domingo, 8 de agosto de 2010

Emily the strange

Este relato é,para a miña opinión,un derroche de papel e tempo
para ler un libro que fomenta
que as adolescentes non teñan bó gusto literario.É(repito:na miña opinión)un libro inútil que
cando comecei a lelo non puiden seguir porque era dunha calidade de narración pésima.
Trata(polo que fun lendo)dunha rapaza medio diabólica que, segundo vai contando no libro, non sabe nen quén é ,nen como se chama nen nada dela mesma.Podería dicir que é o peor libro que lin xamais.
Non sabería explicar con demasiada exactitude o que me sucedeu cando comecei a ler este libro, pero podería dicir que me deu raiba ver semellante estupidez en forma de libro.Pero,o que máis me sorprendeu foi pensar en como puido ser publicado.
De verdade, non recomendo a ninguén este libro salvo para votarlle un vistazo e rirse desa tontería.

Ademais parecía que o autor ou autora do libro repetía varias veces o mesmo nunha mesma páxina porque non chegaba ás cen para ser unha novela e ademais fixeron a letra grande para que ocupase máis espazo e así poderían pensar os enganados lectores que se trataba dunha magnífica novela que poderían disfrutar varios días dado a que era longa e boa.
Por último quéro engadir que parece que foi feita únicamente para convertila en obxeto de marketing para as adolescentes e usala de icona fashion para revistas,roupa,decoración,etc.

Datos:

Título:Emily the strange.

Autor(a):Reger,Rob.

Editorial:Norma.

Valoración:0/5.

Clasificación:Aventuras.


Páxina Web do libro.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...