Porque "El hobbit", sinceramente, creo que se merece-sinceramente- un bo posto na lista dos meus libros favoritos e, sobre todo, un rincón no meu corazón.

O lugar no que nacera, crecera e vivira, e alí sería onde pasaría o resto dos seus días.
A parte final, na que se desenlaza a historia, é no furado-hobbit de Bilbo, e remata coa escena de el, Dalin e Gandalf falando alegremente no salón, rememorando aqueles vellos tempos nos que loitaran contra centos de guerreiros, trasgos e lobos.TAmén lembraran os tempos nos que disfrutaran dunha apacible estancia na casa de Beorn, home-oso, e cando os malvados trasgos os capturaran cando descansaban denoite e lles roubaran os peneys, cabalos, comida e auga.
O que me sorprendeu foi que rematase coa palabra "tabaco".
Non teño nada contra iso, todo o contrario, gústame que remate así, sen palabras de tristeza ou morriña polos vellos tempos, aparte (como dixera antes) é un dos meus libros preferidos, agora que hai tres ou catro días que o rematei.
Tamén pode que Tolkien fose un "gran amigo" do tabaco.De feito, na súa biografía do libro hai unha foto na que sae cunha pipa, he, he!
Pero a min non me importa (non pensedes que agora estou en contra de que un libro non remate coa palabra que eu queira), o caso so é que me chamou a atención, é estraño, si.
Datos:
Título:"El hobbit", o primeiro libro antes da colección de "El señor de los anillos."
Autor:John Ronald Reuel Tolkien.
Editorial:
Calificación:
Clasificación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario