 

O libro é sinxelamente fantástico.
Esta novela chamábame moito, así que decidín incluílo na miña"wishlist" que escribín para os Reis Magos.
Simplemente, parecíame interesante, e despois de ler moitas críticas e distintas reseñas díxenme " por que non? ".
Ten unha lectura rápida e sinxela, pero aínda así contén algo único no seu interior, do que sen dificultades podemos sacar todo o seu xugo, e sen dúbida ten a súa propia esencia. O libro invita, sobre todo, a pensar.
Ademais conta con moitas partes sobre ámbitos da sociedade e algunhas frases realmente fermosas.
Fala da xuventude, da felicidade e do estrañamente complicada que pode ser a vida dun adolescente hoxe en día.
De grupos sociais e tribos urbanas, así como nos ensina, case sen darnos conta, moita literatura.
Os personaxes principais da novela son, digamos, antiheroes, e Charlie ponnos en bandexa moitos temas para reflexionar.
É fascinante como a medida que máis lemos, máis difícil resulta parar de ler, porque ten un lixeiro toque aditivo e conta tamén co "plus" do nada complicado estilo narrativo en primeira persoa do autor, Stephen Chbosky, que, queiramos ou non, fainos sentir coma se fosemos o propio protagonista.
Tamén nos encontramos distintos puntos a tratar interesantes e importantes, como cando o protagonista descobre un turbulento episodio da súa infancia ou os problemas do alcohol ou as drogas.
Resulta curioso, a medida que avanza a novela, como imos vendo a mellora da narración así como do estilo narrativo do protagonista, xa que é a xeito de diario, que eu creo que o autor pretende que vexamos. ´
E por se é pouco, este libro tivo tal éxito en EEUU que o levaron xa á gran pantalla, contando con estrelas como Emma Watson. A película homónima foi dirixida ás mans do mesmo Stephen Chbosky, e os seus guións foron escritos tamén dirixida por el. Polo tanto... estou impaciente para ver a súa estrea!
De todos os xeitos, non lle dá máis mérito ao libro que sexa levado á gran pantalla, nin moito menos!
Así que, como dixen ao principio, é un libro sinxelamente fantástico e unha bonita experiencia.



 Libromaníaca.



 
Datos: 
Título: Las ventajas de ser un marginado
Autor: Stephen Chbosky
Editorial: Alfaguara
Clasificación: Realismo
Calificación: 5/5









 

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...