domingo, 8 de agosto de 2010

Ghost Girl














Non puiden ler aínda este libro,pero segundo as recomendacións das miñas amigas(das que,por certo, fíome moito)non é demasiado bó.
Non podo facer unha calificación exacta del por iso, e é que considero completamente inxusto que eu poida opinar dun libro que non lin.iso si,tívenno uns intres nas miñas mans e creo lembrar que lin a reseña desta e,baseándome nisto e en téren visitado Webs ou Blogs que o citasen e falasen do libro, podo dicir que é básicamente coma o anterior libro do que falei,Emily the Strange.Pode ser que vos deixase desconcertados,ou,como digo eu, patidifusos pola miña "desrecomendación" do libro de Emily The Strange porque nunca falei mal dun libro no meu Blog,non?
Pero para min a boa narración non é básica para un libro,senón o fundamental, o máis importante nel.
Segundo unha amiga miña o libro non debería recomendalo demasiado posto que é máis ben tonto e tamén obxeto de Marketing,aínda que moito menos que o the Emily the Stranger.

Considero realmente necesario falar tamén de libros que non poida recomendalos por ser malos e que sexan doutra clase de xénero literario,a máis vulgar e idiota de todas as existentes.Chámase:
Venda absoluta de libros que non valen para nada,como eu diría.VALVL,as súas siglas.
Son libros que non téñen historia,só falan de algo(xeralmente que non aporta nada de sí) e, para que non se esquezan nuns anos como lles tería pasado de non ser polo que vou dicir:venden exemplares en colección "Ghost Girl 1:cun título"e poñen a portada destes de xeito que aparente atractiva para adolescentes e e, aparte, utilízannos para vender pósters,cadernos,bolis,etc. co nome do libro e fan páxinas Web ou ata toallas e accesorios con debuxos "chulos" para que sexan exitazos de vendas para chicas que se volven tolas por mercar todo tipo de produtos con propaganda do libro-basura.

Datos:

Título:Ghost Girl.

Autor:Thonya Hurley.

Editorial:Alfaguara Juvenil.

Valoración:?

Clasificación:Drama e romance.


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...