miércoles, 29 de septiembre de 2010

Crónicas Vampíricas

Tras manterse entre os autores máis vendidos os libros de vampiros e licántropos, volve destacar entre a multitude de escritores con "Crónicas Vampíricas".
 Pero a miña pregunta é:serán libros realmente bós ou só gustan por ter trama romántica?
E pode ser certo, pois a maioría dos máis vendidos e Best Sellers soen deixar bastante que desexar, e resulta estraño que, cando o pensemos mellor, sexa malo.

Aínda que pode ser que esté ben e sexa un libro cun mérito merecido.
Probablemente esté ben lelo, porque nada mellor para comprobalo.
Iso si, quero darvos un consello:non vos guiedes só pola portada dos libros que ledes, porque soe ser unha trampa do xénero de "literatura fácil".E moitas veces eses libros ós que tanto odio teño son produtos de Marketing, como tantas veces dixen (e non me cansarei de repetilo), porque son froito dun engano publicitario.
E quero que saibades que un bó lector pode permitirse o luxo de criticar constantemente mal libros desa categoría, e, para min, é nada máis nen nada menos que rebaixarse a ler algo putrefacto.
Pero (sempre me lío demasiado) non me refería a "Crónicas Vampíricas" con esta crítica.
Podo mirar nunha biblioteca algunhas páxinas do libro para ver, espero que non sexa do actual fenómeno vampírico-marketing ;)
Firmado:A crítica literaria e pequena escritora Libromaníaca.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Durísimo o teu comentario.Como recoñecer un libro que teña realmente calidade literaria?Creo que non chega con ser entretido tamén debe estar en relación coa pegada que deixa no lector.Que opinas? Saúdos

Libromaníaca dijo...

Eu creo que se pode recoñecer un libro de calidade.
Grazas por comentar, I :)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...