viernes, 26 de julio de 2013

Todos estamos cos galegos

Unha das peores imaxes  foi a dos cadáveres sobre as vías do tren
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ola, Libromaníacos.
 
A verdade é que me apena profundamente ter que escribir en tan terribles circunstancias.
Como todos saberedes, pois a noticia inundou enseguida medios de todo o mundo, Galicia viviu o día 24 unha terrible catástrofe. 
 
Pouco antes das nove da noite do vinte e catro de xullo do 2013, o tren híbrido proveniente de Madrid e que se dirixía a Ferrol, descarrilou perto de Santiago, acabando coas vidas duns 80 pasaxeiros e deixando feridos graves a uns 95 dos que viaxaban nel, incluíndo persoal. Sen embargo, as persoas que foron evacuadas e feridas estímanse en 178, dos cales, segundo fontes xudiciais, alo menos catro eran menores de quince anos.
Os hospitais fixeron todo o que estaba nas súas mans para axudar ás víctimas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Como era de esperar,  todos os actos conmemorativos do Día de Galicia, que se celebra o 25 de xullo, e os fogos artificias e festas que teñen lugar a noite do día 24 en Santiago de Compostela acabáronse suspendendo, e a televisión autónoma (TVGA), segundo o meu criterio, deu exemplo de cercanía e verdadeiro interese ás demais cadeas de televisión, retransmitindo minuto a minuto e informando en directo, prolongando o telexornal da noite e continuando coa información ata ben entrada a madrugada. 
Moitas víctimas e familiares de falecidos necesitaron atención psicolóxica
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Onte foi un día gris na nosa comunidade, sen dúbida podémolo calificar como o peor Día de Galicia da historia. 
 
Toda Galicia amenceu completamente nubrada, e dende primeira hora da mañá comenzaron a saír listas das persoas ingresadas nos hospitais e tamén a lista dos falecidos. 
Imaxino a dor dos familiares como a miña propia, e creo que todos os galegos sentimos nestes momentos unha dor misturada cun sentimento patriótico que non nos permite sosegarnos por completo.
Creo que os galegos estamos vivindo uns momentos críticos, pois tal catástrofe non é para menos.

Penso que é inxustificable a actua
ción do maquinista que supostamente conducía a 190 km/h, como aseguraban algunhas fontes, ou a 210, como o facían algúns pasaxeiros.
Sen embargo, tamén penso que un erro humano pode acarrear estas consecuencias terribles e cambiar a vida de tantas persoas nuns intres.

Seguro que non hai un galego que non coñeza, polo menos de forma indirecta, a algún afectado, o cal agudiza a dó dos cidadáns, como é comprensible.
Tamén resulta imposible non pensar en que moitas persoas continúan aínda á espera de que un fillo, un sobriño, un irmán, un amigo apareza nas listas, e en cal aparecerá. 
Persoas que eu coñezo viven aínda coa tensión enriba e co medo circulando polas veas, coa esperanza de que a persoa que viaxaba nese tren e á que estaban agardando continúe viva. 
 
 
Foi unha das peores catástrofes ferroviarias coñecidas ata o momento
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lonxe de parecerme inadmisible, paréceme vergonzoso que moitos personaxes públicos dos que non darei nomes, se aproveiten da ocasión para saír uns minutos na televisión, ou para facerse un espacio nos xornais e cobrar un pouco de protagonismo, facéndose os solidarios.
Estou completamente de acordo con aqueles que cren que é un xesto precioso que se presten a axudar na medida do posible, e que se unha persoa famosa, tanto un político como unha estrela do fútbol, o fai, servirá de exemplo a moitos cidadáns para intentar botar unha man e apoiar aos afectados. Sen embargo, non deixa de ser evidente que moitos se aproveitan da dor de moitas persoas, por tanto está completamente fóra de lugar, e iso debería ser motivo de vergoña. 
 
Só cabe agora desexar de primeira man, tanto ás víctimas como familiares ou amigos, pois tamén eles son víctimas, unha pronta recuperación; e a todos os familiares de falecidos, todo o meu apoio e cariño, así como toda a miña fervente esperanza de que esta traxedia sirva para a posteridade, para que, se desta vez non se puido evitar, que dunha vez por todas se dignen a mellorar o estado da rede ferroviaria en Galicia, que está nun estado precario, e pode que desta non fose a causante, non o sei, pero sei que en Madrid ou en Cataluña a alta velocidade estivo instalada tan pronto como se puido, e aquí continuamos cunhas vías oxidadas de hai máis de vinte anos. 
 
 
 
Todo o meu amor e apoio ás víctimas, 
Libromaníaca.




1 comentario:

Pilar Alberdi dijo...

Me sumo a tus sentimientos y hago llegar también mis condolencias.
He pasado, además, muy buenos momentos en Galicia; su gente es entrañable.
Un abrazo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...