domingo, 8 de agosto de 2010

El señor Bello y el elixir azul

A editorial Siruela,como seguramente que saberán, publica grandes fenómenos da literatura xuvenil e adulta,coma libros de autores moi recoñecidos coma Cornelia Funke,Paul Maar ou Tonke Dragt.

Hoxe tráiovos outro clásico da literatura actual(soa extraño,pero así é),chámase El señor Bello y el elixir azul e é un dos libros que publicou Paul Maar e, pese a que o lin hai dous anos lémbrome ben de que foi dos libros que máis me gustaron.E é que sempre me encantaron a maioría ods libros da editorial Siruela exceptuando "Dos brujitas salvajes",de Cornelia Funke,que me decepcionou bastante polo que agardaba dunha escritora tan boa coma ela.Tampouco está nada mal,o contrario,é fabuloso e volo recomendo de verdade, pero pensei que estaría inclusive mellor.

El Señor Bello y el elixir azul gustoume moito e creo que, se o ledes, vos entusiasmará.
É moi bonito e tén o seu toque de humor realmente curioso e Bello, o can que o protagonista atopará, sorprenderavos ao descubrir que grazas ao elixir que o pai do protagonista tén na súa farmacia, Bello poderá desenrolar unha cualidade excepcional que ningún outro can tivo.Non vola podo dicir porque senón non disfrutaredes do libro tanto como o fariades se fose unha sorpresa para despois e o descubrides vós mesmos.Vai á túa librería máis próxima e sumérxete nas profundidades do elixir de Bello.


Datos:

Título:El señor Bello y el elixir azul.

Autor(a):Paul Maar.

Valoración:*****.5/5.

Clasificación:Cienciaficción e aventuras.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...